EPISODE · Apr 5, 2022 · 59 MIN
Higher Street 1264
from Higher Street RadioFusión
mixcloud.com/HigherClub1997/higher-street-1264 01 [Roy Hargrove's Crisol - Habana 01] O my seh yeh Una mas 02 Abunai - Falling forwards (with Glenn Astro) 03 Ayala - Adrian 04 Dundundun - Midnight manoeuvres 05 Dundundun - Future hope 06 [Squarepusher - Feed me weird things (Dj Conga select)] Squarepusher theme Tundra The swifty UFO's over Leytonstone --- ·SINTO Higher Street, programa 1264. Temporada número 25 dende 1997, e que estamos a celebrar alternando unha viaxe ás músicas de por entón sen esquecer a atención ao mais novo. Hoxe comezamos a escoita dun fabuloso traballo, o único do proxecto Crisol de Roy Hargrove, e publicado hai 25 anos. Logo pasaremos pola actualidade sonora para rematar de novo no pasado, nun tempo no que a electrónica soaba efervescente, experimental, mutante... ·SINTO A idea non cambia, a da música que mais nos gusta, agora... 25 anos despois, atentos ao futuro, ubicados no presente, pero sen esquecer o pasado. Higher Street, programa 1264... ·ROY HARGROVE'S CRISOL - O MY SEH YEH Nesta banda organizada por Roy Hargrove tras unha viaxe a Cuba no ano 96 forman cubanos, portorriqueños e norteamericanos... Chucho Valdés (piano), David Sánchez (saxos tenor e soprano), Frank Lacy (trombón), Horacio 'el negro' Hernández (batería), Changuito Quintana (timbales), Angá (congas), John Benítez (baixo), Gary Bartz (saxos alto e soprano) e Russell Malone (guitarra)... co propio Hargrove en dirección e trompeta. A gravación deste único álbum do seu Crisol realizouse durante o festival de jazz de Orvietto a finais de 1996; mestura de fusión jazz coa tradición afro-cubana que resultou no Premio Grammy de 1998 Nesta primeira parte de Habana seleccionada, escoitamos xa "O My Seh Yeh" de Steve Lacy... e agora "Una Mas" de Kenny Dorham Roy Hargrove's Crisol, disco Habana, selo Verve, ano 1997. ·ROY HARGROVE'S CRISOL - UNA MAS ·INDICATIVO "VOLVEMOS" Higher Street, programa 1264 ·ABUNAI - FALLING FORWARDS (W. GLENN ASTRO) Con sede en Oakland, California, Abunai establece un estilo ensoñador, influenciado pola psicodelia dos 60, os movementos de contracultura e a escena rave dos 90. Neste primeiro sinxelo a través do selo Tartelet, adianto do seu álbum Chrysalis, atopamos esta fusión melancólica con IDM e a súa voz de falsete xunto á produción de Glenn Astro. ·AYALA - ADRIAN E, pola súa parte, Ayala mestura esencias afro con reminiscencias da música disco italiana dos anos 70 a través do selo londinense Batov Records, no que ven de presentar o seu álbum Views, un longa duración no que da mostra de toda a súa paixón sonora fusionando raíces afrobeat coa sensibilidade dun club italiano e, a poder ser, clandestino... ·AYALA - ADRIAN Adrian, peza parte do álbum Views de Francisco Ayala, cálido e orgánico... ·DUNDUNDUN - MIDNIGHT MANOEUVRES E de Bristol chega o sexteto de jazz electrónico Dundundun, acompañados polo poeta e artista visual londinense Nadeem Din-Gabisi; Dundundun presentan, en Worm Discs, o seu segundo EP, Future Hope... ·DUNDUNDUN - FUTURE HOPE Boa música contemporánea, con Abunai, Ayala e Dundundun, pero temos que ter moi presente o pasado tamén... ·[SQUAREPUSHER - FEED ME WEIRD THINGS (DJ CONGA MIXTAPE)] Tra-lo seudónimo de Squarepusher se agocha Thomas Jenkinson, británico de Essex de 1975, e que debutou a través do selo Rephlex de Richard David James, aKa Aphex Twin, con este álbum, Feed me weird things, en 1996, antes de mudar á casa Warp. Presentouse con esta mestura de acid, drum&bass, IDM e jungle, sentando as bases da variante sonora coñecida como drill 'n' bass. Aquí está a esencia de Squarepusher, seleccionada por Dj Conga ·[SQUAREPUSHER - FEED ME WEIRD THINGS (DJ CONGA MIXTAPE)] Con Squarepusher e o seu álbum debut Feed Me Weird Things de 1996 chegamos ao remate desta edición 1264 de Higher Street, tras pasar pola escena contemporánea de Dundundun, Ayala e Abunai, e por suposto de comezar o programa tamén no inicio do noso segmento temporal radiofónico, co álbum Habana do proxecto Crisol de Roy Gargrove... Graciñas por compartir outra semana mais este tempo de radio connosco, e van 25 anos... de Higher Street ·[SQUAREPUSHER - FEED ME WEIRD THINGS (DJ CONGA MIXTAPE)]
NOW PLAYING
Higher Street 1264
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Oct 29, 2023 ·11m
Oct 29, 2023 ·9m
Oct 29, 2023 ·9m
Oct 29, 2023 ·14m
Oct 29, 2023 ·10m
Oct 29, 2023 ·10m