Efer 511 (23-4-20): A carreira mundial pola vacina é colaborativa

EPISODE · Apr 24, 2020 · 55 MIN

Efer 511 (23-4-20): A carreira mundial pola vacina é colaborativa

from Efervesciencia

O virólogo César Muñoz Fontela traballa no Plan de Aceleración de Vacinas da OMS onde se enrolou hai unhas semanas tras solicitar unha excedencia no seu posto habitual no Instituto Bernhard Nocht de Hamburgo. Múñoz-Fontela participou na loita contra o ébola tanto desde o terreo como desde o laboratorio de máxima bioseguridade P4 deste instituto de investigación. Para o virólogo ferrolán a pescuda dunha vacina segura e eficaz está sendo o maior esforzo científico da historia no que se están enrolado organismos de todo o mundo. No Plan de Aceleración de Vacinas da OMS teñen rexistrados polo de agora 140 prototipos. O obxectivo e testalos todos. Un proxecto de vacina so se descartará cando falle nalgunha das probas da batería de fitos que teñen que superar no laboratorio, e logo nos ensaios clínicos. A conversa con César Muñóz-Fontela reflexa as súas opinións persoais, e en ningún caso representan á OMS: Tamén conversamos Eduardo Rolland, director de GCiencia, que nos explicou como se viviron en Galicia outros andazos, como a peste ou a gripe de 1918, e coa presidenta de SciCom Portugal, Joana Lobo Antunes, que nos falou da situación no país veciño. Podemos facer este “Efervesciencia confinados” grazas á axuda en pantuflas da Avoa de Einstein. Con este programa retomamos as emisións de Efervesciencia na Radio Galega interrompidas polo estado de alarma.

NOW PLAYING

Efer 511 (23-4-20): A carreira mundial pola vacina é colaborativa

0:00 55:59

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

URL copied to clipboard!