Fene inicia "Conversas Abertas coa Veciñanza" para recuperar a memoria do estaleiro e a vida local desde 1941 episode artwork

EPISODE · Oct 6, 2025 · 14 MIN

Fene inicia "Conversas Abertas coa Veciñanza" para recuperar a memoria do estaleiro e a vida local desde 1941

from Voces de Ferrol - RadioVoz

O Concello de Fene convida a toda a veciñanza a participar este martes, ás 19.30 horas na Casa da Cultura, na primeira das Conversas Abertas coa Veciñanza, incluída no proxecto “Fene 1941. A historia viva desde o estaleiro”. Neste primeiro encontro reunirase veciñanza de San Valentín, Perlío, Fene e Barallobre, que compartirán lembranzas e experiencias sobre o estaleiro, a vida nas parroquias e o papel desta industria no desenvolvemento económico e social do municipio. A concelleira de promoción económica e turismo, Ángeles Coira, destacou que “estes faladoiros son unha oportunidade única para poñer voz e rostro á memoria colectiva de Fene, recuperando historias humanas que forman parte da nosa identidade e da historia do país”. O formato, pensado como unha conversa aberta e distendida, busca favorecer o diálogo entre xeracións e recoller testemuños de quen traballou no estaleiro ou viviu a súa pegada desde os fogares, o comercio ou as tabernas. O ciclo complétase o martes 14 de outubro, tamén ás 19.30 horas, cun segundo faladoiro que continuará este proceso de recuperación da memoria viva do concello no resto das parroquias. O proxecto Fene 1941 desenvólvese nos anos 2024 e 2025 e está financiado con fondos do Programa do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) a través do GALP Golfo Ártabro Norte, cun 70% de apoio da Unión Europea e un 30% da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

NOW PLAYING

Fene inicia "Conversas Abertas coa Veciñanza" para recuperar a memoria do estaleiro e a vida local desde 1941

0:00 14:01

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Voces de Ferrol - RadioVoz?

This episode is 14 minutes long.

When was this Voces de Ferrol - RadioVoz episode published?

This episode was published on October 6, 2025.

What is this episode about?

O Concello de Fene convida a toda a veciñanza a participar este martes, ás 19.30 horas na Casa da Cultura, na primeira das Conversas Abertas coa Veciñanza, incluída no proxecto “Fene 1941. A historia viva desde o estaleiro”. Neste primeiro encontro...

Can I download this Voces de Ferrol - RadioVoz episode?

Yes, you can download this episode by clicking the download button on the episode player, or subscribe to the podcast in your preferred podcast app for automatic downloads.
URL copied to clipboard!