Románicas non Románticas podcast artwork

PODCAST · society

Románicas non Románticas

Benvid@s a "Románicas non Románticas"! 🌟 Mergúllate connosco nunha viaxe fascinante a través da Filoloxía Románica. En cada episodio, desvelamos os misterios do latín e a súa evolución nas linguas modernas como o español, o francés, o italiano e moitas máis. Exploramos a riqueza literaria, histórica e lingüística que estas linguas nos ofrecen, e como moldean a nosa forma de ver o mundo. Apaixónache a literatura? Intríganche as conexións culturais entre os pobos románicos? Queres descubrir como as palabras que usamos hoxe teñen raíces milenarias? Entón, este é o teu podcast. Acompáñanos e descobre como a Filoloxía Románica non só estuda o pasado, senón que tamén ilumina o noso presente e futuro. Non o perdas! 

  1. 13

    Episodio 12: Un domingo con...Elvira FIdalgo!

    Boa semana romanic@s! No noso podcast tratamos este domingo un tema un chisco diferente ao da semana pasada. Nesta ocasión centrámonos na lingüística, en concreto en principios da lingüística románica e na configuración das linguas romances. Acompáñanos a nosa profesora Elvira Fidalgo, experta neste tema! A lingua que falas conta cunha incrible historia detrás, escóitanos e...descubre unha nova porta ao mundo!

  2. 12

    Episodio 11: Un instrumento medieval...sempre actual!

    Benvid@s unha semana máis ao noso podcast! Nesta ocasión abordaremos unha cuestión musical, en concreto un instrumento: a zanfona. Sabias que posúe orixe medieval? Ademais, etimoloxicamente procede do latín SYMPHONIA 'concerto'. A nosa compañeira Andrea Mosteiro, do Grao de Galego, acompáñanos para empaparnos de sabedoría acerca da zanfona! Se queres aprender máis sobre a historia deste fermoso instrumento, escóitanos!

  3. 11

    Episodio 10: Un café con Tristán e Isolda

    Tristán e Isolda. Hoxe tomamos café con eles, esperando non beber a poción de amor... Pero de que estará feito este filtro? E cales son as diferenzas entre as versións medievais que transmiten a súa historia?

  4. 10

    Episodio 9: Isto é o que facemos en Románicas!

    Que estudamos en Romanicas? Cales son as materias máis interesantes? Que facemos na clase? Neste episodio, adicado aos amantes dos cotilleos, presentámonos e contámosvos a nosa experiencia!

  5. 9

    Episodio 8: Un café con Xenebra...e Lanzarote

    Hoxe subimos xuntos a Lanzarote na carreta… ou non? Despois dun café con Eneas, é o momento de concedernos unha pausa con Lanzarote e Xenebra. Únete a nós nesta viaxe pola literatura medieval!

  6. 8

    Episodio 7: Un café con Eneas

    Hoxe tomamos un café con Eneas, pero tamén con Dido e Lavinia! Falamos do amor cortés a través do Roman de Eneas. Prepara un café e únete a nós!

  7. 7

    Episodio 6: Descubrindo os trobadores con Kuba da Universidade de Cracovia

    🎙️Románicas non Románticas está de volta! Neste episodio, temos un convidado especial desde a Universidade de Cracovia que nos vai contar todo sobre a lírica e cultura trovadoresca! Quen é "o fillo do panadeiro"? E cantos estilos existían para compoñer e cantar cancións? 

  8. 6

    Episodio 5: Os Reis Magos na literatura e tradición medieval

    Benvidos a este novo episodio do noso podcast! Hoxe exploraremos a figura dos reis magos na tradición medieval. Os reis magos, tamén coñecidos como os tres sabios, son figuras fascinantes que inspiraron numerosas lendas e relatos ao longo dos séculos. Durante a Idade Media, a súa historia foi enriquecida con detalles e simbolismos que reflicten as crenzas e as culturas da época. Descubriremos como eran representados na arte, na literatura e nas celebracións relixiosas, e analizaremos o seu significado simbólico e espiritual. Prepárate para unha viaxe no tempo, á descuberta de misterios e marabillas...

  9. 5

    Episodio 4: Entre a tensó medieval e o 'dissing' de hoxe

    🎙️❤️ Neste episodio, exploramos o mundo da tensó medieval e como se manifesta no mundo moderno. O 'dissing' (ou 'beef'), nacido na Idade Media, aínda hoxe ten unha presencia relevante no mundo musical. Pero como se traduce todo isto no contexto actual? 

  10. 4

    Episodio 3: Ferias Medievais e Recuperacións da Idade Media

    🏰 Neste episodio, mergullámonos no fascinante mundo das feiras medievais actuais, explorando como estas celebracións históricas foron recuperadas e reinterpretadas na cultura contemporánea. 🎭 Partindo das reflexións xurdidas durante o curso de "A Literatura Románica Medieval na cultura contemporánea", analizamos como a Idade Media segue influíndo na nosa sociedade moderna. 📜 Ademais, examinaremos como a literatura románica medieval é relida e reinterpretada hoxe en día, ofrecendo novas perspectivas e significados. Únete a nós para unha viaxe no tempo que revela canto a Idade Media segue viva e presente na nosa cultura actual! ⏳

  11. 3

    Episodio 2: O amor cortés no séc. XXI (2)

    🎙️❤️ Neste episodio, continuamos coa exploración do concepto de amor cortés e como se manifesta no mundo moderno. O amor cortés, nacido na Idade Media, caracterizábase por un ideal romántico e cabaleiresco, onde o respecto, a devoción e a adoración estaban no centro das relacións amorosas. Pero cales son os conceptos básicos deste tipo de amor?

  12. 2

    Episodio 1: O amor cortés no séc. XXI (1)

    🎙️❤️ Neste episodio, exploramos o concepto de amor cortés e como se manifesta no mundo moderno. O amor cortés, nacido na Idade Media, caracterizábase por un ideal romántico e cabaleiresco, onde o respecto, a devoción e a adoración estaban no centro das relacións amorosas. Pero como se traduce todo isto no contexto actual?

  13. 1

    Episodio 0

    Quen somos e de que falaremos? Descúbreo neste Episodio 0!

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Benvid@s a "Románicas non Románticas"! 🌟 Mergúllate connosco nunha viaxe fascinante a través da Filoloxía Románica. En cada episodio, desvelamos os misterios do latín e a súa evolución nas linguas modernas como o español, o francés, o italiano e moitas máis. Exploramos a riqueza literaria, histórica e lingüística que estas linguas nos ofrecen, e como moldean a nosa forma de ver o mundo. Apaixónache a literatura? Intríganche as conexións culturais entre os pobos románicos? Queres descubrir como as palabras que usamos hoxe teñen raíces milenarias? Entón, este é o teu podcast. Acompáñanos e descobre como a Filoloxía Románica non só estuda o pasado, senón que tamén ilumina o noso presente e futuro. Non o perdas!

HOSTED BY

Románicas non Románticas

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does Románicas non Románticas have?

Románicas non Románticas currently has 13 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Románicas non Románticas about?

Benvid@s a "Románicas non Románticas"! 🌟 Mergúllate connosco nunha viaxe fascinante a través da Filoloxía Románica. En cada episodio, desvelamos os misterios do latín e a súa evolución nas linguas modernas como o español, o francés, o italiano e moitas máis. Exploramos a riqueza literaria,...

How often does Románicas non Románticas release new episodes?

Románicas non Románticas has 13 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to Románicas non Románticas?

You can listen to Románicas non Románticas on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Románicas non Románticas?

Románicas non Románticas is created and hosted by Románicas non Románticas.
URL copied to clipboard!