EPISODE · Jul 5, 2023 · 4 MIN
O bus das letras
from ONDAS REVOLTAS
Elaboramos un guion que fose un pouco distinto, como unha viaxe no tempo. Para iso remontámonos aos anos 20. Creamos un escenario: o autobús que o levaría a el e a outros mozos ás probas do bacharelato elemental en Lugo. Como os camiños non son como os da agora, fixemos que durante ese longo traxecto, fosen aparecendo ideas e propostas de actividades que durante a súa vida chegaría a desenvolver: como a creación da editorial Galaxia ou a idea de celebrar o Día das Letras Galegas. Queriamos reflexar a personalidade e compromiso de Francisco coa cultura e lingua galega. Tamén queriamos que aparecesen no podcast persoas importantes na súa vida, coma o seu amigo Álvaro Cunqueiro ou a mención especial á súa avoa Dominica. Procuramos, ademais, representar o seu liderado xa desde ben novo ou como intuía a boa capacidade narrativa do seu amigo Cunqueiro.
NOW PLAYING
O bus das letras
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
May 14, 2026 ·0m
May 14, 2026 ·13m
May 14, 2026 ·1m
May 14, 2026 ·24m
May 14, 2026 ·30m