Efer 532 (12-11-20): Un “Eurofighter” do século XVI na ría de Ribadeo

EPISODE · Nov 12, 2020 · 56 MIN

Efer 532 (12-11-20): Un “Eurofighter” do século XVI na ría de Ribadeo

from Efervesciencia

(2:37) Para dominar o mundo global actual compre dominar o ciberespazo. Pero non esta non é a primeira época global da historia da humanidade. Entre os séculos XVI e XVIII a globalización era marítima, e quen se fixese co mar facíase co poder. Os galeóns daquela son o equivalente aos avións de combate Eurofighter actuais. Do mesmo xeito que para fabricar un destes avións de combate precísanse fornecedores de múltiples países, para construír os galeóns as madeiras chegaban aquí de media Europa. A mellor conservada do mundo destas fabulosas máquinas de guerra do século XVI está uns poucos metros de profundidade no porto de Ribadeo. O galeón Santiago de Galicia ha ser o protagonista desta velada Efervescente co arqueólogo subacuatico Miguel San Claudio e a investigadora do Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC Ana Crespo. (34:29) O arqueólogo Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e o nuerocientífico Luís Martínez (Instituto de Neurociencia de Alacante) veñen de conseguir unha das altamente cotizadas Synergy Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) co proxecto “Mentes Materiais”. Este ambicioso proxecto é o maior experimento deseñado de cognición visual, e ten como premisa que o “as humanos facemos obxectos, e os obxectos fannos humanos”. www.efervesciencia.org

NOW PLAYING

Efer 532 (12-11-20): Un “Eurofighter” do século XVI na ría de Ribadeo

0:00 56:30

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

URL copied to clipboard!