EPISODE · Sep 17, 2025 · 10 MIN
A III Foliada de Sedes encherá Narón de música, obradoiros e tradición este sábado 20 de setembro
from Voces de Ferrol - RadioVoz
O vindeiro 20 de setembro de 2025, a parroquia de Sedes (Narón) volverá ser punto de encontro da música tradicional coa celebración da III Foliada de Sedes – Vai Rañala Meu!, unha xornada festiva que combina obradoiros, artesanía, teatro e moita música. O programa arrinca ás 10:00 h cun obradoiro de construción de pandeireta, aberto ata as 14:00 h. Ás 13:30 h será a quenda da actuación do Grupo de Música e Baile Tradicional Álvaro Cunqueiro de Lago (Valdoviño). Tras o xantar popular das 14:30 h, a actividade continúa ás 17:00 h co Teatro dos Ghazafelhos e ás 18:00 h cun obradoiro de pandeireta con Xiao Maghúa. O prato forte chegará ás 20:00 h, coa gran Foliada, que contará coa presenza de Meninos do Pandeiro (Lalín), Maghúa (A Coruña) e Fol do Raxal (Cervo), entre outros grupos. Organizada pola asociación veciñal de Sedes e coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Narón, a cita reafírmase como un espazo de encontro para amantes da música tradicional galega, familias e público de todas as idades.
NOW PLAYING
A III Foliada de Sedes encherá Narón de música, obradoiros e tradición este sábado 20 de setembro
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.