EPISODE · Jul 8, 2020 · 1H
Hs1174
from Higher Street RadioFusión
Programa 1174 de Higher Street que comezamos continuando, en certo modo, aquela Afro-Cuban Jazz Suite de Chico O'Farrill con Charlie Parker gravada en 1950 e que soaba na nosa edición 1167. Nesta ocasión, 25 anos despois regresa O'Farrill para arranxar e dirixir un traballo no que reúne a Dizzie Gillespie e Machito coa intención de re-producir aquela histórica gravación e, de paso, continuar expandindo a súa idea lexendaria de combinar a complexidade rítmica coa oscuridade africana, engadindo a todo iso os cambiantes modismos do jazz afroamericano. A música de "Oro, Incienso y Mirra", suite titulada tamén "Tres estados de ánimo de jazz afrocubano", transmite a sensación de misterio que a música africana terá para sempre nos corazóns de quenes a escoiten. Tras esta obra mestra no latin jazz, facemos pausa no cuarto disco do septeto Ephemerals, The Third Eye, publicado a principios de ano a través de Jalapeno no que continúan a súa idea de combinar jazz spiritual, psicodelia, spoken word, funk, poñendo como límite a exploración de territorios sonoros pouco ou nada explorados. Pero se falamos de investigación musical, o proxecto Gawd Status de King Kashmere e Joker Starr non queda atrás en absoluto, aínda que aquí as atmósferas electrónicas e psicodélicas se combinan coas posibilidades orgánicas e fórmulas clásicas da música do hip hop. E para o final, a Gin Tonic Orchestra, unha idea francesa de Victor Dijoud e Leo Puccio na que mesturan jazz futuro con latin vibes e a intensidade sonora dos broken breats. Contan, ademais, cun grande do xénero, Kaiti Tatham, como remixer de excepción nun dos cortes de este seu segundo EP para o selo Mother Tongue. [Dizzy Gillespie y Machito - Oro, incienso y mirra (Three-Afro-Cuban jazz moods)] + [Ephemerals - The third eye] Ephemerals - Poly Ephemerals - Origin Ephemerals - Rising Ephemerals - Blur + [Gawd Status - Firmamentum] Gawd Status - Heavy metal Gawd Status - Messiah hybrids Gawd Status - Amplified science feat. Anyway Tha God Gawd Status - The alchemist feat. Fae Simon + Gin Tonic Orchestra - Hands on the drums (Kaidi Tatham remix) Gin Tonic Orchestra - Get a umbaye (Raw mix)
NOW PLAYING
Hs1174
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Oct 29, 2023 ·11m
Oct 29, 2023 ·9m
Oct 29, 2023 ·9m
Oct 29, 2023 ·14m
Oct 29, 2023 ·10m
Oct 29, 2023 ·10m