Efer 400 (4-6-17): Sen cuántica non hai smarphones

EPISODE · Jun 4, 2017 · 58 MIN

Efer 400 (4-6-17): Sen cuántica non hai smarphones

from Efervesciencia

O físico da USC Víctor Pardo investiga en materia condensada, pero non se mancha os dedos nin leva bata branca. Entre outras cousas cóntanos o papel da primeira xeración de científicos cuánticos na xénese do Val do Silicio. A Estrela de Tabby segue a dar sorpresas na súa luminosidade. Tal é como adiantamos hai uns meses, un equipo español traballa nunha hipótese plausible que permite facer predicións. E sen necesidade de invocar a Dyson e as súas megaestruturas alieníxenas. Falamos con Fernando Ballesteros do Observatorio Astronómico de Valencia. Unha tecnoloxía matemática que emprega a industria militar pode salvar vidas nas estradas. O doutro enxeñeiro Enrique Castillo da Universidade de Cantabria dirixe un proxecto que aplica análise probabilística para identificar, mesmo antes de que se produzan os accidentes, cales son os puntos máis perigosos dunha estrada. As bacterias poden detectar minas antipersoa. A idea non é nova, pero os traballos de investigadores israelís veñen de saltar aos medio de comunicación. Nolo analiza o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira.

NOW PLAYING

Efer 400 (4-6-17): Sen cuántica non hai smarphones

0:00 58:31

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

URL copied to clipboard!