EPISODE · Jul 7, 2026 · 0 MIN
94. As Womansplainers | Conxecturas | José Antonio Martínez
from PrestoCast · host José Antonio Martínez
https://podgalego.agora.gal/as-womansplainers/ Martes, 7 de xullo. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Ola, benvidas señoras e señoros en vías de rehabilitación. O podcast das señoras que máis forte opinan do podgalego. Mais ou menos, así comeza o podcast As Womansplainers, que me achegan cada mes a temas varios desde a perspectiva de "señoras que explican cousas". A través del descubrín a existencia dun termo, MANSPLAINING, que descrebe esa coñecida situación que se dá cando un home explícalle a unha muller, como se esta fose parva ou ignorante, calquera tema, porque el, coma home, claro que entende. Non me sinto identficado, mais non digo que non o fixera (ou faga) ás veces. Nesta sociedade que nos tocou vivir, malia que coste aceptalo, teño moito de señoro en vías de rehabilitación. Por exemplo, o meu mundo do podcasting é tremendamente masculino. Non hai como mirar o meu historial de escoitas. Sorte con poder contar con podcasts como As Womansplainers, que desde 2021 me aprenden cousas, cunha perspectiva ben necesaria para o mundo que me rodea.
NOW PLAYING
94. As Womansplainers | Conxecturas | José Antonio Martínez
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Jul 7, 2026 ·0m
Jul 7, 2026 ·0m
Jul 6, 2026 ·0m
Jul 6, 2026 ·0m
Jul 5, 2026 ·0m
Jul 4, 2026 ·0m