A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04 podcast artwork

PODCAST · fiction

A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04

Hoxe estiven falando coa icona bierciana e sapatona Jelen Superstar sobre ser do Bierzo, sobre falar castrapo normativo, de serditos, de queimar un coche, ser unhas porcas e miserábeis, da 'L word', sobre crear unha narrativa nacional coherente, de 'videos de cerdos graciosos', da influencia da xeografía na arte, do conflico identitario bierciano, da marmelada de pementos, de ir a bailes regionales no colexio de monxas e de estar cagando y limpiarse el culo. Escoitar ti!#JelenSuperstar #Bierzo #AiDiomio

  1. 13

    A Mezquitidade co Mark Dos Santos - AI, DIOMIO! 03x04

    Hoxe no Ai, Diomio! vamos ata a porta da Galiza, na fronteira con Portugal e Zamora. O Mark estivo falando sobre ser da Mezquita mais nado en Barcelona, de ser catalán ou galego, sobre a transmisión do galego na diáspora, o baile como vía para manter a conexión coa terra, do seu sinxelo KADŌ2 e de nova música, sobre a Festa dos Reis da Mezquita e sobre a loxística de vivir no rural.

  2. 12

    A Quiroguidade co Peitoescuro - AI, DIOMIO! 03x03

    Desta volta estiven con Rubén Gutiérrez, mellor conhecido como Peitoescuro sobre a súa música e sobre o seu primeiro albúm "Semente na fenda". Ademais, falamos sobre ser de Madrid e ir vivir a Quiroga, sobre relixión, sobre o ideal e a realidade de habitar o "rural", sobre traballar con Iago Pico, sobre formar unha familia, sobre aprender galego e sobre ser o presidente da comunidade de montes.

  3. 11

    A Viveiridade coa Konachadas - AI, DIOMIO! 03x02

    Desta volta no AI, DIOMIO! seguimos en Lugo diseccionando a Viveiridade coa Konachadas. Estivemos falando de conhecernos no BurgerKing, de ser marinhá e lucense, do CR Celeiro, do Grao en Publicidade e RRPP, de odiar Vigo, de ser a única da clase que fala galego, das cloacas do mundo das axencias de publicidade, de non ir de Erasmus e de buscar o teu nicho na creación de contido.#Konachadas #Viveiro #Lugo #AiDiomio #PodGalego

  4. 10

    A Gobernabilidade co Xoán Fórneas - AI, DIOMIO! 03x01

    Estreamos 3ª tempada do AI, DIOMIO! co Xoán Fórneas, ou O Xoán, se falamos del musicalmente. Estivemos falando de ser de San Martinho de Goberno e de Castro de Rei, do seu primeiro single #Ferido, do Castro de Viladonga, de interpretar a Castelao no filme #AntesDeNós, de ser Quique na serie de Netflix #Respira, de comer butelo, das dotes vocais de Pablo Alborán, de non ser un santo, de De Ninghures, de emigración ao infermo (Madrid) e de aprender a falar con gheada.

  5. 9

    A Castelidade co Eris Mackenzie - AI, DIOMIO 02x09

    Hoxe estivemos co Eris Mackenzie, ex-carralés e castelense convencido. Estiven falando con el sobre nomes artísticos, buscar a túa identidade artística, xogar cos ollos do porco, darlle de comer polinhos á cadela, o cheiro de Cambre, falar espanhol co médico, da sinestesia, de Tourinhán e de medidas pequenas para ir afogando ao galego pouco a pouco. A non perder! #ErisMackenzie #MeuCeu #AiDiomio #PodCast

  6. 8

    A Picheleiridade co Luís do Río - AI, DIOMIO! 02x08

    Hoxe estivemos co Luís do Río, explotador xeriátrico. Estiven falando con el sobre ser con conpistola, de Gorettistán, de sen analfabeto por falar galego, de transmisión oral, da personalidade moldeada polo clima, de querer ser diferente, de coherencia lingüística, de gañar cartos do YT, de utlitarismo capitalista, de egolatrismo exacerbado, de romantización, de aprender a remar e do fermoso que é Vigo.

  7. 7

    A Canicidade con David Gesteira - AI, DIOMIO! 02x07

    Hoxe estivemos co creador do podcast "Descrifrando a Historia" David Gesteira para falar de todo o que ten a ver coa Caniza (máis comunmente denominada A Cañiza). Aquí falamos de xamón, de historia da Gallaecia, de patrimonio comido polas silvas, de toponímia deturpada, de ataques galegófobos en Tui, de invasións francesas trapalleiras, do camiño da raíña e de non poder ir a escola pola neve. #DavidGesteira #DescifrandoAHistoria #AiDiomio! #PodCast

  8. 6

    A Valguidade con Sara Seco - AI, DIOMIO! 02x06

    Hoxe estivemos coa tiktoker gaiegueira herslef Sara Mollada aka Sara Seco, falando de ser de Valga, da ilexítima independencia de Pontecesures, do redesenho do escudo do concello, do himno de Valga, de Valga (Estonia), de xuíces nostálxicos e de Lucianita.

  9. 5

    A Polidade co Sergio Marei - AI, DIOMIO! 02x05

    Hoxe estiven co Sergio Marei falando do fabuloso concello de POL. Este concello pertencente á comarca de Meira é o berce do único santo 100% galego, aparte de ser o número un de vacas por habitante moitos anos. Sergio estivo falando da súa colección Espantallo, de ser queer na ruralidade, da vecinha que da tiros ao aire pa que non lle rouben as berzas e da Cidade Deportiva de Pol. A non perder!

  10. 4

    A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04

    Hoxe estiven falando coa icona bierciana e sapatona Jelen Superstar sobre ser do Bierzo, sobre falar castrapo normativo, de serditos, de  queimar un coche, ser unhas porcas e miserábeis, da 'L word', sobre crear unha narrativa nacional coherente, de 'videos de cerdos  graciosos', da influencia da xeografía na arte, do conflico identitario bierciano, da marmelada de pementos, de ir a bailes regionales no colexio de monxas e de estar cagando y limpiarse el culo. Escoitar ti! #JelenSuperstar #Bierzo #AiDiomio

  11. 3

    A ReBurelidade con Marisa Prisa - AI, DIOMIO 02x03

    Hoxe estiven falando con Javi Eijo (aka Marisa Prisa), a primeira concursante Galega na segunda tempada de Drag Race España, sobre ser de   Burela, de rivalidades localistas, do odio cara Foz, da Festa Hortera  do  Porto do Son, de ser unha halloween/Pride queen, de escoller nome  drag,  de moda 'unisex', de vestidos de noivo, do Drag Bingo burelán, da   sexualización de 'hetero-curiosos' do drag e de profesionalizar a  arte.  Escoitar ti!   #MarisaPrisa #Burela #DragRaceEs

  12. 2

    A Carreiridade co Carlos Lixó - AI, DIOMIO 02x02

    Hoxe estiven mais unha vez falando co Carlos, desta vez sobre Carreira.  Neste programa falamos do imperio caido, da perda de territorio  carreirán, de estar cucú, da gloria pasada, de crise identitaria, do  Portugal de Carreira, de Don Alejandro, de movementos de poboación, do  absurdo do Barbanza, da sabedoría da Igrexa Católica, de Arciprestados,  de Sálvora e de María José a do Coro. Escoitar ti! #CarlosLixó #AiDiomio #PodCast

  13. 1

    A Europeidade con Fora de Mapa - AI, DIOMIO 02x01

    Novo ano nova tempada! Desta vez estiven a falar con María e Juan, creadoras do podcast Fora de Mapa (https://linktr.ee/forademapa)  onde indagan sobre diferentes minorías étnicas e culturais da Europa.  Neste capítulo estivemos falando da súa orixe vital, do que é para elas  ser de Europa, de intercambios de poboación, de ser medio castellana, de  vivir na diglosia, de pasaportes covid, de quen ten a pataca máis  grande, de supremacismo turco e de estados sin nación.

  14. 0

    A Cuenquidade co Christo Casas - AI, DIOMIO! 01x09

    Hoxe estiven falando cun senhor que é de (e mira a) Cuenca! Bon, concretamente do municipio de Henarejos. Estivemos a falar de 'La Hespanha vacía', do seu primeiro libro 'El Power ranger... Violeta? (Rosa)', de aprender a falar gaiego, de comer paella en Xinzo, de identidade de transición, de mirar os debuxos animados en valenciá, de Almortas, de ser o marica da aldea, do xudaísmo, de que mamá fale francés, de ser do Porrinho e catalanismo. Escoitar ti e así!

  15. -1

    A Ourensanía coa Arancha Nogueira - AI, DIOMIO! 01x08

    Hoxe estivemos a falar coa Alancha Motora de cacolas, de #SelfCare, de historia do podcast galego, dos vapores termais, de praia a 50 minutos, de despoboación, do Senhor Culotis, de desarraigo, de diverxencia neuronal, de especulación, de Jácome, de circo político e do paraugas universal. Escoitade e así!

  16. -2

    A Pontevedridade co Guille Juncal - AI, DIOMIO! 01x07

    Hoxe estiven falando co Guillermo Juncal, concelleiro do Concello de Pontevedra polo PP sobre alimentación, ser un ppero de menos de 45 anos, de paddle surf, do plan urbanístico pontevedrés, sobre seguridade vial, do chauvinismo 'socialista', sobre corrupción, sobre aires de senhorío de vila, localismo exacerbado, sobre non ver un matraquillo diante na vida, sobre persoas non gratas, sobre ser demasiado 'rojo' e  sobre a necesidade primordial de ENCE. Esoitar ti!

  17. -3

    A Cedeiridade con Cousas RarismASMR - AI, DIOMIO 01x06

    Estiven o outro día con Helena Antía (@Cousas RarismASMR) falando de  ASMR, de meter man en cu de vaca, de andar ás voltas, de ser artista, de  la Capilla, de desarraigo, da tusa, da tradición 'celta', das  caliveras, do requeixo da Capela, de vivir nun hotel, de conhecer  celebridades e de freixós.   #CousasRarismASMR #AiDiomio #PodCast

  18. -4

    A Burelidade con Paula Jorge

    Estiven o outro día con Paula Jorge falando sobre ser de Burela e o que isto conleva. Ademais tamén falamos de Bullela, de sair no Luar, de TikToks deses, de opositar, da diversidade cultural burelesa, de fútbol sala, de nacer en Cervo, da masificación turística, sobre a orixe da inmigración caboverdiana, da tradición marinheira, de Batuko Tabanka, de falar caboverdiano, de integración e así! Escoitar ti cousa!

  19. -5

    A Ribadensidade co Daniel Castro

    Hoxe estivome acompanhando o Miguel para tratar co Daniel Castro a  condición de ser de Enrriba do Eo (Ribadeo). Ademais estivemos a falar  ter problemas de desfase de audios, de Jessi de Noia, da problemática da  Ría do Eo, de endogamia, de ser deputado, de Ribagueto e Ribaguai, da  canción do verán da gaiega, de Indianes, de romarías, de Raffaella  Carrá, da supremacía de Castropol, de movida no parlamento, dos  Madracas, de aroz caldoso, de HollyFoz, de macrodiscotecas no rural e de  traer a Chayane ao Monte do Gozo. Escoitar e así!

  20. -6

    A Camarinhidade co Cousxs

    Hoxe estiven falando co Cousxs (aka Carlos Barcia), maxistral compositor da sintonía deste podcast, ademais de ser músico, fotógrafo e youtuber. Con el estiven discutindo que é ser de Camariñas, como se compón música fermosa, a rivalidade con Muxía, sobre corvos e carneiros, naufráxios intencionados, illamento xeográfico, pintar casas con leite condensado, a gaiegueirade, a gheada e o seseo, insonorizar a túa habitación e algunha cousa máis! Escoita ti!

  21. -7

    A Llinassencidade con AL-V

    AL-V é une artiste catalán-galege que acaba de sacar o seu EP debut, 'Non quero morrer'. Natural de Llinars del Vallès (Barcelona), a metade das súas raices están na Pobra de Trives (Ourense). Hoxe estivemos discutindo como é medrar na área metropolitana de Barcelona conxugado coa súa procedencia galega. Ademais estivemos a falar do seu EP, de fonética catalá, da persona drag Licorka Fey, aprender gaiego, de bed and breakfast en Manzaneda, de apropiación cultural galega, do himno catalán, de ser dun sitio random, de ser co-host en Radio Primavera Sound, do pracer de conducir, do descubrimento folcórico e de hórreos no balcón. Xa disponhíbel nas túas plataformas de audio de confianza!

  22. -8

    A Rianxeiridade co Aquel-e

    No primeiro capítulo de 'Ai, Diomio!' estiven discutindo con Miguel Silva (O Aquel-e) a condición de ser de Rianxo, a Rianxeiridade. Ademais disto tamén estivemos falando de TikTok, do Mesón Boiro, da ser 'dos cochinas marranas', de Samantha Hudson, das festas do Castro, da Guadalupe, de ser 'da vila',  do Antros Pinos, da lotería, dos pisos de Mahía, de comer cruasáns, de xoubas e de heteros. Comentar se ser bonito e así!

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Hoxe estiven falando coa icona bierciana e sapatona Jelen Superstar sobre ser do Bierzo, sobre falar castrapo normativo, de serditos, de queimar un coche, ser unhas porcas e miserábeis, da 'L word', sobre crear unha narrativa nacional coherente, de 'videos de cerdos graciosos', da influencia da xeografía na arte, do conflico identitario bierciano, da marmelada de pementos, de ir a bailes regionales no colexio de monxas e de estar cagando y limpiarse el culo. Escoitar ti!#JelenSuperstar #Bierzo #AiDiomio

HOSTED BY

olaxonmario

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04 have?

A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04 currently has 22 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04 about?

Hoxe estiven falando coa icona bierciana e sapatona Jelen Superstar sobre ser do Bierzo, sobre falar castrapo normativo, de serditos, de queimar un coche, ser unhas porcas e miserábeis, da 'L word', sobre crear unha narrativa nacional coherente, de 'videos de cerdos graciosos', da influencia da...

How often does A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04 release new episodes?

A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04 has 22 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04?

You can listen to A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04 on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04?

A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04 is created and hosted by olaxonmario.
URL copied to clipboard!