PODCAST · arts
Media ducia de poemas e unha canción
by Radio Ateneo
Media ducia de poemas e unha canción é o podcast perfecto para os amantes da poesía e da música. Cada episodio deste programa presenta unha selección de seis poemas dun autor destacado, ofrecendo aos oíntes unha inmersión profunda na súa obra e estilo literario. Ademais, cada entrega finaliza cunha canción que complementa e amplifica a experiencia poética.
-
20
Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro (1911–1981), nacido en Mondoñedo, foi un dos grandes autores galegos do século XX. A súa traxectoria comezou centrada na poesía, con libros vangardistas e neotrobadorescos como Mar ao norde (1932), Poemas do si e non (1933) e Cantiga nova que se chama Riveira (1933), nos que combina modernidade e tradición medieval galego-portuguesa.
-
19
Xohana Torres
Xohana Torres naceu en Santiago en 1931 e finou en Vigo en 2017. Poeta, narradora e dramaturga, destacou tamén como pioneira da radio en galego e como referente do feminismo galego. A súa obra, marcada pola perspectiva feminista e por temas como a memoria, a identidade ou o mar, inclúe títulos como Adiós María e poemarios como Tempo de ría. Foi membro da Real Academia Galega e recibiu numerosos premios pola súa traxectoria literaria.
-
18
Bernardino Graña
Bernardino Graña (Cangas, 1932 - Nigrán, 2025) foi profesor de secundaria, poeta e referente da nosa literatura infatil e xuvenil, ademais de articulista e ensaísta. A súa humanidade, o amor pola terra e a lingua, e sobre todo o mar, son a columna vertebral da súa poesía.
-
17
Xosé Luís Méndez Ferrín
Xosé Luís Méndez Ferrín é un escritor galego nado en Ourense en 1938, referente das nosas letras e coñecido pola súa obra poética e narrativa, marcada polo compromiso político e cultural coa independencia de Galicia. Cofundador da UPG, sufriu represión durante o franquismo e foi presidente da Real Academia Galega entre 2010 e 2013.
-
16
Marta Dacosta
Marta Dacosta Alonso (Vigo, 1966) é unha poeta, profesora e sindicalista galega cunha sólida traxectoria literaria e compromiso social. Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa, publicou numerosos poemas en revistas e volumes colectivos, e a súa obra figura en diversas antoloxías de referencia da poesía galega contemporánea. Autora de libros como Crear o mar en Compostela, Pel de ameixa, Setembro, As amantes de Hamlet ou dun lago escuro, recibiu galardóns como o Premio O Grelo, o González Garcés, o Martín Códax ou o Johán Carballeira. Ademais de colaborar no diario Sermos Galiza, exerce como profesora de Lingua Galega no IES Terra de Turonio de Gondomar.
-
15
María Victoria Moreno
María Victoria Moreno (1939–2005) foi unha escritora, editora e profesora que fixo da lingua galega a súa casa literaria e vital, malia nacer en Cáceres. Formada en Filoloxía Románica, chegou a Galicia a comezos dos anos sesenta e desenvolveu a súa carreira docente en Lugo, Sanxenxo e sobre todo en Pontevedra, onde destacou polo seu compromiso coa difusión do galego mesmo en plena ditadura. Autora de referencia da literatura infantil e xuvenil —con 'Anagnórise' como obra emblemática—, cultivou un estilo lírico e sensible, con animais protagonistas e unha crítica constante ás limitacións do ensino tradicional. Defensora apaixonada da lingua, activista cultural e directora de coleccións editoriais, deixou unha importante biblioteca e un legado recoñecido co Día das Letras Galegas 2018.
-
14
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro naceu en Celanova en 1912 e morreu en Vigo en 1979. Poeta, xornalista, político, galeguista e republicano de esquerdas, foi unha das figuras clave da poesía social galega. A súa obra Longa noite de pedra, publicada en 1962, contén as esencias da súa poesía: o amor á nosa terra e ás súas xentes, a defensa da lingua, a denuncia das miserias do réxime franquista, das inxustizas e das desigualdades, a solidariedade cos oprimidos e os desherdados do mundo, e tamén o amor e a tenrura que encarnan na figura da súa muller, María Luisa Moraima.
-
13
María Mariño
María Mariño foi a terceira muller homenaxeada no Día das Letras, no ano 2007. Escritora tardía e autodidacta, é unha rara avis na nosa literatura: apenas nos deixeou un cento de poemas recollidos nos libros Palabra no tempo e Verba que comeza.
-
12
Manuel María
A extensísima obra poética de Manuel María, con medio cento de títulos, transita polo existencialismo, o compromiso político, o amor, a lingua, o intimismo, a transcendencia ou a morte.
-
11
Avilés de Taramancos
Antón Avilés de Taramancos (1935-1992) foi un poeta e activista galeguista nado en Noia. Viviu en Colombia durante 20 anos, onde expresou a súa morriña en Poemas de ausencia. Ao regresar en 1980, abriu a súa taberna en Noia, converténdoa nun centro cultural. A súa poesía destaca polo amor á terra e ao mar, sendo As torres no mar a súa última obra en vida.
-
10
Uxío Novoneyra
Uxío Novoneyra, "O Poeta do Courel", é unha das voces poéticas máis aclamadas, poderosas e admiradas da nosa literatura. Achegarse aos seus versos é o inicio dunha viaxe conmovedora enraizada no seu territorio natal.
-
9
Olga Novo
Olga Novo é unha das voces poéticas máis poderosas e conmovedoras do noso panorama literario actual. O seu poemario Feliz Idade obtivo os premios Nacional de Poesía no 2020, o da Crítica española e o da Crítica galega.
-
8
Marica Campo
Marica Campo é unha poeta, narradora, dramaturga e tradutora, que adicou toda a súa vida ao ensino. Ten como referentes para a súa obra todos aqueles libros que lía na biblioteca familiar, así como as historias que lle contaban as xentes do seu patio de recreo infantil.
-
7
Eva Veiga
Eva Veiga, muller polifacética e resiliente: filóloga, poeta, xornalista, guionista e actriz. Hoxe escoitamos seis poemas dela e a canción "Norai de Anguria"
-
6
Especial Letras Galegas: Luísa Villalta
Luísa Villalta é a sexta muller á que se lle dedican as Letras Galegas despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, Mª Victoria Moreno e Xela Arias.
-
5
Xoán Xosé Fernández Abella
Xoán Xosé Fernández Abella, escritor e mestre, naceu en Monforte de Lemos en 1933. Entre o ano 66 e o 72 estivo emigrado en Venexuela. Posteriormente, en Galicia, estivo vinculado a lugares como Ortigueira, A Estrada ou Teo.Hoxe escoitaremos seis poemas del e remataremos o programa coa canción Quérote tanto, meniña, de Tino Baz.
-
4
Salvador García-Bodaño
Salvador García-Bodaño, poeta e destacado da nosa cultura, deixounos en marzo de 2023. Foi membro numerario da Real Academia Galega e presidiu o Ateneo de Santiago entre os anos 2008 e 2021, cando pasou a ser presidente de honra.
-
3
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro, a poeta que pon en marcha o Rexurdimento da literatura galega despois dos Séculos Escuros está hoxe de conmemoración. Cada ano, celébrase o Día de Rosalía no día que naceu esta poeta, o 23 de febreiro. Hoxe recolleranse as catro partes do poema que abre Cantares gallegos e os versos cos que remata, acompañados da canción 'Iste vaise', de Fuxan os Ventos.
-
2
Neira Vilas
Este primeiro episodio de Media ducia de poemas e unha canción estará amenizado pola lectura de 6 poemas do escritor e xornalista Xosé Neira Vilas, ademais da canción "Ai amor", interpretada por A Quenlla.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Media ducia de poemas e unha canción é o podcast perfecto para os amantes da poesía e da música. Cada episodio deste programa presenta unha selección de seis poemas dun autor destacado, ofrecendo aos oíntes unha inmersión profunda na súa obra e estilo literario. Ademais, cada entrega finaliza cunha canción que complementa e amplifica a experiencia poética.
HOSTED BY
Radio Ateneo
CATEGORIES
Loading similar podcasts...