PODCAST · education
Dálle que Dálle nas Ondas
by Escola de Lago-CRA de Valdoviñ
Audios da escola de Lago, do Cra o "Esquío" de Valdoviño
-
43
Escola Unitaria de Lago, curso 15-16, 2ª parte
Audios da Escola de Lago con nenos-as de 3 a 7 anos: traballos nos 2 cursiños de radio, calendario amistoso de Abril, Maios, Letras Galegas, Magosto, muíños, legumes, excursións, festas, Cálculo vivo, plástica, visita de Xoana, entran e vanse...
-
42
Gravacións do curso 15-16, 1ª parte
Escola de Lago-Valdoviño con nenas-os de 3 a 7 anos: contos, Nadal, legumes, Paz, Día Mundial da Radio, comparsa de Antroido, entrevista a avós labregos...
-
41
Audios de setembro 2014 a fin marzo 2015, da E. unitaria de Lago- Valdoviño
4 audios de contos e cantigas a Campus Culturae + 2 aportacións a Ponte nas Ondas (exp. de Candela na radio e a 1ª radio de Magdalena) os 6 para o día da Radio 2015 + Felicitación de aniversario a Radio Filispim+ cantigas con Mateo 1º trimestre + o antroido 2015. Montados pró Ivoox en Marzo 2015
-
40
E. Unitaria de Lago: colaboracións feitas para outras radios-no 2014
2 colaboracións feitas por Dálle que dálle nas Ondas, para Campus Culturae no día da radio do 2014 e outra para Ponte nas Ondas no seu 20 aniversario, en maio 2014. Montado para o ivoox en febreiro do 2015
-
39
Dálle que dálle nas Ondas nº 35, da Escola de Lago, do CRA de Valdoviño
Programa emitido o 16-6-14 por Radio Filispim, radio libre e comunitaria da terra de Trasancos. Temas: os peques contan sobre os animais de Marcelle, contos, diálogo de Mateo coa avoa Chelo, Fin de Curso...
-
38
Dálle que dálle nas Ondas nº 34, da escola de Lago, do CRA de Valdoviño
Programa emitido o 26-5-14 por Radio Filispim, radio libre e comunitaria de Ferrolterra. Co tema central dos Maios e Letras Galegas( Díaz Castro e outros), un conto e unha pequena entrevista sobre unha viaxe a Tailandia.
-
37
Dálle que dálle nas Ondas nº 33, da escola de Lago, Valdoviño
Programa emitido por Radio Filispim o 28-4-14, coas actividades da escola, unha preciosa entrevista dos nenos-as a unha avoa que nos conta da súa vida e do seu traballo de costureira. A canción dos nenos sirios, un conto que conta Xeila...
-
36
Dálle que dálle nas Ondas, nº 32 da Escola de lago, Valdoviño
Programa emitido desde Radio Filispim, radio libre e comunitaria da terra de Trasancos, o 31-3-14. Falouse de cousas traballadas na escola no último mes contendo unha entrevista sobre o Xapón.
-
35
Dálle que dálle nas Ondas nº 31 da Escola de Lago-Valdoviño
Programa emitido o 24-2-14 por Radio Filispim, radio libre e comunitaria de Ferrolterra, no 3º aniversario do programa. Tivemos de invitado ao avó Alberto Balbona Naranjo para falarnos da súa experiencia na India como cooperante da fundación Vicente Ferrer.
-
34
Dálle que dálle nas Ondas nº 30, da escola de Lago, Valdoviño
Programa emitido o 27-1-2014 desde Radio Filispim, radio libre e comunitaria de Ferrolterra. Sobre a Paz, tradicións de Asia, cancións sefardies e o teatro "un ben con outro ben"
-
33
Dálle que dálle nas Ondas nº 29, da Escola de Lago, Valdoviño
Programa emitido en directo o 23-12-13, en Radio Filispim, radio libre e comunitaria de Ferrolterra. Pequeno percorrido sobre os mitos e costumes do Nadal vistos desde a nosa escola. Apalpador, Olentzero, Tió, panxoliñas e contos ..........................
-
32
Dálle que dálle nas Ondas nº 28 da Escola de Lago-Valdoviño
Programa emitido en directo o 25-11-13 desde Radio Filispim, emisora libre de Ferrolterra, con algunha cantiga gravada para que poidan participar os que non poden vir á radio, o tifón de Filipinas e contos galegos, coma arredor da lareira, en directo.
-
31
Dálle que dálle nas Ondas nº 27 da Escola de Lago-Valdoviño
Entrevista a Xabier López García sobre as súas viaxes a África, no programa nº 27 do 14-10-13 de Dálle que Dálle nas Ondas da comunidade educativa da escola de Lago do CRA Esquío de Valdoviño. Emitido desde Radio Filispim, radio libre e comunitaria de Ferrolterra.
-
30
Dálle que dálle nas Ondas nº 26 da Escola de Lago-Valdoviño
Foi emitido en directo o 17-6-13 en Radio Filispim, radio libre e comunitaria de Ferrolterra. O tema foi a Arxentina e a emigración. Os nenos e nenas entrevistaron a Marcela Glez Pérsico, que veu da Arxentina hai 5 anos, cantaron por ela tangos e leron parte dun artigo de Neira Vilas sobre a Arxentina. Tamén estivo a avoa Chelo.
-
29
Dálle que dálle nas Ondas nº 25 da Escola de Lago-Valdoviño
Programa emitido en directo, o día 27-5-13 desde radio Filispim, radio libre e comunitaria de Ferrolterra. Os nenos e nenas cantaron o Maio e leron as 6 poesías que García Lorca escribeu en Galego e diálogos de obras de R. Vidal Bolaño, asi como diálogos feitos por elas e eles. Logo leron as nais e tía textos en galego en honor das letras Galegas
-
28
Dálle que Dálle nas Ondas, da Escola de Lago, dedicado a Madalena Vilar Freire no 1º especial de "Avatares dunha vida"
Foi emitido en directo en Radio filispim, radio libre e comunitaria de Trasancos (Ferrol) o 13-5-13 de 17h a 20,30h dedicado en exclusiva á interesante vida de Madalena, bisavoa de 89 anos que nos mostra a vida dunha época moi dura, enfrentada con forza, amor e dignidade. Participou tamén no programa nº 2, 14 e 16. No 2 contou do antroido, no 14 iniciou o relato da súa vida, no 16 falou en relación ó mar.
-
27
Dálle que dálle nas ondas nº 24, da Escola de Lago de Valdoviño
Foi emitido en directo en Radio Filispim, radio libre e comunitaria de Ferrolterra, o día 29 de abril de 18 a 19 h, falouse da pascua, leronse contos de Galicia e África e Ramón Bacorelle contounos da súa experiencia dos nenos saharauis que veñen nos veráns e da súa propia visita ós campamentos de refuxiados saharauis en Arxelia.
-
26
Dálle que dálle nas ondas da Escola de Lago dedicado a A Capela, 1º especial de experiencias pedagóxicas
Foi emitido en directo desde Radio Filispim, radio libre e comunitaria da comarca de Ferrol. A rescola de Lago, Valdoviño, invitou a contar a súa importante experiencia pedagóxica a Secundino G. Mera e Xabier L. García, mestres do CEIP Mosteiro de Caaveiro, A Capela, prov. da Coruña
-
25
Dálle que dálle nas ondas nº 23, da Escola de Lago-Valdoviño
Foi emitido en directo en Radio Filispim (radio libre e comunitaria desde Ferrol) o 18-03-13 falando en relación ó programa anterior, ós Charamuscas, en á correspondencia escolar, entrevista a Stefanie Pasterkamp: ovos pascua, farois San Martiño, coroas advento, antroido de Basilea... e ás nosas fantasías.
-
24
Dálle que dálle nas ondas nº 22, da Escola de Lago-Valdoviño
Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, Ferrol) o 25-02-13 co remate do tema da Paz e o tema do Antroido e a comparsa da tribu Dogon de África. A matanza do porco con gravación da familia de Sara Arias a Amadora, da zona de Sarria, e da invitada avoa Elvira e lembranzas de Sabela.
-
23
Dálle que dálle nas ondas nº 21, da Escola de Lago-Valdoviño
Vixésimo primeiro programa. Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, Ferrol) o 28-01-13 co tema da Paz e coa participacón das nenas-os, familiares e titora. Neste curso cada programa canta algo de África, por ser o tema xeral do curso dentro do CRA.
-
22
Dálle que dálle nas ondas nº 20, da Escola de Lago de Valdoviño
Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, Ferrol) o 17-12-12 co tema do Nadal: 1ª parte do Belén Vivinte e visita, con entrevista, do Apalpador. Participaron os nenos-as, familiares, titora e o Apalpador (Artabria).
-
21
Dálle que dálle nas ondas nº 19, 1ª parte, da Escola de Lago de Valdoviño
Foi emitido en directo desde Radio Fiispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 3-12-12 (correspondendo ó traballo de decembro) sobre o corpo, o outono e os xogos populares destas datas. Coa participación dos nenos-as (estreáronse as de 3 anos), familiares, titora e Xabier do C. da Capela como invitado. Houbo problemas coa gravación, que quedou cortada á mitade do programa.
-
20
Dálle que dálle nas ondas nº 19, 2ª parte, da Escola de Lago de Valdoviño
Foi emitido en directo desde Radio Filispim (emisora libre e comuniaria que emite desde Ferrol) o 3-12-12 (correspondendo ó traballo de novembro). Entrevista a Xabier López García profesor do colexio da Capela. Por problemas cos aparatos esta parte foi gravada por André (compañeiro da radio) escoitada desde un aparato de radio
-
19
Dálle que dálle nas ondas nº 18 da Escola de Lago de Valdoviño
Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 5-11-12 (correspondendo ó traballo de outubro) sobre o outono, o Samaín, os cogumelos e saídas coas familias. Participaron nenas-os, familiares e titora. Apoiou Fran, compañeiro da radio.
-
18
Dálle que dálle nas Ondas nº 17 da escola de Lago-Valdoviño
Décimo séptimo programa. Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 8-10-12 (correspondendo o traballo de setembro), cos temas: cancións para coñecerse no inicio do curso, a vendima, as abellas contado por J.A. Bogo (gravación), a A. Batalla de Brión según Esteban Fernández (ambos avós) e as saídas familiares, coa participación de nenas-os, familiares e titora. Contamos co apoio de Fran compañeiro da radio.
-
17
Dálle que Dálle nas Ondas nº 6, da Escola de Lago-Valdoviño
Sexto programa. Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e independiente que emite desde Ferrol) o 27-6-2011. Programa especial en defensa da escola, ante o aviso, o día 22-6-11, do seu peche, por parte da Consellería de Educación. Neste programa só estiveron nais-pais e a titora da escola, e por teléfono participaron: André, Rosana e a Directora así como se puxo unha gravación do Alcalde de Valdoviño.
-
16
Dálle que Dálle nas Ondas nº 16, da Escola de Lago-Valdoviño
Décimo sexto programa. Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 18-6-2012 cos temas: os animais, os animais e o mar, pescadores e mariscadores. Coa participación dos nenos e nenas (de 3 a 7 anos), titora, nais-pais e a bisavoa Madalena.
-
15
Dálle que Dálle nas Ondas nº 15, da Escola de Lago-Valdoviño
Décimo quinto programa. Foi emitido en directo desde a Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 28-5-2012 cos temas: os maios e letras Galegas. Coa participación das nenas-os (de 3 a 7 anos), titora, nais-pais, texto do avó Toribio, e comentarios da avoa Elvira. Como invitados estiveron da Escola da Carreira A: nenos-as, profes de música e titora (coa colaboración da profe de inglés) e nais e pais.
-
14
Dálle que Dálle nas Ondas nº 14, da Escola de Lago-Valdoviño
Décimo cuarto programa. Foi emitido en directo desde a Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 30-4-2012 cos temas: tradicións de Pascua, e a casa e a familia. Coa participación das nenas-os (de 3 a 7 anos), titora, nais-pais, a avoa Chelo e a bisavoa Madalena.
-
13
Dálle que Dálle nas Ondas nº 13, da escola de Lago-Valdoviño
Décimo terceiro programa. Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 19-3-2012 cos temas: as plantas, día da árbore, a mulller e o traballo... según se traballaron na escola. Coa participación de nenos-as de (3 a 7 anos), titora, nais pais e Finola. Ademais participou en grupo os invitados da escola de Taraza con nenas-os (de 3 e 5 anos), profe de música (e a colaboración da profe de inglés) acompañados de nais e pais
-
12
Dálle que Dálle nas Ondas nº 12, da Escola de Lago, Valdoviño
Duodécimo programa. Foi emitido en directo desde a Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o día 27-2-2012 co tema do Antroido según se traballou na escola, e con aportacións da ex-escola de Pantín. Coa participación das nenas-os (de 3 a 6 anos), titora, nais-pais e a avoa Elvira.
-
11
Dálle que Dálle nas Ondas nº 11, da Escola de Lago-Valdoviño
Undécimo programa. Foi emitido en directo desde Radio Filispim radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 30-1-2012 co tema da Paz según foi traballado na escola.Coa participación dos nenos-as (de 3 a 6 anos), titora, nais-pais e Domingo falou da súa experiencia en Angola. Ademais o grupo de invitados da escola de Vilarrube cos nenos-as de 3 a 8 anos, profes de música, inglés e titor acompañados de nais e pais.
-
10
Dálle que Dálle nas Ondas nº 10, da Escola de Lago-Valdoviño
Décimo programa. Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 19-12-2011 co tema: O Nadal e as tradicións do solsticio de Inverno, según foi traballado na escola. Coa participación de nenas-os (de 3 a 6 anos), titora, nais-pais e a avoa Elvira e o Apalpador (chamadas). Ademais co grupo de invitados da escola de Vilaboa cos seus nenos-as de 3 a 8 anos, profes de música, inglés e titora, acompañados de nais-pais.
-
9
Dálle que ´Dálle nas Ondas nº 9, da Escola de Lago-Valdoviño
Noveno programa. Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 21-11-2011 cos temas: Samaín, magosto, outono, a semá da ciencia en galego... Coa participación das nenas-nenos (de 3 a 6 anos), titora, nais pais, avoa Elvira e a mestra Pili Rguez Souto e como invitados en grupo: a Escola da Carreira B cos nenos-as de 5 a 8 anos, profes de música, inglés e titora, acompañados de nais e pais.
-
8
Dálle que Dálle nas Ondas nº 8, da Escola de Lago-Valdoviño
Oitavo programa. Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 24-10-2011 co tema: o corpo e inicio do outono, según se traballaron na escola. Coa participación das nenas-os (de 3 a 6 anos), titora, nais-pais e profe de música.
-
7
Dálle que Dálle nas Ondas nº 7, da Escola de Lago-Valdoviño
Sétimo programa. Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 26-9-11 cos temas: o liño no verán, o inicio do curso, a vendima... Coa participación das nenas-nenos (de 3 a 6 anos), titora, nais-pais e as avoas Chelo e Elvira.
-
6
Dálle que Dálle nas Ondas nº 5, da Escola de Lago-Valdoviño
Quinto programa. Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 13-6-2011 co tema: a participación da familia na escola, as saídas, os festivai... según se traballa na escola(e algo do que se perdeu de gravar no programa de maio ). Coa participación das nenas e neno (de 3 a 6 anos), a titora, nais-pais e de Natalia, ex-alumna da escola de Pantín.
-
5
Dálle que dálle nas Ondas nº 4 (parte) da Escola de Lago-Valdoviño
É a parte que quedou gravada do 4º programa. Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 23 de maio do 2011 co tema: os maios, as Letras Galegas e o noso idioma. Coa participación das nenas-os de 3 a 6 anos, titora, nais e pais, Finola e chamada da avoa Elvira e de André.
-
4
Dálle que Dálle nas Ondas nº3, da Escola de Lago- Valdoviño
Terceiro programa. Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 18-4-11 co tema as festas cíclicas do ano según foi traballado na escola. Coa participación dos nenos e nenas (de 3 a 6 anos), a titora, nais-pais, avoas (Chelo e Elvira) e Iago, compañeiro da radio.
-
3
Dálle que Dálle nas Ondas nº1, da Escola de Lago- Valdoviño
Primeiro programa. Foi emitido en directo desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria que emite desde Ferrol) o 21-2-11 co tema da Paz, según foi traballado na escola. Coa participación dos nenos-nenas (de 3 a 5 anos), titora, nais-pais, a bisavoa Maruja do Canarias coa dificultade de escoitar o tf, e Iago, compañeiro da radio.
-
2
Dálle que dálle nas Ondas nº 2, da escola de Lago- Valdoviño
Segundo programa. Foi emitido en directo o 21 marzo-2011, desde Radio Filispim (radio libre e comunitaria da terra de Trasancos-Ferrol) co tema do Antroido según foi traballado na escola. Coa participación das nenas-os, a titora, nais-pais, a avoa Maruja, a bisavoa Madalena e Iago, compañeiro da radio.
-
1
capitulo 1 de Radio Filispim
capitulo 1 de Radio Filispimxxxxxxxxxx xxxxx xxxxxxxx
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Audios da escola de Lago, do Cra o "Esquío" de Valdoviño
HOSTED BY
Escola de Lago-CRA de Valdoviñ
CATEGORIES
Loading similar podcasts...