EPISODE · Jul 28, 2020 · 1H
HS1177
from Higher Street RadioFusión
Programa 1177 de Higher Street, no que soará ao principio outra obra cumbre de Vangelis, a que pecha o capítulo iniciado coas dúas partes de Hyphotesis. Agora é The Dragon, un traballo gravado no mesmo contexto que o resto do material, pero cunha temática diferente, mudando o jazz electrónico polo folclore cibernético. Chega despois o colectivo británico Pieces Of A Man con dous remexos de sendos temas incluídos no seu disco debut, Made In Pieces, e seguirá a estrela canadiense Tanika Charles con algo de soul máis tradicional para Record Kicks. A parte electrónica contemporánea do programa abrirá con Masaaki Yoshida, aka Anchorsong, o nipón afincado en Londres e que presentou o seu terceiro disco, Cohesion, a través de Tru Thoughts. A el seguirá o italiano Khalab, todo un especialista en fusionar ritmos africanos con electrónica en persecución da súa habitual estética afrofuturista. [Vangelis - The dragon] + [Pieces Of A Man] Pieces Of A Man - Climb down (POAM remix) Pieces Of A Man - Grits Pieces Of A Man - Listen Pieces Of A Man - Nothing to lose (Reprise) Pieces Of A Man - Nothing to lose (Zed Bias remix) + Tanika Charles - Tell me something + Anchorsong - Majesty (Sandunes remix) Anchorsong - Rasgueado + Khalab - Dense (Batida remix) Khalab - Bafia (Bodycode presents RANGr remix)
NOW PLAYING
HS1177
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Oct 29, 2023 ·11m
Oct 29, 2023 ·9m
Oct 29, 2023 ·9m
Oct 29, 2023 ·14m
Oct 29, 2023 ·10m
Oct 29, 2023 ·10m