PODCAST · fiction
Escoitamos teatro 2022
by AGalegaAudio
Obras gañadoras do concurso de teatro radiofónico que convoca a Fundación SGAE coa colaboración da Radio Galega.
-
4
'Dez minutos', Begoña García Ferreira
Dúas amigas quedan para verse despois de varios anos sen manter contacto. Pero una delas non acode á cita e a outra chámaa por teléfono para saber que acontece. Begoña García Ferreira (Santiago de Compostela, 1979) é licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. É coautora (con Eva Gontad) da comedia teatral Charlie’s Angels’ Sex, levada a escena con Silvia Cerneira e baixo a dirección de Carlos Losada. Outras obras súas foron galardoadas no Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico da Radio Galega. Carlos Losada dirixe a dramatización da obra, que conta coas locucións das actrices Silvia Cerneira e Eva Gontad.
-
3
'Fobias', Carlos Labraña
Un home achégase á consulta dunha psiquiatra, non moi convencido, para curar un problema que padece. Pola dificultade do caso, a doutora decide iniciar un tratamento a través da hipnose. Así descobre os medos máis ocultos do doente. Como dramaturgo, Labraña deuse a coñecer pola súa celebrada produción teatral para público infantil e familiar. Logo, a súa inquedanza foi medrando cara o ámbito social e creou textos sobre os abusos a menores, os refuxiados, a crise económica ou a igualdade de xénero, abrazando a realidade máis actual. En tódolos campos, a súa obra acadou recoñecemento e premios. Zé Paredes dirixe a Mónica Caamaño e a Xosé Barato na dramatización de Fobias.
-
2
'O inevitable', Carlos Losada
Ela e Ele dispóñense a facer unha primeira lectura dunha peza de teatro radiofónico sobre os diferentes xeitos que ten a xente de enfrontar o inevitable. Unha das historias que interpretan resúltalles estrañamente familiar. O autor, o cambadés Carlos Losada Galiñáns, foi cofundador da compañía caChuzo. Como dramaturgo atesoura varios premios e recoñecementos pola súa creación de textos de teatro infantil, de monicreques ou de radioteatro. A súa obra está publicada por varias editoriais. O propio Losada dirixe O inevitable, que conta coa participación de Sandra Lesta e Fernando Epelde.
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Obras gañadoras do concurso de teatro radiofónico que convoca a Fundación SGAE coa colaboración da Radio Galega.
HOSTED BY
AGalegaAudio
CATEGORIES
Loading similar podcasts...