EPISODE · Jan 16, 2026 · 19 MIN
O Dúplex Cinema de Esteiro cumpre 30 anos como referente do cinema independente e de autor en Ferrol
from Voces de Ferrol - RadioVoz
O barrio ferrolán de Esteiro celebra os 30 anos do Dúplex Cinema, un espazo singular para os amantes do cine. Inaugurado o 19 de xaneiro de 1996 pola familia Álvarez Rodríguez, naceu coa intención de ofrecer unha alternativa ao circuito comercial, centrada no cine independente e de autor. Tras unha renovación en 2019 baixo a xestión de Ramiro Ledo Cordeiro, consolidouse como referente do cine en versión orixinal e dunha programación diversa e coidada. Dende a reapertura pasaron preto de 100.000 espectadores e proxectáronse máis de 1.200 títulos. Coincidindo co aniversario, o cine amplía horarios con dúas sesións máis diarias e ofrecerá todas as proxeccións do 19 de xaneiro a 3 euros, grazas á colaboración de varias distribuidoras, reafirmando a súa vocación cultural trinta anos despois.
NOW PLAYING
O Dúplex Cinema de Esteiro cumpre 30 anos como referente do cinema independente e de autor en Ferrol
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.