A FALA da LINGUA

PODCAST · education

A FALA da LINGUA

Sobre toponimia, léxico, fonética e os distintos xeitos, en definitiva, de falar galego ao longo do territorio da actual autonomía galega

  1. 20

    AS PALAVRAS ACABADAS en -ZÓN vs -CIÓN

    Leitura dunha parte da Gramática de Dª Leandro Carré Alvarellos (1967) na que dá sólidos argumentos para utilizar as terminacións das palavras en -zon (-çom) face ao castelanismo do sufixo en -ción

  2. 19

    OS DIAS DA SEMANA por FEIRAS na GALIZA

    Progama da Radio "Totum Revolutum", no 2004 no que explica moi ben a denominación tradional dos dias da semana na Galiza por feiras. A nomenclatura dos días da semana débese á asociación de cada un con planetas (que eran deuses pagáns), excepto o domingo “día do Señor” (Domenicus dies) e mais o sábado, que ten orixe xudaica (“día do sabá”, sabbatum). En Portugal e, tradicionalmente na Galiza, triunfou a nomenclatura da igrexa (promovida por S.Martiño de Dumio desde Braga) por feiras (días) colocadas dun xeito ordinal desde o domingo.

  3. 18

    O CONTINUO GALEGO-PORTUGUES por Eduardo Maragoto

    Entre o Galego padrón oficial e o Portugués padrón oficial, fálanse formas intermedias lingüísticas difícilmente "etiquetabeis" e que evidencian a íntima unidade do Galego e o Português.

  4. 17

    O QUE TODO GALEGO DEBE SABER do PORTUGUÊS

    Serie de programas da TVG "Ben Falado" que se adicaron a un maior coñecemendo do Português, proporcionando pequenos consellos para entendelo mellor e evitar equívocos

  5. 16

    DIFERENZAS na FALA do GALEGO e o PORTUGUÊS

    Sobre as diferenzas fonéticas no Galego-Português falado na Galiza e no Brasil

  6. 15

    Sobre o uso con xeito de RESULTAR

    RESULTAR tén, en galego, un uso máis restrinxido do que en castellano, indicando procedencia ou consecuencia. Non sería correcto dicir, por exemplo, "Resúltame difícil facelo", pois non indica nen procedencia nen consecuencia de

  7. 14

    Sobre a diferenza entre PEDIDO e SOLICITUDE

    PEDIDO é o acto ou formulario para demandar a entreta ou concesión de algunha cousa. En troca, a SOLICITUDE é unha forma de actuar con dilixencia e coidado (por exemplo: "Atendeume con solicitude", esto é, que me atendeu moi ben, removendo os problemas ou dúbidas que puideran xurxir)

  8. 13

    Sobre a diferenza entre ESCOLLER e ELEXIR

    Sobre o adecuado uso de ESCOLLER (decidir entre dúas ou máis opcións) e ELEXIR (designar por votación)...Outro exemplo máis de interferencias do castellano

  9. 12

    Sobre a diferenza entre ENSINAR e MOSTRAR

    A influenza do castellano repercute sobre o adecuado uso na utilización de ENSINAR (trasmitir coñecimentos) e MOSTRAR (facer ver)

  10. 11

    Sobre a diferenza entre LOGO e DESPOIS

    Debido ás inferferencias co castellano, na fala galega espontánea actual, é moi frecuente usar a palabra LOGO co significado de DESPOIS (ou DEPOIS). Hai que ter en conta que, en galego, a palabra LOGO ou LOGIÑO, acrescenta un matiz de inmediatez que non hai en DESPOIS: "veño LOGO" é que "veño rápido", ou que "veño axiña". En troca, "veño DESPOIS" quer dicir que "veño máis tarde", non rápidamente. Alén deste valor temporal, o LOGO, en galego, tamén tén un valor consecutivo ou causativo ("E logo ?") equivalente a a "Por qué" ou "Entón".

  11. 10

    Diferenzas entre o GALEGO e o PORTUGUÊS

    Este audio, en castelán, fai unha breve exposición para amosar as diferenzas fonéticas e morfolóxicas fundamentais entre o galego e máis o português

  12. 9

    Sobre o nome do BIERZO

    Sobre o nome e orixe do Bierzo, un territorio históricamente unido a Galiza, e no que aínda se fala galego

  13. 8

    A curiosa orixe do NOME DOS MESES

    O nome dos meses na meirande parte de Europa tén orixe latina, adicados a Deuses ou Emperadores romanos. É curioso saber que antes o ano, cousa que tamén por outra parte é ben lóxica, empezaba en marzo, coa primavera, non en xaneiro

  14. 7

    As VOGAIS do GALEGO

    Face as 5 vogais que tén o Castelán, o Galego utiliza 7 vogais, que lle otorga matices diferentes á fala

  15. 6

    A CONTRACCIÓN do ARTIGO nos TOPÓNIMOS

    Os topónimos que levan, de seu, artigo (A Coruña, O Salnés, etc...) deben pronunciarse e tamén escribirse coas contraccións que sexan pertinente, ou sexa, diremos (e escribiremos) que "veño DA Coruña" e non "veño de A Coruña")

  16. 5

    Sobre o pronome LLE e as súas variantes LE e ÑE

    Normalmente, en Galego, úsase como pronome de 3ª persoa -LLE. Dun xeito muito máis residual está o uso de -LE, e, moito máis curioso, esparexido por varias zonas da costa, está os que o fan en -ÑE ("falan polo ñe")

  17. 4

    Vinde ACÓ ou ídevos para ALÓ

    Se dividiramos figuradamente a Galiza actual nunha diagonal que a divida pola metade atoparemos que ao norte desta liña dín normalmente ACÓ e ALÓ, mas ao sur só utilizan ACÁ e ALÁ

  18. 3

    Dóenme os cadrÍS !

    Os sustantivos rematados en -L, igual que no português, deben facer o plural no galego trocándollo por -IS. Así, por exemplo, os plurais de caracol, animal ou cadril, serían caracoIS, animaIS e cadrÍS, e non caracoles, animales e cadriles...como podería parecer nun principio

  19. 2

    Sobre mOIto, mUIto e mUto

    De oeste a leste o Galego vai variando este diptongo desde o mOIto da costa ao mUto das montañas orientais, pasando polo mUIto da zona central

  20. 1

    IrmáN ou irmaO

    No oeste da Galiza dín irmáN, mas no leste vogalízana en irmaO. O galego normativo recomenda a primeiro forma.

  21. 0

    PantaloNS, pantaloS e pantaloIS

    Son tres a variantes dialectais dos plurais de palabras rematadas en N. A norma oficial recomenda o uso escrito de -NS proprio do bloque occidental.

  22. -1

    ESTO, ESO, AQUELO ou ISTO, ISO, AQUILO

    As formas neutras dos demostrativos poden facerse con E- ou con I-. A normativa galega actual optou polas formas que empezan con I-

  23. -2

    NON DAR (non dou, non din, non damos feito)

    Unha expresión NON DAR FEITO (ou "non dar" + "falado, dito, escoitado, visto", etc...), e outro do característico xeito de falar d@s galeg@s. De feito, incluso os galegos casteláns-falantes odoitan incorporar esta perífrase -castelanizada, eso si- de xeito habitual a súa fala, por exemplo: "No doy hecho este trabajo"

  24. -3

    O Infinitivo CONXUGADO

    O portugués, o húngaro, e o galego son os únicos idiomas que utilizan o infinitivo conxugado na súas respectivas linguas. Trátase dun trazo enriquecedor que fornece ao noso idioma de moitos matices na nosa fala

  25. -4

    SINALEFAS: 'Eu son DAQUÍ ' ou 'Eu son DE AQUÍ '

    En galego, cando na fala unha palabra REMATA en vogal (especialmente se esta remata en "-e") e a seguinte EMPEZA en vogal, A PRIMEIRA VOGAL NON SE PRONUNCIA, FUSIONÁNDOSE ÁMBALAS DÚAS PALABRAS. É o fenómeno coñecido como sinalefa, e é un trazo moi característico do galego

  26. -5

    Sobre os APELIDOS

    Iste audio pescuda sobre a orixe e procedencia dos nosos apelidos

  27. -6

    FONÉTICA: 'Vou AO colexio' ou 'Vou Ó colexio'

    Inicialmente fálase do topónimo Oira, moi relacionada co topónimo de Ourense, pero o principal diste audio é de fonética: normalmente a cada letra da escritura correspóndelle un son distinto, pero non sempre, pois moitas veces, cando na fala galega aparecen dúas vogais contigüas, na fala non pronunciamos as dúas, senón outro son

  28. -7

    O nome de MONFORTE DE LEMOS

    Relativo ao significado e a orixe de Monforte de Lemo, onde vivía a tribo celta dos Lemavos

  29. -8

    O nome de TUI

    Referente a orixe e significado da antiga cidade de Tui, xa raiando coa actual fronteira con Portugal

  30. -9

    O nome do FERROL

    Verbo da orixe e posibel significado do Ferrol, que seica nunca foi, cama din, San Ferrol

  31. -10

    O nome da CORUÑA

    Relativo a orixe e posibel significado do nome da Coruña

  32. -11

    O nome de VIGO

    Sobre a orixe do nome de Vigo, a que é hoxe a cidade con máis poboación de Galiza

  33. -12

    O nome de PONTEVEDRA

    Relativo ao nome e á orixe da cidade do Lérez que, niste caso, semella bastante transparente: PONTE + VEDRA ( = vella), ou sexa, PONTE VELLA

  34. -13

    Nomeando as VOCES DOS ANIMAIS

    Ademáis das onomatopeias, o galego ten un xeito ben particular de denominar as voces dos animais: os gatos miañas, as pitas cacarexan, as vacas brúan, etc...

  35. -14

    O nome de LUGO

    Niste capítulo de Ben falado trátase da orixe e máis o significado do nome de LUGO

  36. -15

    Sobre CONNOSCO e CONVOSCO

    Aínda que en moitos lugares de Galicia se adoita dicir "con nós" ou "con nosoutros", recoméndase recuperar o uso (por outra parte aínda vivo en moitos outros lugares de Galicia) dos tradicionais CONNOSCO e CONVOSCO

  37. -16

    O colocación do PRONOME ÁTONO no galego 2

    O programa Ben falado, de Xesús Ferro Ruibal, continúa a tratar as normas da correcta colocación dos pronomes átonos na lingua galega

  38. -17

    O colocación do PRONOME ÁTONO no galego 1

    Un dos rasgos máis característicos do galego é complexidade e riqueza dos seus pronomes átonos. Unha axeitada utilización dos mesmos é fundamental para un galego de calidade

  39. -18

    ISTE ou ESTE ?

    Na parte sudoriental de galiza, nomeadamente en Ourense, sempre se utilizan os demostrativos en masculino con i-, ou sexa, ISTE-ISE-AQUIL; contra o adoptado como normativo con e-. Esto no quita de que esteamos antes variantes autóctonas e perfectamente lexítimas do galego na fala

  40. -19

    O nome de MONDOÑEDO- CUNQUEIRO

    En torno á orixe do topónimo de Mondoñedo e de cómo "se moveu" da súa localización orixinal en foz. Tamén se recolle a voz do seu poeta máis sobranceiro: Álvaro Cunqueiro

  41. -20

    TI ou TU ?

    O uso do pronome persoal TU...é un castelanismo? Parece que non, que simplemente é outra mostra da variedade xeográfica da lingua que, niste caso, dáse no leste do territorio galego, é dicir nas provincias de Lugo e máis Ourense

  42. -21

    O uso do TE e o CHE - O Teismo

    Continúanse a dar recomendacións para un correcto uso do TE e máis o CHE. Tamén se fala do Teismo, esto é, do uso do TE onda na maioría de Galiza se diría CHE. Isto acontece nunhos poucos recunchos do territorio galego

  43. -22

    O uso do TE e o CHE - O Cheismo

    Recomendacións para o correcto uso do pronome TE e máis o CHE, que tén as súas dificultades. Hai que ter en conta, porén, que hai varias zonas da propia galicia que son Cheistas dun xeito autóctono e tradicional, ou sexa, que utilizan sempre CHE (agás para os reflexivos)

  44. -23

    A GHEADA e as súas variantes

    Non todos os galegos que falan con gheada fana do mesmo xeito. De feito, varía cando o -G vén despois dunha consoante nasal como o -NG, como domingo, nigún, etc...

  45. -24

    O GALEGO visto polos PORTUGUESES na tv portuguesa

    Ameno documental da televisión portuguesa no que se achega á realidade, moitas veces chea de prexuizos cando non sorprendentemente descoñecida, da lingua galega. Está en portugués.

  46. -25

    O nome de OURENSE

    Sobre a toponimia de Ourense e o significado da cidade das burgas. Tamén se fala dos distintos xeitos que había para falar do de "os fociños, ou sexa o lobo, de cando se evitaba incluso nomealo. Tamén se fala da palabra "souto"

  47. -26

    O nome de COMPOSTELA

    O significado clásico de compostela adoite ser o de "campo das estrelas", mais non che está tan claro como parece e pode ser que o seu significado teña unha orixe moito máis prosaica...Non deixedes de escoitar iste novo episodio de Ben Falado, de Xesús Ferro Ruibal

  48. -27

    A connotación cariñosa do CHE

    Non é o mesmo dicir: "non vin ao meniño" que dicir: "non CHE vin ao meniño". En galego, ademáis do diminutivo en -iño/iña, hai outras características morfolóxicas da lingua que trasmiten afecto, como o chamado dativo de solidaridade

  49. -28

    A expresión MADIA LEVA 2

    Madia leva tamén pode significar "qué boa sorte", "que ben che vai". Nesta segunda parte explórase esta segunda acepción desta frase feita...Porque "máis vale un madia leva que un malpocado !"

  50. -29

    A expresión MADIA LEVA 1

    A expresión "madia leva!", que significa algo así como "home, claro!", "non é de extrañar"ou "é natural", cada vez se sinte menos polos recunchos da nosa Galicia, malia ser tan propia na nosa fala...Aquí trátase de explicar e reivindicar esta frase feita tan xeitosa da nosa lingua.

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Sobre toponimia, léxico, fonética e os distintos xeitos, en definitiva, de falar galego ao longo do territorio da actual autonomía galega

HOSTED BY

Mohawk

URL copied to clipboard!