PODCAST · arts
Un ollo de vidro
by Isi Dro
Ao igual que o esquelete de Castelao, aquí contamos contos en lingua galega. Memorias doutros tempos. Contos de Galicia (ou de calquera nacionalidade traducidos ao galego) e tamén fragmentos de grandes obras. Cousas que se contan... escoita!
-
6
A Pedra Negra de Robert E. Howard (2ª Parte)
Segunda parte Unha zona remota de Centroeuropa e un extraño monolito cheo de runas. Lendas, misterios e unha viaxe que nos levará ata tempos ancestrais de cultos descoñecidos e bailes iniciáticos arredor das fogueiras. Unha historia breve de Robert E. Howard, o creador, entre outros de Conan, Solomon Kane ou Red Sonja, traducida ao galego por Pablo Amado Fuentes. Voz e deseño sonoro de Isidro Cea
-
5
A Pedra Negra de Robert E. Howard (1ª Parte)
Unha zona remota de Centroeuropa e un extraño monolito cheo de runas. Lendas, misterios e unha viaxe que nos levará ata tempos ancestrais de cultos descoñecidos e bailes iniciáticos arredor das fogueiras. Unha historia breve de Robert E. Howard, o creador, entre outros de Conan, Solomon Kane ou Red Sonja, traducida ao galego por Pablo Amado Fuentes. Voz e deseño sonoro de Isidro Cea
-
4
Promo Un Ollo de Vidro
Promo do programa "Un Ollo de Vidro" para a plataforma de www.radiogalegapodcast.gal Desde a noite do 23 de Xuño, a noite meiga.
-
3
Memorias dun Esquelete. Un relato de Castelao
"Aquel ollo de vidro que de nada me servira na vida sérveme agora para mirar. Tolo de contento quitei o ollo, deille catro bicos e volvino a pór no seu sitio." Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é máis que "outro escritor" en lingua Galega. Castelao é un símbolo para Galicia como un dos pais do nacionalismo galego, e neste "Un Ollo de Vidro, Memorias dun Esquelete" expresa parte do seu pensamento na forma dos contos dun "habitante" nun cemiterio de cidade. Hoxe traemos ao noso podcast "Un Ollo de Vidro", o relato que fai realidade o título deste espazo. Coas voces convidadas de Celia Riande e Ramiro Santos. Voz e deseño sonoro, Isidro Cea
-
2
A Tumba. Un relato de H. P. Lovecraft
"Sedibus ut saltem placidis in morte quiescam" (Que descanse na morte polo menos en lugares tranquilos) Jervas Dudley sempre manifestou interese polo mundo do alén e, dende a súa cela do sanatorio psiquiátrico cóntanos o que sucedeu cando decidiu entrar na cripta dos Hyde. A Tumba é un relato de atmosfera gótica, nunha etapa Lovecraftiana que nos lembra a un Poe pretérito. Descubre como é o conto. Voz e deseño sonoro, Isidro Cea
-
1
Covid-19. A Cronoloxía dun virus
Agora que están a piques de cumprirse dous anos do inicio da situación de pandemia por mor da Covid-19, atrévome a traer a este "ollo de vidro" un conto que non é conto, pero que sí é historia. Hai case dous anos, realicei esta montaxe en forma autonarrativa, na que os propios cortes de voz dos protagonistas daquel momento, os efectos de son e a música contan os sucesos do día a día naquel marzo de 2020. Escoitar este documento deberianos facer máis humildes, xa que nel están todos os elementos que ian facer de nos mellores seres humanos. "Desta saimos máis unidos".Pero día tras día vamos descubrindo que en canto todo volve á normalidade, cada un volve ao seu como cada animaliño escapa da cidade baleira para volver á súa madriguera. E non só lembro esta reportaxe polas datas que son. Agora mesmo eu teño o coronavirus, e vendo cómodamente dende a seguridade das vacunas o que foi este terrible andazo non hai moito, a terrible mortalidade e os horribles sufrimentos das familias e da xente afectada, non podo máis que sentirme afortunado de pasar por algo, neste intre e gracias aos estudos, á investigación e ás vacunas, tan suave. Escoitade estes 15 minutiños da nosa historia máis recente. É unha reportaxe na que escoitaredes tamén as voces do noso equipo de redacción da Radio Galega. Marzo de 2020 - Chegaba a Covid-19 Esta é a "Cronoloxía dun virus"
-
0
O Gato Negro. Un relato de Edgar Allan Poe
Célebre conto de Edgar Allan Poe en tradución de Eva Almazán e locución e deseño sonoro de Isidro Cea. Ao pobre home gustábanlle os animais, pero coido que non tanto como contaba ao comezo... Escoita a historia enteira
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
Loading similar podcasts...