EPISODE · Oct 18, 2021 · 11 MIN
Rumboia 192 – OÎMA - Ala! (2019)
from Higher Street RadioFusión
Oîma é un trío de músicas para baile de tradición galega e europea formado por Antía Ameixeiras (violín), Olalla Liñares (clarinete) e Martiño Senande (acordeón diatónico). Ofrécennos no seu primeiro disco, "Ala!", unha viaxe no tempo e no espazo, unha reivindicación da música instrumental. Oîma é unha proposta musical concibida tanto para escoitar como para botarse a bailar. A través deses tres instrumentos achégannos música tradicional e tamén de composición propia, ligando os ritmos galegos (muiñeira, xota, pasodobre, valse) cos doutras latitudes (chapeloise, scottish, bourrée, rachenitsa). Xuntáronse no 2015 e desde aquela pisaron unha chea de escenarios, tanto en formato concerto como en formato balfolk.
NOW PLAYING
Rumboia 192 – OÎMA - Ala! (2019)
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Oct 29, 2023 ·11m
Oct 29, 2023 ·9m
Oct 29, 2023 ·9m
Oct 29, 2023 ·14m
Oct 29, 2023 ·10m
Oct 29, 2023 ·10m