Efer 578 (15-12-21): Anticiparse ás novas adicións en adolescentes: videoxogos, xogo on line e internet

EPISODE · Jan 17, 2022 · 59 MIN

Efer 578 (15-12-21): Anticiparse ás novas adicións en adolescentes: videoxogos, xogo on line e internet

from Efervesciencia

(3:26) Por primeira vez na historia tivemos este ano máis turistas no espazo ca astronautas, e a perspectiva da posta en marcha de estacións espaciais privadas deixa de ser unha quimera. Javier Pedreira "Wicho" analiza en Efervesciencia as novas tendencias da exploración espacial. (20:06) O profesor de psicoloxía da USC Antonio Rial Boubeta preséntanos as evidencias científicas que amosan a efectividade de facer un peneirado precoz das adicións. Nesta liña o seu grupo de investigación traballou nun proxecto de implantación do modelo SBIRT en Galicia. Este cribado nos centros de saúde está pensado para detectar precozmente e tratar adicións en adolescentes, tanto adicións con substancia como adicións sen substancia (xogo on-line, videoxogos e consumo problemático de internet). Ao fío das adicións nos adolescentes facemos un faladoiro con Belén Montesa (psicóloga experta en adicións), Fernando Lacaci (presidente da Confederación de ANPAS galegas) e Sabela Rodríguez García (Orientadora do IES A Cachada de Boiro) www.efervesciencia.org

NOW PLAYING

Efer 578 (15-12-21): Anticiparse ás novas adicións en adolescentes: videoxogos, xogo on line e internet

0:00 59:17

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

URL copied to clipboard!