EPISODE · Jan 11, 2017 · 59 MIN
51º Programa Entrelazados [1º 3ªT]
from Podcast de EntrelazadosRF
Programa Entrelazados Nº 51, primeiro programa da terceira temporada deste programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos. Na locución e coordinación, Xurxo Gago. Escoitamos canción Ceo, interpretada por Roger de Flor e Eugenia Sanmartín para a continuación proceder a estrea da sección apuntes de lingua galega, unha pequena sección que pretende achegar sabios consellos de publicacións de profesores de lingua galega para mellorarmos todos e todas o noso nivel de galego ben falado e ben escrito. Logo escoitaremos a Sés e a súa canción fala de mel para proceder a outra estrea da sección reminiscencias do pasado onde darei saída a moitos escritos históricos sobre a nosa lingua, tradición e historia. Escoitamos ás Maianas 2.0 coa súa rumba galega e logo unha minientrevista á compañía de teatro Gazafelhos tras unha representación no mes de decembro pasado nas xornadas de teatro do Seixo que vén a organizar a Sociedade amigos da paisaxe galega dende hai 26 anos. Escoitaremos de novo ás Maianas 2.0 coa súa canción Sabes. E rematamos o programa cunha reposición dunha pequena representación de radio teatro feita en directo no programa na pasada temporada nestes estudios da RádioFilispíM.
NOW PLAYING
51º Programa Entrelazados [1º 3ªT]
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m