EPISODE · Nov 10, 2017 · 57 MIN
Efer 411 (5-11-17): Como es unha máquina entendes a retranca, non si?
from Efervesciencia
Para o lingüista computacional Paula Gamallo a capacidade de enteder das máquinas está aínda moi lonxe de entender a retranca. Conversamos con Gamallo no seu despacho do CITIUS na USC sobre como facer que os ordenadores comprendan a linguaxe natural dos humanos. A que cheiran os mortos? Aquí tamén hai química como nos conta “Moléculas en Galego”. Este ano vimos por primeira vez en Galicia unha moi potente campaña de crowdfunding para un proxecto de investigación científica. A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Ciencia e a Tecnoloxía vén de organizar un debate a semana pasada en Pontevedra sobre os riscos e oportunidades deste modelo de financiamento para ciencia. Dannos a súa perspectiva Roi Villar – fundador de I-Love Science e Capital Cell -, Alfonso Peres – Responsable da área de participación cidadá da FECYT e de Precipita – e José Antonio Seoane -Profesor de filosofía do dereito da UdC especializado en bioética. Dani Pizarro preséntanos ás bandas deseñadas “O segredo de Coimbra” e o “Neurocómic”.
NOW PLAYING
Efer 411 (5-11-17): Como es unha máquina entendes a retranca, non si?
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.