EPISODE · Sep 30, 2020 · 57 MIN
138 - A Kanteira "Outono ao Vivo"
from RKV MUSICA.
A Kanteira respira ar de outono, máis abrigados pero seguindo no camiño dos acontecementos musicoculturais buscando Trufas ao vivo. Neste episodio de persecución cultural temos unha axenda libre de contaxio. Blues con Jay Doe & The Blues Preachers que troulan no Mollo Music Club de Nigrán o 3 outubro 2020. Dakidarría estarán no Concello de Baiona, na praza o 3 outubro. David Regueiro Trío mostran o seu universo de jazz guitarra gypsy na La Pecera, Vigo o 2.10.2020. Eladio y los Seres Queridos musicarán Compostela o primeiro de outubro no Riquela. Viaxámos cara Portugal para ir o Teatro Diogo Bernardes de Ponte Da Lima e gozala ben coa Brigada Víctor Jara, o evento é o 4 de Outubro 2020.Con mochila ao lombo imos a Lugo xa que alí Mounqup vai facer un concerto na Praza do Camiño Primitivo. Kings of The Beach uns trouladores de alto nivel surfearán vía Sattelite na Sala Rebullón en Mos cuns cómplices chamados Karma Animal o 3 outubro 2020. Rematamos en Compostela con Rafael Lechowski.
NOW PLAYING
138 - A Kanteira "Outono ao Vivo"
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
May 14, 2026 ·14m
May 14, 2026 ·13m
May 14, 2026 ·12m
May 14, 2026 ·16m
May 12, 2026 ·19m
May 12, 2026 ·15m