EPISODE · Dec 31, 2010 · 2H 16M
Programa especial Fin de Ano en Rádio FilispiM [30/12/2010]
from Programas Especiais RFM Colectivo OPAII
Ontes día 30 de decembro de 2010, xuntámonos moitas das personas que fan posíbel a continuidade da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol. Atopámonos no renovado estudio de radio donde compartimos uns deliciosos petiscos da época [turrón, empanada de porro, gusanitos...] e uns copos de cava e de sidra. Con eles brindamos unhas chea de vezes!!! Aproveitamos para fazer avaliación do acontecido neste ano radiofónico tan emociontante para nós: novo estudio de radio renovado, novas compañeiras, novos programas e muitas boas vibracións. Así que pédimoslle ao novo ano máis boa onda, moito traballo, paz, solidariedade... No estudio atopámonos: Lucía e Javier Malespina, Cholo, Paula, Soledad, Pablo, Miguel, José Torregrosa, Luis, Pedro Ferrández, Fátima e máís André [Pequeno Monstro]. Sen esquecernos das demáis compañeiras que non puideron acudir a cita: Iago, Marta... Aplaudimos, cantamos, rimos e incluso debatimos... En defintiva, pasámolo ben. A gravación dese Programa Especial Fin de Ano FilispiniANO, poderedela escoitar en diferido en Rádio FilispiM, 93.9 FM: - Sábado 1 de xaneiro de 2011, a partir da 1:00 h. da madrugada. - Domingo día 2, a partir das 18:00 h. - Luns día 3, a partir das 15:00 h.
NOW PLAYING
Programa especial Fin de Ano en Rádio FilispiM [30/12/2010]
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
May 14, 2026 ·70m
May 7, 2026 ·84m