EPISODE · Nov 3, 2025 · 11 MIN
SECCIÓN TIC: Novos cursos na aula CEMIT de Pontedeume para prender sobre móbiles, drones, IA, e trámites dixitais
from Voces de Ferrol - RadioVoz
A Sección TIC presenta unha nova programación de cursos prácticos e presenciais en Pontedeume e online en COFER, destinados a que a cidadanía poida mellorar as súas competencias dixitais de xeito útil e aplicable no día a día. En Pontedeume, as mañás están enfocadas ao uso do móbil, desde nocións básicas ata tarefas máis avanzadas, pensadas sobre todo para persoas que precisan apoio coas tarefas cotiás. Polas tardes, o mércores e venres celébrase a nova edición do curso de drons, xa completa, mentres que os venres pola mañá se oferta un curso de trámites electrónicos para asociacións e comisións de festas, con uso de certificados dixitais en só 10 horas. Ademais, hai cursos de intelixencia artificial en niveis básico e medio-avanzado polas tardes. En COFER, os cursos son 100% online e adaptables ao ritmo de cada participante. Nesta última semana continúa o curso de Marketing e presenza dixital, mentres que do 11 ao 21 de novembro celebrarase o curso de Ferramentas dixitais e ciberseguridade. Para máis información e inscricións, consultar as redes sociais do Concello de Pontedeume ou chamar ao 881 939 142.
NOW PLAYING
SECCIÓN TIC: Novos cursos na aula CEMIT de Pontedeume para prender sobre móbiles, drones, IA, e trámites dixitais
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.