III Xornada sobre Bibliotecas Especializadas

PODCAST · history

III Xornada sobre Bibliotecas Especializadas

A III Xornada sobre Bibliotecas Especializadas celebrouse o 3 de xuño de 2016 no Museo Etnolóxico co título: Xestión de documentos singulares, foi organizada pola Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense

  1. 9

    A Biblioteca Tomás Navarro Tomás do CSIC. Unha biblioteca especializada ao servizo da investigación en humanidades e cie

    María del Pilar Martínez Olmo, Directora de la Biblioteca Tomás Navarro Tomás preséntanos unha biblioteca especializada ao servizo da investigación en humanidades e ciencias sociais. Comenza por expor as características da biblioteca: servizos, xestión, persoal, para continuar co tratamento e difusión dos documentos singulares, e acabando cos proxectos de colaboración con outras institucións.

  2. 8

    Documentos efémeros ferroviarios. Papeis e bits na Biblioteca / Ana Cabanes Martín

    Ana Cabanes Xefa da Biblioteca e Documentación do Museo do Ferrocarril de Madrid preséntanos a xestión dos documentos efémeros na biblioteca do Museo do Ferrocarril, sen esqueces os documentos dixitais. Cunha introdución sobre a definición de ephemera, as súas características e do seu valor desde o punto de vista artístico e documental, Deténdose na súa xestión documental: adquisición, organización, catalogación, dixitalización...

  3. 7

    20 anos de arquivos persoais na BNE: balance e perspectivas / Mª José Rucio Zamorano

    María José Rucio Xefa de Servizo de Manuscritos e Incunables da BNE fai un percorrido por 20 anos de xestión de arquivos persoais na Biblioteca Nacional de España (BNE), comezando por unha definición de arquivo persoal, dos seus problemas e consecuencias no proceso xeral de xestión na BNE. Mostra o visibilidade dos arquivos persoais tanto no catálogo como na base de datos da BNE na internet.

  4. 6

    Mesa debate: como se están a xestionar os documentos singulares nas bibliotecas?

    María del Pilar Martínez Olmo, Ana Cabanes Martín, Mª José Rucio Zamorano na mesa de debate moderada por Rosa Lamas Casado da Biblioteca do Museo Etnolóxico disertan sobre as dificultades da xestión dos documentos singulares nas bibliotecas desde os ephemera pasando polos arquivos persoais, así como da necesidade dun control bibliográfico para permitir o acceso a esta documentación a todos os usuarios.

  5. 5

    Mesa debate: coleccións e documentos singulares nas bibliotecas especializadas de Galicia: experiencias

    Mª Isabel Almuiña González, María Pilar Vilaboi Freire, Ana Barbazán Iglesias, Carmen Romero Rivera e Milagros García Pérez, moderadas por Rosa Lamas da Biblioteca do Museo Etnolóxico debaten nesta mesa sobre as distintas experiencias en bibliotecas de Galicia en torna a xestión de documentos singulares, as veces considerados menores.

  6. 4

    O caixon de xastre da biblioteca: a coleccion ephemera / Mª Isabel Almuiña González

    Mª Isabel Almuiña González responsable da Biblioteca da Deputación de Ourense reflexiona sobre a situación da colección ephemera na biblioteca, facendo un percorrido polos distintos tipos de documentos singulares en canto a soporte e temática. Sinalando que os ephemera son unha importante fonte de información, de deseño e de publicidade, que suscita dúbidas ou dificultades á hora de organizalos, por ser unha documentación heteroxénea na temática, nos soportes e nos formatos.

  7. 3

    Os tesouros bibliograficos da Biblioteca Penzol: xoias bibliograficas unicas / Mª Pilar Vilaboi Freire

    Mª Pilar Vilaboi Freire técnica auxiliar da bibliotecas do Concello de Vigo móstranos nesta presentación as xoias bibliográficas únicas conservadas na Biblioteca Penzol de Vigo: proxectos arquitectónicos, cartografía antiga como a edición alemá de 1635 do mapa de Galicia de Fernando Ojea, testamento e fundación de morgado do capitán Juan de Gayoso, señor de Gunt ín e Canedo de 1558-60, manuscrito autógrafo de Martín Sarmiento de 1760, entre outros gardados na caixa forte da Biblioteca

  8. 2

    A xestión de documentos ephemera nas bibliotecas especializadas / Ana Barbazán Iglesias

    Ana Barbazán Iglesias bibliotecaria do Museo de Pontevedra reflexiona sobre a xestión do documentos ephemera nas bibliotecas especializadas en concreto nunha biblioteca de museo desde a adquisición até a ubicación e o acceso o documento por parte dos usuarios, se deixar de lado a clasificación deste documentos singulares.

  9. 1

    Documentos singulares na Biblioteca de Estudos Locais da Coruña / Milagros García Pérez

    Milagros García Pérez preséntanos os documentos singulares da Biblioteca de Estudos Locais da Coruña distinguindo entre publicacións menores antigas e publicación menores modernas coa súa clasificación. Algunhas destas publicacións están dixitalizadas e pódense consultar en Galiciana, a Biblioteca Dixital de Galicia

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

A III Xornada sobre Bibliotecas Especializadas celebrouse o 3 de xuño de 2016 no Museo Etnolóxico co título: Xestión de documentos singulares, foi organizada pola Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense

HOSTED BY

Museo etnoloxico ribadavia

CATEGORIES

URL copied to clipboard!