EPISODE · Jan 30, 2026 · 13 MIN
Zavala presenta “Corvo Negro”, o primeiro adianto do seu terceiro disco, máis cru e reivindicativo ca nunca
from Voces de Ferrol - RadioVoz
A banda Zavala vén de presentar “Corvo Negro”, o primeiro adianto do que será o seu terceiro longa duración, LUME, previsto para 2026 baixo o selo Ferror Records. Neste novo traballo, o grupo intensifica e potencia o seu son, afondando nunha paisaxe musical máis crúa, eléctrica e escura. O single chega cun ton directo e reivindicativo, cunha mensaxe clara contra os lumes forestais e a explotación eólica, sen concesións nin artificios. A nivel sonoro, “Corvo Negro” constrúese a base de guitarras potentes, electrónica cunha cadencia máis industrial e unha atmosfera opresiva que medra progresivamente ata estoupar. O tema funciona non só como carta de presentación do novo álbum, senón tamén como un aviso das intencións artísticas e discursivas dunha banda que aposta por un son máis contundente e comprometido.
NOW PLAYING
Zavala presenta “Corvo Negro”, o primeiro adianto do seu terceiro disco, máis cru e reivindicativo ca nunca
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.