EPISODE · Sep 29, 2025 · 13 MIN
As Pontes impulsa a 5ª edición das Xornadas Micolóxicas "Terra de Cogomelos" con obradoiros, paseos e concursos
from Voces de Ferrol - RadioVoz
O Concello de As Pontes pon en marcha a quinta edición das Xornadas Micolóxicas “As Pontes, Terra de Cogomelos”, unha iniciativa destinada a potenciar a actividade micolóxica e micofílica en Galicia, así como a difundir os múltiples aproveitamentos medioambientais, culturais, gastronómicos e económicos dos cogomelos presentes nos hábitats galegos. O programa desenvolverase entre outubro e novembro e inclúe un amplo abanico de actividades gratuítas e abertas a todos os públicos, con prazas limitadas e inscrición previa obrigatoria. Destacan charlas divulgativas, paseos guiados polo Couto Micolóxico do Forgoselo, obradoiros de cociña para nenos e adultos, actividades sensoriais, xornadas de formación para profesionais da hostalería e a celebración da 2ª edición das Xornadas Micogastronómicas, con pratos elaborados a base de setas nos establecementos colaboradores. O calendario tamén contempla un concurso de fotografía micolóxica (prazo aberto ata o 15 de outubro) e concursos micogastronómicos de receitas, abertos a profesionais e afeccionados (prazo ata o 12 de novembro). Entre as citas máis destacadas figuran o obradoiro de fotografía micolóxica con móbil, impartido por Daniel Puente o 3 de outubro, os paseos de identificación de especies guiados por especialistas como Luis Cuba, Raquel Poncini ou Cosme Damián Romay, e os obradoiros de cociña de chefs galegos recoñecidos como Antony Coari e María García, mellores cocineros de setas 2024 en doces e salgados. As persoas interesadas deberán inscribirse mediante formulario en liña, e cada solicitude será confirmada por correo electrónico. Para dúbidas, o Concello ofrece o correo [email protected] e o teléfono 604 047 337. Con esta programación, As Pontes reafirma o seu compromiso coa divulgación e posta en valor do rico patrimonio micolóxico galego, ofrecendo unha oportunidade para aprender, gozar e degustar todo o que os cogomelos aportan ao medio ambiente e á gastronomía.
NOW PLAYING
As Pontes impulsa a 5ª edición das Xornadas Micolóxicas "Terra de Cogomelos" con obradoiros, paseos e concursos
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.