Efer 446 (3-10-18): Biohacking desde a Open Science Cambre

EPISODE · Oct 3, 2018 · 58 MIN

Efer 446 (3-10-18): Biohacking desde a Open Science Cambre

from Efervesciencia

Iniciamos tempada desde o "Open Science Cambre" onde coñecemos que é o biohacking con Cristina Hernández do BIFI de Zaragoza. Tamén conversamos con José Viñas (profesor do IES David Buján de Cambre), Hugo (director da "Open Science Cambre"), María Luque (participante na feira, instituto Kursaal de Algeciras) e Cristina Pavisic (Instituto de Instrución Superior Galileo Galilei de Jesi-Italia). Amaia Lujambio é investigadora do Hospital Monte Sinai de Nova Iorque e especialista en cancro de fígado. Con ela debullamos o nobel de medicina 2018 a Allison e Honjo polos seus traballos na inmunoterapia do cancro. Coñecemos o encontro da AMIT (Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas) da man de Joana Magalhaes e Ana Jesús López (presidenta de AMIT-Galicia). Co noso estreleiro Martin Pawley presentamos a VI Edición da Noite Eferevescente que habemos celebrar en Guitiriz.

NOW PLAYING

Efer 446 (3-10-18): Biohacking desde a Open Science Cambre

0:00 58:50

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

URL copied to clipboard!