PODCAST · arts
Gurrucho De Vozcast
by Gurrucho
Poscast friqui en galego. Falamos de pelis, series, libros, banda deseñada...
-
46
Gurrucho Nolan e Mente. Podcast en galego
Falamos neste episodio dun dos directores máis cerebrais do cinema actual, Christopher Nolan. Repasamos a súa filmografía, temos a ousadía de puntuala, e detémonos a analizar máis polo miúdo dúas das súas obras: Memento e Inception. Tamen falamos un chisco de outros filmes sobre memoria e soños.
-
45
Gurrucho Cidadán Kane e Poder. Podcast en galego
Falamos do filme de Orson Welles 'Cidadán Kane', considerado por moitos como un dos filmes máis influíntes do cinema universal. Aproveitamos para afondar un chisco na figura do gran creador que foi Welles, e tamén `para abordar e desenvolver un dos temas da película: O poder.
-
44
Gurrucho As Bestas e True Crime. Podcast en galego
Gustounos a peli. A partir desta frase pasamos a opinar e debatir sobre a mesma, e visto o resultado podería parecer que a odiásemos. Nada máis lonxe da realidade, disfrutamos o filme de Sorogoyen que analizamos neste podcast tanto, que nos deu para verlle as costuras. Música: Bloco 1: BSO El Reino de Olivier Arson Bloco 2: BSO As Bestas de Olivier Arson Bloco 3: Asesinos Rurales de El Futuro Peatón Bloco 4: BSO de Romasanta de Mikel Salas Bloco 5: Muiñeira de Agra de Xemelgas
-
43
Gurrucho Rocky e Deportes. Podcasat en galego
Neste episodio falamos dos deportes e de como se abordan dende o punto de vista das industrias culturais e do entretemento. Centrámonos nun primeiro momento no coñecido boxeador creado por Silvester Stallone Rocky Balboa, para despois navegar polo mundo da ficción e de como esta se achega aos múltiples deportes que existen.
-
42
Gurrucho Depredador e Caza. Podcast en galego
Falamos do alieníxena máis cinexético, coñecido por estes lares coma Depredador ou Predator. Os seus filmes e os cómics serán o noso tema principal neste programa. Porén, tamén abordamos o tema da caza na historia e na mitoloxía, así como otras obras de ficción nas que teña un papel protagonista.
-
41
Gurrucho Literatura Galega. Podcast en Galego
Falamos sobre a nosa experiencia coa literatura galega, pero que é a literatura galega? Preguntámonos isto e outras cuestións neste podcast con tintes nostálxicos dun período de leituras obrigatorias. Tamén ten cabida o teatro galego e afondamos na nosa experiencia neste mundo tan peculiar. En fin, que fixemos un programa dende o noso punto de vista, esperamos que vos guste.
-
40
Gurrucho Xesucristo e Relixión. Podcast en galego
Falamos de Xesús de Nazaret, o eixo da igrexa cristiá. Existiu realmente? Até que punto son certos os Evanxeos? Tamén falamos das representacións de Cristo no cinema, destacando a versión de Pasolini co seu "Evanxeo segundo San Mateo" e a grandiosa "Xesucristo Superstar", o musical dos anos 70. Sen esquecernos de Mel Gibson, Scorsese e outros directores que se achegaron á figura do fillo de Deus.
-
39
Gurrucho BSO: John Williams
Falamos dun dos compositores de bandas sonoras máis recoñecidos e recoñecibles da industria, o señor John Williams. A súa vida, e sobre todo a súa obra, son protagonistas deste podcast, así como a amiade co director Steven Spielberg, que deu como froito unha cantidade enorme de melodías memorables.
-
38
Gurrucho Vikings e Viquingos. Podcast en galego
Falamos da serie de History Channel Vikings e aproveitamos para botar unha ollada a estes habitantes do norte de Europa nesa lonxana Alta Idade Media. Un chisco de historia, outro chisco de mitoloxía, outro máis de ficcións nas que son protagonistas, e rematamos cunha entrevista a un viaxeiro do tempo moi especial, Ulf o Galego.
-
37
Gurrucho Verhoeven e Distopías. Podcast en Galego
Primeiro de todo temos que agradecer á nosa amiga holandesa Wenneke a súa colaboración no episodio. Neste episodio falamos de distopías na ficción. Que é unha distopía?, cales son as súas características? E co gallo do tema en cuestión, falamos do director holandés Paul Verhoeven e das súas tres obras máis distópicas: Robocop, Desafío Total e Starship Troopers.
-
36
Gurrucho Bruce Lee e Artes Marciais. Podcast en Galego
Falamos do artista marcial e actor Bruce Lee, para tamén adentrarnos no mundo da ficción adicada ás artes marciais. Igualmente adicámoslle uns minutos á historia da loita. Bloco 1: Historia da loita e as artes marciais. Bloco 2: Bruce Lee Bloco 3: O cinema de artes marciais a través das súas características principais e os seus temas recorrentes Bloco 4: Galicia, jogo do pau, entrevista e serie.
-
35
Gurrucho As Bolas Máxicas e Dobraxe. Podcast en galego
Desta vez temos un convidado de luxo, Antón Pazos, o director de dobraxe de Dragon Ball e Dragon Ball Z até a saga de Boo, cóntanos as súas experiencias dobrando a serie e co traballo da dobraxe en xeral. Tamén falamos da obra xa mítica do grande Akira Toriyama.
-
34
Gurrucho The Witcher e Maxia. Podcast en galego
Desta vez estamos só dous gurrucheiros falando da maxia e os magos na ficción. De Merlín a Harry Potter pasando por Gandalf ou os Jedi, entre outros. Tamén falamos, menos do que deberiamos, dos libros e das series de The Witcher, o bruxo Geralt de Rivia creado polo polaco Sapkowski. Bloco 1: Maxia e historia Bloco 2: The Witcher Bloco 3: Maxia na ficción Bloco 4: ???
-
33
Gurrucho O Golpe e Roubos. Podcast en Galego
Conversamos acerca do filme de 1973 "O Golpe", protagonizado por monstros da interpretación como Paul Newman, Robert Redford e Robert Shaw. Iso no bloco 2, porque no 1 falamos de grandes roubos e ladróns na historia, no 3 facemos un repaso polo cinema e a literatura de roubos, e o 4 adicámosllo a roubos en Galicia.
-
32
Gurrucho Drácula e Vampiros. Podcast en galego
Bloco 1: 4'00" Falamos dos vampiros no folclore. As lendas e supersticións que, sobre todo no leste de Europa, deron orixe ao mito de Drácula. Bloco 2: 27'50" Falamos sobre o libro de Bram Stoker e a película de Coppola. Bloco 3: 1h3'20" Facemos un percorrido pola figura do vampiro a través das obras de ficción que o retratan Bloco 4: 1h43'30" Adicámolle uns minutos aos vampiros en Galicia.
-
31
Gurrucho Jurassik Park e Prehistoria. Podcast en galego
Falamos de cavernícolas e dinosauros neste derradeiro programa de 2020. Centrámonos na película de Spielberg Parque Xurásico. Bloco 1: Os dinosauros e os cavernícolas. Bloco 2: Jurassic Park. Bloco 3: Ficción prehistórica. Bloco 4: Os dinosauros e os cavernícolas en Galicia.
-
30
Tráiler dunha serie inexistente: Piratas de Ría
O pirata Xaques Espárrago asola as costas do Imperio Español cun obxectivo, posibilitar a unión de Galiza con Portugal e crear a potencia marítima definitiva, con el coma rei portugalego, claro. Espárrago anda na procura dunha arma que pode destruír frotas enteiras, e os seus inimigos tentarán capturalo antes de que sexa demasiado tarde...
-
29
Tráiler dunha serie inexistente: A Costa da Sorte
Camañiñas é un lugar onde se xuntan tódolos personaxes tópicos da TVG. Hai curas, gardas civís, narcos, taberneiros, etcétera. Pero como non nos da para pagar a tantos actores, cada personaxe asumirá varios roles. Pero ollo, en Camañiñas non todo é festa rachada, agocha un segredo que de destaparse, removería os cimentos do mundo tal e como o coñecemos...
-
28
Tráiler dunha serie inexistente: Gayoseitor
Nun futuro próximo o dictador Fei Hoon Un esclavizará á raza humana. Porén, a salvación pode vir da man duns aliados inesperados: as máquinas. A intelixencia artificial Vitroen, antes encargada de supervisar a cadea de montaxe na fábrica de Citroen en Vigo, consegue crear un cyborg coa fasquía de Gayoso, presentador da TVG ao que admira, e envialo ao pasado para amañar a situación. Pero Fei Hoon Un non ficará de brazos cruzados...
-
27
Tráiler dunha serie inexistente: Alcolite
Un planeta pragado de eucaliptos será a chave para inclinar a balanza de poder na galaxia. As familias Feihonen e Miñonca loitarán por posuir os dereitos de extracción da sustancia máis valiosa do Universo: A farinia. E para conseguilo, deberán atraer á súa causa aos habitantes de Alcolite, os galíberos...
-
26
Tráiler dunha serie inexistente: Barbanza Anllóns
A profesora aventureira Barbanza Anllóns anda á procura do Santo Graal, que segundo o investigador Méndez Serrín atópase na Galiza. Porén, os malvados líderes da seita Vindeiras Xerazións atopárono antes, aínda que non coñecen o seu segredo, o líquido misterioso que deben verquer na copa e beber para acadar a inmortalidade...
-
25
Tráiler dunha serie inexistente: Área Metropolinátrix
Na megacidade de Vigotronic a sección Mostovoi da cyberpolicía é a encargada da seguridade na visita do delegado RAM Joy. Axiña as cousas se torcen cando unha bomba fai explosión no dinoseto. O delegado desaparece e todo apunta aos pérfidos cybercoruños, pero a comandante Anna Kiiro sospeita que hai algo máis...
-
24
Tráiler dunha serie inexistente: O Gato dos Vásques-Vila
A detective Karinna Porro axuda á policía de Compostela nos casos máis complicados, pero desta vez vaise ocupar pola súa conta dunha misteriosa desaparición. Poderá xunto coa súa compañeira Rosalía atopar ao gato dos Vásques Vila?...
-
23
Tráiler dunha serie inexistente: Diglosia Infernal
O reporteiro da TVG Constanterio xoga a ser bruxo afeccionado, invocando demos que poden servir aos seus propósitos. Pero nun descuido, nunha festa en Vimianzo, chama ao terrible Diglosiel, o demo que se alimenta de castelanismos. Este provoca unha masacre e foxe cara un lugar onde pode comer a eito. Agora, só o mago John Berzas o pode deter...
-
22
Tráiler dunha serie inexistente: Virtuagal
Galicia está gobernada pola unión das dereitas do desaparecido estado español, o PPOC's. Para controlar á poboación, contan cun mundo virtual, Virtuagal, que ten alienada á maioría da xente. Porén, uns poucos resisten ante esta ilusión e tentan espertar ao resto. Agora, gracias a un hacker ruso, parace haber unha opción: Existen tres ovos agochados en tres xogos da realidade alternativa que gardan a chave para destruír ao PPOC's...
-
21
Tráiler dunha serie inexistente: Canción de Crema de Orujo e Licor Café
En Galiwesteros, as sete familias das sete provincias andan todo o día ás piñas entre eles. Porén, agora achégase un novo e inefable perigo, os Camiñantes Brancos, que coas súas toallas queren instaurar un verán perpetuo... Summer is comming!
-
20
Tráiler dunha serie inexistente: Autónomo Total
O autónomo Arnaldo Norris está até arriba de débedas, e, na súa desesperación, pensa só por un momento en defraudar a superfacenda. Porén, nas oficinas de Prefraude sona a alarma, e os axentes comezan a busca do predelincuente...
-
19
Tráiler dunha serie inexistente: Adeus ríos adeus zombies
Uns operarios atopan unha lousa que contén unha antiga inscripción. Resulta ser un vello conxuro para erguer aos que parmanecen baixo a terra, e os políticos queren sacar proveito. Porén, tentar controlar estas forzas atávicas pode resultar un desastre...
-
18
Tráiler dunha serie inexistente. Tartufo Reload
Un musical sobre un musical. O director tenta transformar o xénero cunha visión arriscada, pero os conservadores dos que se rodea non llo van permitir. O músico, empeñado en introducir o trap no teatro, vai ao seu rollo.
-
17
Partida de rol en galego. O choco Otomano 2ª parte
Os nosos aventureiros Silvia Xato, Méndez Serrín e John Berzas continuan a súa pesquisa dos rapaces desaparecidos pola zona da ría de Vigo. Agora, fronte a dous monstros pétreos que fitan para eles, os protagonistas desta partida deben escoller ben os seus pasos...
-
16
Tráiler dunha serie inexistente. O Pinchazo
Coia. Anos 80. A droga asolaga o barrio máis conflitivo da cidade de Vigo. A loita entre as forzas da lei e os narcotraficantes está enquistada, e esvaécese todo horizonte de solución. Pero un home pode, cunha pequena acción, activar toda unha cadea de sucesos que remexerán os cimentos do barrio...
-
15
Tráiler dunha serie inexistente: A Arteixíada
Arteixa e as súas compañeiras veñen de gañar a guerra, pero na volta a casa, o deus dos seus inimigos, Press Tiss, imponlles seis terribles probas para poderen cruzar o mar. Agardar nas salas eternas do deus da curación, Xer Gass, ou cruzar os dominios do deus Aud Assa, que esixe imposibles tributos, son só uns exemplos do que lles agarda ás nosas aventureiras...
-
14
Partida de rol en galego: O Choco Otomano 1ª parte
Tres investigadores deben esclarecer o misterio da desaparición de mozos e mozas nos últimos días na zona da ría de Vigo. Semella que unha seita que operou a comezos do século XX no lugar ten algo que ver...
-
13
Gurrucho Tarantino. Podcast en galego
Falamos do director Quentin Tarantino, un chisco da súa vida, pero sobre todo da súa obra.
-
12
Tráiler dunha serie inexistente: ChernoVigo
Propoñemos unha serie na que o argumento xira arredor dun accidente nuclear. Ábel, rexedor vigués, precisa enerxía para poder abastecer as luces de nadal, que cada ano deben ser máis espectaculares. Coa creación da central de Samil todo parece controlado, pero algo inesperado sucede...
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Poscast friqui en galego. Falamos de pelis, series, libros, banda deseñada...
HOSTED BY
Gurrucho
CATEGORIES
Loading similar podcasts...