EPISODE · Jun 19, 2013 · 49 MIN
Especial Universidade Da Coruña dende a Facultade de Informática - 1ª parte
from Voces de Galicia (Con Isidoro Valerio)
Radio Voz desprazouse hoxe ao Campus de Elviña da UDC para internarse na Facultade de Informática que a día de hoxe é o centro de referencia dos estudos universitarios en Informática de Galicia, por traxectoria, número de alumnado, profesorado e investigadores/as, titulacións impartidas, programas de doutoramento e pola implicación da súa actividade docente e investigadora co tecido produtivo da Comunidade Autónoma. Nesta primeira parte do programa falamos co decano da Facultade, Luís Hervella, da titulación a día de hoxe. En tertulia adicamos unha mesa de diálogo á creación de empresas TIC no ámbito Universitario na que participaron: Adriana Dapena, Vicedecana de Relacións Institucionais; José Eulogio Cribeiro, alumno de la facultade; Jerónimo Puertas, adxunto á Vicerreitoría de Investigación e transferencia e Manuel Arenaz, profesor e responsable da empresa TIC Appentra. Para rematar este tramo principiamos unha conversa sobre Software Libre co profesor Emilio Padrón que continúa na segunda parte do programa.
NOW PLAYING
Especial Universidade Da Coruña dende a Facultade de Informática - 1ª parte
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Sep 17, 2025 ·24m
Jun 12, 2025 ·20m
May 19, 2025 ·25m
Jan 10, 2025 ·28m
Jan 10, 2025 ·23m