EPISODE · Jun 2, 2020 · 1H
HS1169
from Higher Street RadioFusión
Programa 1169 de Higher Street, que abre coa primeira parte, de catro, das que se compón a célebre Suite composta por Ornette Coleman, en principio para a película de igual título dirixida por Conrad Roots, pero que ao final resultou unha peza en sí mesma debido, en palabras do propio director, a que a beleza inherente da música podía restar valor á forza da película; trátase asimesmo dunha obra mestra da direción orquestal de Ornette Coleman, gravada entre os días 15 e 17 de xuño de 1965 en Nova Iork xunto a un grupo de músicos entre os que se atopaban Pharoah Sanders e Charles Moffett, para o selo Columbia Records. A seguinte parada lévanos 24 anos atrás, ata a publicación do segundo disco do grupo sueco de acid jazz Blacknuss, exitosos na década dos 90. Do seu traballo Allstars de 1996 recuperamos algunhas das pezas mais relevantes e que, aínda co paso de todo este tempo, todavía siguen mantendo a forma, vibrantes e sonoras. E para rematar, do pasado ao futuro presente, co traballo mais actual de Will Holland aka Quantic, o multinstrumentista e productor británico que gusta de remexer en sonidos paradisiacos para obter esencias únicas aínda que, todas elas, tamizadas co seu toque único e persoal, electrónico e orgánico. A finais de 2019 chegaba Atlantic Oscillations, un disco para Tru Thoughts do que, pouco despois, apareceron algúns remexos que serán os que leven toda a nosa atención. [Ornette Coleman - Chappaqua Suite Part I] + [Blacknuss - Allstars] Blacknuss - Dinah feat. Stephen Simmonds, ADL, Richie Pasta & Muladoe Blacknuss - Seventh heaven feat. Titiyo Blacknuss - Blacknuss blues Blacknuss - Last night a dj saved my life feat. Nai-jee-ria & ADL (C&J mix) + [Quantic - Atlantic Modulations (remixes)] Quantic - September blues (Dan Shake remix) Quantic - Orquídea feat. Sly5thAve (Sampology remix) Quantic - You used to love me feat. Denitia (Selva remix)
NOW PLAYING
HS1169
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Oct 29, 2023 ·11m
Oct 29, 2023 ·9m
Oct 29, 2023 ·9m
Oct 29, 2023 ·14m
Oct 29, 2023 ·10m
Oct 29, 2023 ·10m