EPISODE · Jun 9, 2020 · 1H
HS1170
from Higher Street RadioFusión
Programa 1170 de Higher Street. Continuamos escoitando a Suite Chappaqua, segunda parte, de Ornette Coleman en 1965, con arreglos do contrabaixista e cellista Joseph Tekula, inédita música da película Chappaqua de Conrad Rooks que, finalmente, e tras comprobar que a música requerida superaba con creces ao vídeo, ambientou sonoramente Ravi Shankar, actor na mesma ao igual que Allen Ginsberg, Moondog, William S. Burroughs e o propio Ornette no papel de Peyote Eater. Escoitamos Little Ghost, o traballo mais recente do trío de Los Angeles Moonchild, habituais do catálogo do selo británico Tru Thought, e que a finais de 2019 publicaban Little Ghost, un disco no que continúan a súa liña iniciada en 2012, e que os leva pola fusión de soul e r&b contemporáneos con electrónica suave. Para o final queda o novo disco de Capitol K, nome habitual da electrónica europea dende os seus inicios en Planet Mu aló por 1999. Nacido en Malta, Kristian Craig Robinson viviu en Dubai e Brunei ata instalarse en Londres, dende onde desenvolve toda a súa actividade como productor usuario habitual das claves lo-fi, indie e folktrónica. O seu novo traballo, Birdtrapper, explícao o propio Capitol K coma "o son dun delirio de iniciación nunha aldea oculta utópica". Este mini-álbum de seis pistas se formou a partir de improvisacións rituais realizadas en Malta, usando frautas caseiras, tubos de caña, percusión de bambú, caixa de ritmos e sintetizadores, coa pista de baile alternativa en mente, configurando unha evocación de chamadas sónicas de paxaros, abandono de protoraves, resonancia ambiental e un estado cautivo extático, xunto coas visións dos seus traballos anteriores de cazadores, templos y músicas de matorral. [Ornette Coleman - Chappaqua Suite Part II] + [Moonchild - Little ghost] Moonchild - Wise women Moonchild - Everything I need Moonchild - Get to know it Moonchild - Come over Moonchild - Onto me Moonchild - Whistling + [Capitol K - Bridtrapper] Capitol K - Birdtrapper Capitol K - Temple Capitol K - Brook
NOW PLAYING
HS1170
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Oct 29, 2023 ·11m
Oct 29, 2023 ·9m
Oct 29, 2023 ·9m
Oct 29, 2023 ·14m
Oct 29, 2023 ·10m
Oct 29, 2023 ·10m