EPISODE · Jul 14, 2020 · 59 MIN
Hs1175
from Higher Street RadioFusión
Programa 1175 de Higher Street, que se abre coa primera parte, de dúas, dunha obra singular e tremenda creada por Evangelos Odysseas Papathanassiou, aka Vangelis, gravado en 1971 aínda que publicado daquela maneira 7 anos despois. Neste traballo, titulado Hypothesis, a singular mestura de jazz electrónico e pretérito pretendía avanzar un futuro incerto, pero quedou como un traballo case-que-apócrifo cando o selo o Affinity o publicou sen o seu permiso... e o propio Evangelos renegou da súa obra creada, por certo, xunto coa sección rítmica que tamén acompañou a John McLaughlin no seu laureado disco Extrapolation. Seguimos con música electrorgánica, un término acuñado por sus creadores Alan Evans e Kris Yunker, ambos fascinados pola música de películas dos anos 60 e 70, e que reflexan tal influencia a través do seu alias 7 Day Weekend. E por non deixar a escena electrónica de cariz atmosférico e menos sintético, o productor e multinstrumentista Àbáse, nacido en Budapest e afincado en Berlin, será o seguinte en presentarse co seu EP debut, unha sorte de fusión de hip hop instrumental con música jazz e influencias afro-brasileiras. Como remate, a presentación de Beringei a través de WotNot Music, unha referencia electrónica adicada a rememorar xentes e comunidades sonoras especialmente involucradas en dinamizar a vida musical londinense, como MOSSA ou o Total Refreshment Centre. [Vangelis - Hypothesis Pt 01] + 7 Day Weekend - Mango moonrise + [Àbáse - Invocation] Àbáse - Align feat. Wayne Snow Àbáse - Invocation Àbáse - Sambo feat. Stevo Atambire Àbáse - Gbe ra nle (Get off di floor) + [Beringei - The people, the place] Beringei - Blue moon Beringei - The people, the place
NOW PLAYING
Hs1175
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Oct 29, 2023 ·11m
Oct 29, 2023 ·9m
Oct 29, 2023 ·9m
Oct 29, 2023 ·14m
Oct 29, 2023 ·10m
Oct 29, 2023 ·10m