Cedeira celebra este sábado o seu Samaín máis auténtico con pasarrúas, cabazas e tradición fronte ao Halloween moderno episode artwork

EPISODE · Oct 28, 2025 · 13 MIN

Cedeira celebra este sábado o seu Samaín máis auténtico con pasarrúas, cabazas e tradición fronte ao Halloween moderno

from Voces de Ferrol - RadioVoz

O Samaín de Cedeira, a festa máis tradicional do outono galego, regresa un ano máis fiel á súa cita. O Concello, xunto coa Asociación de Amigos do Samaín e outras entidades locais, organiza a XXXVI edición desta celebración que recupera o espírito ancestral da festividade dos defuntos, fronte ao influxo do Halloween. A xornada central será o sábado 1 de novembro, cun pasarrúas das pantasmas pola zona vella que comezará ás 20.30 horas na praza da Marieta. As rúas quedarán ás escuras, iluminadas só por candeas e lanternas, mentres veciños e visitantes percorren o casco histórico vestidos con sabas ou camisóns vellos, evocando as pantasmas e ánimas doutros tempos. Durante toda a tarde, desde as 17.00 horas, o paseo da Mariña acollerá unha exposición de cabazas, obradoiros de tallado de melóns e de maquillaxe, ademais dunha merendola de outono con bola de azucre e requeixo. O venres 31, como preámbulo, haberá talleres de pintura, de zonchos e de elaboración de adornos, culminando ás 20.00 horas co espectáculo familiar “A cabaza encantada”, da compañía Teatro Calavera. O Concello e a Asociación organizadora fan un chamamento a manter o auténtico espírito do Samaín, lembrando que non é unha festa de disfraces, senón unha celebración popular, familiar e integradora. Recoméndase acudir con disfraces de pantasmas brancas ou rostros pintados, recuperando así unha das tradicións máis singulares e queridas de Galicia.

NOW PLAYING

Cedeira celebra este sábado o seu Samaín máis auténtico con pasarrúas, cabazas e tradición fronte ao Halloween moderno

0:00 13:15

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Voces de Ferrol - RadioVoz?

This episode is 13 minutes long.

When was this Voces de Ferrol - RadioVoz episode published?

This episode was published on October 28, 2025.

What is this episode about?

O Samaín de Cedeira, a festa máis tradicional do outono galego, regresa un ano máis fiel á súa cita. O Concello, xunto coa Asociación de Amigos do Samaín e outras entidades locais, organiza a XXXVI edición desta celebración que recupera o espírito...

Can I download this Voces de Ferrol - RadioVoz episode?

Yes, you can download this episode by clicking the download button on the episode player, or subscribe to the podcast in your preferred podcast app for automatic downloads.
URL copied to clipboard!