EPISODE · Jan 19, 2026 · 12 MIN
A parroquia de Meá, en Mugardos, celebra as festas de San Vicente con música, verbenas e gran churrascada popular
from Voces de Ferrol - RadioVoz
A parroquia mugardesa de Meá celebra do 22 ao 24 de xaneiro as tradicionais festas na honra de San Vicente, unha cita moi esperada pola veciñanza que combina actos relixiosos, música e actividades festivas para todos os públicos. O programa dará comezo o xoves 22 cun pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Trouleada, que percorrerá a parroquia, e coa misa solemne na honra de San Vicente. O venres 23 celebrarase a Festa do Criollo, seguida dunha gran verbena amenizada polo DJ Nacho Redes e pola orquestra Origen, que animarán a noite na carpa instalada para a ocasión. As celebracións continuarán o sábado 24 desde primeira hora coa música tradicional nas rúas e, ao mediodía, cunha gran churrascada a prezos populares, acompañada dunha sesión vermú co dúo Veneguay. Pola tarde terá lugar a misa solemne na honra de San Roque e, xa pola noite, unha nova verbena co dúo Veneguay e co grupo La Bamba, encargado de poñer o broche final ás festas. As festas de San Vicente en Meá contan coa colaboración do tecido asociativo e empresarial local e consolidan un ano máis unha celebración de convivencia, tradición e encontro veciñal en Mugardos.
NOW PLAYING
A parroquia de Meá, en Mugardos, celebra as festas de San Vicente con música, verbenas e gran churrascada popular
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.