EPISODE · Nov 11, 2013 · 18 MIN
O CEIP de San Xoan de Filgueira en Ferrol utiliza o cine como recurso didáctico nas aulas
from Voces de Galicia (Con Isidoro Valerio)
O CEIP de San Xoan de Filgueira en Ferrol é o gañador do Premio especial do Maestr@, nova distinción do Premio á Acción Maxistral, convocado pola Fundación de Ayuda contra a Drogadicción (FAD), a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO, Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, e BBVA co fin de resaltar a importancia do labor educativo que exercen os e as docentes. Hoxe quixemos achegarnos ao día a día deste centro educativo público que consegue obxectivos a pesar de que a metade do seu alumnado forma parte de familias en risco de exclusión social. Todo, grazas á motivación dos profesores involucrados nun modelo educativo baseado na colaboración entre alumnos. O premio, debeuse a un proxecto titulado «San Xoán de película: Unha escola inclusiva a través do cine», e que presenta cada lección cunha película.
NOW PLAYING
O CEIP de San Xoan de Filgueira en Ferrol utiliza o cine como recurso didáctico nas aulas
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Sep 17, 2025 ·24m
Jun 12, 2025 ·20m
May 19, 2025 ·25m
Jan 10, 2025 ·28m
Jan 10, 2025 ·23m