Efer 586 (23-2-22): Unha estrela roxa no nacemento de Rosalía

EPISODE · Feb 23, 2022 · 59 MIN

Efer 586 (23-2-22): Unha estrela roxa no nacemento de Rosalía

from Efervesciencia

(2:14) Katalín Karikó, a pioneira na tecnoloxía do ARN mensaxeiro que deu lugar as vacinas da Covid que tantas vidas teñen salvado, ten unha vida de película. Lluís Montoliu, investigador do CNB-CSIC, debulla as contribucións científicas de Karikó e a súa traxectoria. Victoria Pérez e César Goldi poñen as súa voz nas dramatizacións sonoras que ilustran esta historia. (26:44) Christiane Dosne Pasqualine de 102 anos foi pioneira no estudo da leucemia en Arxentina. En "Christiane, o bio-musical científico" Belén Pasqualine homenaxea coa única axuda da súa voz e o seu piano á súa avoa. Na conmemoración do 11 de Febreiro o IGFAE, CIQUS e CIMUS programaron esta obra no Gaiás. (40:00) A nosa Rosalía deixou escrito "Ou ti!, roxa estrela que din que comigo naciche, poideras por sempre apagarte, xa que non pudeche por sempre alumarme...! Foi unha licenza literaria, unha referencia astrolóxica ou en verdade estaba a pasar algo singular nos ceos nesa época? Xabier Pérez Couto @astroxabi, e Martin Pawleiy @pauley investigaron a fondo e propoñen a hipótese da interpretación astronómica. Veñen de publicar os resultados na revista de estudos rosalianos "Follas Novas" https://follasnovas.rosalia.gal/wp-content/uploads/2022/02/VariaPawley-PerezCouto.pdf

NOW PLAYING

Efer 586 (23-2-22): Unha estrela roxa no nacemento de Rosalía

0:00 59:34

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

URL copied to clipboard!