EPISODE · Dec 13, 2012 · 18 MIN
Presentamos o disco Cantigas de Mulleres, perfecto agasallo para este nadal
from Voces de Galicia (Con Isidoro Valerio)
Con Uxía Senlle e Inma Grass presentamos Cantigas de Mulleres, o disco que hoxe saíu a venta recollendo 17 fermosas cancións interpretadas por grandes artistas da escena musical galega, cun amplo abanico que vai dende as novísimas Sonia Lebedinsky ou Sés, deica a veterana Señora Carmen ou María Manuela, pasando por Uxía, Guadi Galego, Rosa Cedrón e Cristina Pato entre outras. Un disco que se engade á colección "Cantigas" do selo Fol Música e que reivindica o talento, a creatividade e a forza cultural das mulleres galegas na música. Coa direccion artística de Uxía a coordinación de Inma Grass e o deseño de O Pastor, esta edición trilingüe (galego, castelán e inglés) está tamén pensada para o público internacional.
NOW PLAYING
Presentamos o disco Cantigas de Mulleres, perfecto agasallo para este nadal
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Sep 17, 2025 ·24m
Jun 12, 2025 ·20m
May 19, 2025 ·25m
Jan 10, 2025 ·28m
Jan 10, 2025 ·23m