Narón reparte paraugas co lema «Merca en Narón. Facemos cidade» para impulsar o comercio local nas rebaixas episode artwork

EPISODE · Jan 15, 2026 · 7 MIN

Narón reparte paraugas co lema «Merca en Narón. Facemos cidade» para impulsar o comercio local nas rebaixas

from Voces de Ferrol - RadioVoz

O Concello de Narón entregou esta semana novo material promocional co obxectivo de apoiar e dinamizar o comercio local de proximidade coincidindo coa tempada de rebaixas. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, fixo entrega de paraugas co lema «Merca en Narón. Facemos cidade» á presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón, Choly Díaz, e á secretaria da entidade, Laura Rodríguez. Esta iniciativa pretende poñer en valor a importancia do comercio de rúa, destacando a súa cercanía, a atención personalizada e o papel fundamental que xoga na vida diaria e na economía local. Os paraugas repartiranse entre os establecementos asociados para que poidan regalalos á súa clientela durante o período de rebaixas, como incentivo ás compras e ferramenta de fidelización. Desde o Concello de Narón salientan que este tipo de accións forman parte dunha estratexia continuada de apoio ao comercio local, considerado un sector clave tanto para o tecido económico como para a dinamización social e urbana do municipio. O goberno local reafirma así o seu compromiso coa promoción do consumo responsable e de proximidade, contribuíndo a facer cidade a través do comercio.

NOW PLAYING

Narón reparte paraugas co lema «Merca en Narón. Facemos cidade» para impulsar o comercio local nas rebaixas

0:00 7:21

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Voces de Ferrol - RadioVoz?

This episode is 7 minutes long.

When was this Voces de Ferrol - RadioVoz episode published?

This episode was published on January 15, 2026.

What is this episode about?

O Concello de Narón entregou esta semana novo material promocional co obxectivo de apoiar e dinamizar o comercio local de proximidade coincidindo coa tempada de rebaixas. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, fixo entrega de paraugas...

Can I download this Voces de Ferrol - RadioVoz episode?

Yes, you can download this episode by clicking the download button on the episode player, or subscribe to the podcast in your preferred podcast app for automatic downloads.
URL copied to clipboard!