De Parola

PODCAST · comedy

De Parola

Martín Sorga (@martinsorga9) e Iván Iglesias (@ivan_3i) fundan o podcast "De Parola" pola inquedanza de crear o seu propio espazo divulgativo en galego. Atendendo a todo tipo de temáticas de interese cultural e da actualidade, pero sempre dende unha perspectiva predominantemente humorística.Imos falar da nosa casa, do que nos pete, na nosa lingua.Benvidos e benvidas, estades convidados a participar. Inda que sexa mandandonos á merda.

  1. 34

    "Tremendo HIT de Cousxs e Comarqueo con Raquel Besteiro" - DE PAROLA | 3x18

    Comezamos a traer xentiña ao #DeParola, que xa ían sendo horas. O Cousxs conversou connosco do seu novo EP e do rumbo que está a tomar a súa canle de YouTube. Con Raquel gravamos un episodio (aínda por publicar) do seu podcast A Lareira e quixemos pasar un anaquiño con ela xogueteando e recomendando. Falando de recomendacións: - COUSXS (Causalidades da vida): https://youtube.com/channel/UCiVIO1EwXrM-nH2AQnlJ5HA - Sofía Barbosa: https://youtube.com/c/SofiaBBeauty - Miguel Luz: https://youtube.com/c/MiguelLuz - MJ Pérez, videoclip: https://youtu.be/mBYawzNAyqM

  2. 33

    "Foliada do C. Tangana" - DE PAROLA | 3x17

    - Subscríbete á canle propia de #DeParola: https://i.gal/MSutq Lembrade subscribirvos porque de aquí a un pouco comezaranse a subir os #DeParola á canle nova. Xunto cos contidos propios dos Patreon, onde nos podedes apoiar tamén nesta ligazón: https://i.gal/UyNFe Nun programa nocturno (que non se nota excesivamente debido a que nos gustan moito os LEDS), no que estivemos ben relaxadiños por ser venres noite, falamos de empresas de Mos, o Madrileño... e Martín trouxo de novo o xogo das comarcas, nós recomendamos: - Entroido. Antroido. Entrudio (Documental): https://i.gal/L7f9f - Comando Sabor - Lora (ft. Verto): https://i.gal/NIpsF

  3. 32

    "Luns de Entroido e pouca SAMBA" - DE PAROLA | 3x16

    Un episodio gravado en vivo e en directo no noso ultimo streaming en Twitch. Onde nos podedes atopar, coma en todas as nosas redes, co nome: De_Parola. Neste episodio lamentamos non estar de batucada ou mexando nun descampado e compensamolo tratando de quitarvos un sorriso ou entretervos un anaco. Recomendamos: - Ecos de Xigantes: https://www.twitch.tv/ecosdexigantes - Método Criminal: https://www.youtube.com/watch?v=xbIWdqowTMA

  4. 31

    "Camisetas dignas de Pull&Bear en camiño" - DE PAROLA | 3x15

    Unhas camisetas tremendas, iso queredes?!? Pois ide dando ideas porque non sabemos por onde tirar. Falamos das discusiones nas redes sociais, dun ataque cibernético ao Parlamento de Galiza que, sen dúbida, marcará a nosa xeración e do posible inicio do noso imperio textil. Recomendamos: - Xeracion Vós: https://www.twitch.tv/xeracionvos - "Midas" de Tanxugueiras: https://www.youtube.com/watch?v=qjCeKRoGS8s

  5. 30

    "AMAZON boicotea a BALTAR... E máis Andorra" - DE PAROLA | 3x14

    Despois dun directo desastroso voltan cun programa caralludo os paroleiros. Falamos de novas de apariencia surrealista sobre a Deputación de Ourense, vacinas especiais para alcaldesas e un bocadinho de 4nd0rra sempre se barallou. Recomendamos: - "Hotel" de Luis Franco Bastos. Unha serie de ficción sonora dispoñible en SoundCloud: https://soundcloud.com/lfrancobastos - Olaxonmario: https://www.youtube.com/channel/UCk7ckMTrXVZZGTP8i8OtAgg - Observador (que non observatório) jornal dixital: https://observador.pt/

  6. 29

    "Pido un bolígrafo violeta E PASA ISTO!!!" - DE PAROLA | 3x13

    Tremenda odisea para gravar este programa, como cada vez que nos fan gravalo dende casa. Falamos do tabú da menstración, de videoxogos galegos e da frustración de seguir tropezando co mesmo coio. Recomendamos: -ORGULLO GALEGO: https://www.youtube.com/channel/UCe47pH8XQw57JdwKKhZu9pw -GALIZA EN PÉ: https://www.youtube.com/channel/UCslCRGVK4WAHDTGh0ZripYw

  7. 28

    "O exbanco de Puga e o #XacobeoParoleiro" - DE PAROLA | 3x12

    Un #DeParola resultado de moitos días festivos e de non facer absolutamente nada. Un programa pausado no que aproveitamos para falar do Xacobeo 2021 - 2022 e dun banco da localidade de Puga, en Toén, que tras ser desfrutado como picadero por Martín Sorga repetidas veces foi substituído por unha masa de cemento. Recomendamos: -COUSXS: https://www.youtube.com/channel/UCiVIO1EwXrM-nH2AQnlJ5HA A SÚA NOVA CANCIÓN: https://www.youtube.com/watch?v=-vm0yUAvdtw - RECUNCHO GAMER: https://www.youtube.com/channel/UCqbohZKRrOTtvsR2H1Qjwig

  8. 27

    "O topicazo que deixas" - DE PAROLA | 3x11

    Comezamos da proba e continuamos porque somos un par de xenios da comunicación como se pode apreciar en todos e cada un dos programas desta temporada. Desta vez falamos das vindeiras eleccións portuguesas, dun neno conductor, dunha serie gayega e demais temas de moito interese para a sociedade galega. As recomendacións deste programa son: - XAN (Serie): https://www.youtube.com/channel/UCmv0WMuik2Ll5VfPoCvNnvA - ONS (Película): https://www.youtube.com/watch?v=3A4euPrpZQU - COME A COMARCA (Programa): http://www.crtvg.es/tvg/programas/come-a-comarca - OS CASTROS (Programa): http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/os-castros-1

  9. 26

    "Oito Apelidos de Meirás" - DE PAROLA | 3x10

    Desta vez, tras unha sección máis dun Iván que está farto da sociedade pandémica, falamos de Meirás, da interpretación do Feijóo heroico e demais asuntos da "city" ourensá. Traemos connosco a Reisvas que xogou a un novo invento de Martín Sorga. As recomendacións foron: A comunidade do Twitch en Galego: https://twitter.com/GalegoTwitch Un dos ultimos episodios do Té con Gotas: https://www.ivoox.com/47-o-regreso-lady-di-e-entrevista-audios-mp3_rf_60924707_1.html

  10. 25

    "Como colocar luces de Nadal... PROCURAR" - DE PAROLA | 3x09

    Estamos á procura dun/dunha decorador/a para o noso humilde estudo de gravação de podcast. Se estás interesadx manda currículo a [email protected]. Á parte diso estamos ben contentos de que o levantamento das restricións na área ourensá nos permita bicarnos apaixoadamente. Desta vez falamos do tema BNG (peresote) e de variadas temáticas relacionadas ca chegada da época natalicia e do inverno. As recomendacións: - Kings Dragon Esports: https://kingsdragon.es/ (A recomendación de Iván foi o podcast "OMETAPODCAST". Cando estea dispoñible adxuntaremos aquí a ligazón).

  11. 24

    "Gustos raros... Como votar a Antón Gómez-Reino" - DE PAROLA | 3x08

    Que tal se lle adicamos ao señor "oBNGvaiserirrelevante" unha descrición silenciosa? Pois veña! . . . . Que isto é unha excusa para non traballar? Que parvada é esa!! Recomendamos a xente como: - MALTINE: https://www.youtube.com/channel/UCIMgUBHykMFBQ4EMHeMYqzQ - "COSTURAS" de Guadi Galego: https://www.youtube.com/channel/UCROXVXNMyYJRZhekZ8fa1jQ/featured

  12. 23

    "PERO NON TIREDES O CRUCEIRO HOMEEEE" - DE PAROLA | 3x07

    Feijóo responsabiliza a + teclado predictivo... Desta vez falamos de linguas vehiculares de illas nas que a ultradereita é decisiva e, como non, de capitán furales. Unha vez máis Sorga penso que coñezo os miles de topónimos da nosa NAZÓN GALEGA. Hoxe recomendamos á boa xente de: - PradoRúa: https://www.youtube.com/channel/UCN7yhe8d0CNj6KdlIkWT9kg - CousasRarismASMR: https://www.youtube.com/channel/UC59LurczeXkyHRdBkkAePTg - Carmela Cela: https://www.youtube.com/channel/UCcdCDPoZxP-bdDXXwf8id2w

  13. 22

    "Un programa diferente, un programa con CABALOS" - DE PAROLA | 3x06

    Sí, imos falar deso. De que? Estaraste a preguntar, de entre todos os "monotemas" que ocupan a actualidade... Pois do anunsio do Ghadis, da moción de censura a Jácome e das eleccións dos EEUU. C0rºnav¡rus? Tamén un pouco. Desta vez recomendamos á rede de streamers en galego. E agardamos que sexan moitas e moitos máis! Twitch en galego: https://twitter.com/GalegoTwitch

  14. 21

    "Un confinamento que é unha MARABELA" - DE PAROLA | 3x05

    Un pouco de confinamentos, restricións, peches, toques de recollida e merdas varias. Algo de realidade politica da cidade de Ourense, Galicia e, xa nun segundo plano, os orzamentos portugueses e as eleccións estadounidenses. Para relaxar un pouco de tanta barallada Martín Sorga trae o seu xogueteo de acertar o camiño da veiga de arriba do pobo máis ínfimo deste lado do Padornelo. Tamén recomendamos a boa xente e proxectos coma estes: - MJ Pérez: https://www.youtube.com/channel/UCu0bLWyuaXx9HowKizJzV1A - LGx15: https://lgx15.gal/ Pola sombra!!

  15. 20

    "PABELLÓN ¿?" - DE PAROLA | 3x04

    Como facer un podcast a distancia? Pois neste programa demostrámolo. (Se queres titorial so tes que pedilo). Falamos de algo máis que da ansiosa actualidade pandémica, falamos dos chíos do Martín Sorga adolescente e recomendamos a boa xente coma esta: NATURIZA:https://www.youtube.com/channel/UC3fixcrrxh_dTRtibMQYYlw/videos ANXO SÁNCHEZ:https://www.youtube.com/channel/UCK1RqGFQZ4U1JtRWXiU0how

  16. 19

    "Carta de merda a Gallicia e o confinamento ourensán" - DE PAROLA | 3x03

    Martín Sorga anda ben nervioso porque as restriccións na cidade de Ourense aumentan co paso das semanas e eso fai peligrar as gravacións dos seguintes programas. Na súa sección, Iván, falou do tiktok gaiego, da plataforma pola creación da XabarínTV e da moi compartida Carta de amor a Galicia. Volveron xogar a "Acertas do sitio, ou?" e recomendaron música e algunha que outra canle de youtube en galego.

  17. 18

    "María Dibuja 2023" - DE PAROLA | 3X02

    Pode ser que se gravase un programa enteiro realmente resultón pero que o son fixese o que lle deu a gana? É realmente probable. Neste programa Iván comeza a súa sección (flipándose un pouco) e ambos van collendo ritmo. Se preguntas pola repentina obsesión por María Dibuja, tampouco eles teñen nin idea. Tamén boas recomendacións no #FranquismoGalego, entre elas o concurso #youtubeiros #youtubeiras e o festival de cine OUFF. #DeParola

  18. 17

    "Cómo exercer a competencia de Industria TITORIAL COMPLETO" - DE PAROLA | 3x01

    Comeza unha nova temporada no medio da volta ao cole e tras un verán frenético. Martín Sorga e Iván Iglesias agora estanse acostumando a realizar o De Parola en directo, porque o de editar os programas non vai con eles. Renovan sintonías, seccións, apariencia... Pero o humor segue igual. Se vos apetecen uns directos de Twitch so tedes que pedilo #DEPAROLA

  19. 16

    "O CALMAS contra a crise do Coronavirus" - DE PAROLA |2x08

    Continúa o estado de alarma e, polo tanto, tamén o #EstadoDeParola. Desta vez Martín Sorga e Iván Iglesias despotricarán sobre a xestión educativa durante esta pandemia mentres escoitan outras versións da historia. A de Ricky Dias, periodista da Cadena Ser e amigo, que conta como vive a corentena en solitario no seu piso na cidade de Madrid. Tamén Olaxonmario barallará un pouco nada máis sobre o tema e Pablo González aportará o punto de vista dun estudante de enxeñería que se atopaba de Erasmus en Lisboa. Destacamos nas recomendacións o programa diario que se pode ver en Twitch: Hai Corentena. E, por qué non, será posible que algunha persoa volva a facer maratón de Pratos Combinados!!

  20. 15

    "Mentres non morran imos seguir tendo amigos" - DE PAROLA | 2x07

    O título é unha frase de Martín Sorga, por se queredes citalo nalgures segundo a normativa APA. Hoxe os nosos presentadores convertense en Ferreras a distancia, decidiron que era a coxuntura ideal para subir programas sen un desfase de dous meses e para eso aproveitan a corentena. Neste #DeParola tiraron dalgúns amigos que se atoparon ca crise do coronavirus en momentos delicados de adaptación e cambios. Tiveron a ben contarnos a súa experiencia Natalia Feijoo (enfermeira) e David Serantes (enxeñeiro informático que nos acompañou no anterior episodio) O Franquismo Galego baséase nas diferentes iniciativas que se están a levar a cabo nas redes sociais (retos, concertos en aberto, gratuidade de contido audiovisual...) só teredes que pesquisar un pouco. E lembrade. Todo esto é porque #EuQuedoNaCasa

  21. 14

    "A porra que xa non vale e o modelo flipao" - DE PAROLA | 2x06

    Que sí, que veñen tarde outra vez. Prometen que xa é a última, que o vindeiro programa terá un pouco de actualidade. Nesta edición de #DeParola gravada en febreiro Martín e Iván anímanse a facer unha porra, xunto co seu convidado: David Serantes, das eleccións do 5A. Sí, as canceladas. David falou no Amiguismo Moderado do seu traballo coma enxeñeiro informático e do seu proxecto na moda, colaborando en Mondo Fashion Vigo. As recomendacións do Franquismo Galego foron variadas: Entre elas varias curtametraxes coma a saída do Desafío Illas Cíes: Onde Durmen As Gaivotas, pasando por grupos coma Monolious DOP que sacan LP fai pouco ata chegar aos asentamentos romanos de Bande. Para tódolos gustos vamos. Lembra! #EuQuedoNaCasa

  22. 13

    "CAMPIÓN MUNDIAL DE DEBATE HUMILLA A DOUS CONFUSOS PRESENTADORES" - DE PAROLA | 2x05

    Qué tal levades o de escoitar programas con meses de antigüidade? Se a resposta é ben, neste episodio de #DeParola atoparedes a dous gozosos rapaces contentos de ter consigo ao gran Iván Olmos Ferreiro: Campión Mundial de Debate, candidato ás eleccións do 28A (abril, 2019) na circunscrición de Ourense por En Marea e integrante do consello do mesmo partido. Entre outras cousas. Nalgún momento dixo que se vía a De Parola sería para falar de callos. Non o cumpliu. Qué se pode agardar dun político así? Xa ven, poden disfrutar deste tremendo #amiguismomoderado nun día tan apacible de corentena. Ánimo e a seguir. #EuQuedoNaCasa

  23. 12

    "O Belén de Jácome e os xeitos de limpar o cú" - DE PAROLA | 2x04

    Este De Parola nocturno gravouse o 28 de decembro. A intención era que saise en reis. Como vedes non foi así. Martín Sorga e Iván Iglesias falan do Nadal ourensán, dos xeitos de limpar o cú e de como as ganas de gravar do primeiro voltaron polas festas coma o turrón Almendro. Procuramos voluntarias que lle veñan soplar á cámara para que non queza en exceso durante a gravación e non teñan que utilizar o mobil.

  24. 11

    "Badaladas con Kinder Maxi" - DE PAROLA | 2x03

    Voltan polo nadal, pero non se emocionen. Se cadra Martín Sorga (@MartinSorga) poida ter outro baixón de ganas de gravar podcast e quedan a velas vir... Polo de pronto con este programa pretenden facer unha estrea en YouTube con 0 espectadores. Así llo transmitiron a Eduardo Sevillano (@edusevillano) o invitado telefónico do #AmiguismoModerado. Así e todo, atentos ás badaladas. Non teñen desperdicio...

  25. 10

    "QUEREMOS IR AOS MESTRE MATEO" - DE PAROLA | 2x02

    O estudio está fresco para a volta destes dous presentadores vidos a menos tralo fiasco vivido no OUFF. Martin Sorga (@martinsorga9) e Iván Iglesias (@ivan_3i) ante todo piden perdón por non estar a altura da honra que é ter o pase de prensa do festival de cine de Ourense. Sen embargo, non contentos con eso, seguen a probar se de verdade hai alguén que lles faga caso por Twitter. Queren ir aos Mestre Mateo e tamén unha entrevista no Galicia por Diante, non baixarán de aí. No #AmiguismoModerado fan un par de invitacións e no #FranquismoGalego un par de recomendacións relacionadas co OUFF.

  26. 9

    "De Parola Castrexo na Boa Vila" - DE PAROLA | 2x01

    Botáronse á rúa!! Os nosos presentadores atópanse fóra do seu hábitat, coma Feijóo nun piñeiral ou Jácome nun minuto de silencio. Comezan a plantexar a nova tempada que terá lugar durante este curso e barallan un pouco sobre Pontevedra e a súa xestión. Ademáis de presumir de ser uns tuitstars ;)

  27. 8

    "Jácome V.S. FITO e a cagada de fin de tempada" - DE PAROLA | 1x07

    Nesta gravación de fin de tempada todo estaba a saír ben, de puta nai incluso. Martín (@martinsorga9) e Iván (@ivan_3i) estaban frescos, non tiñan público en directo polo cal preocuparse, fixeron unha entrevista por teléfono marabillosa e recomendaron cunha despedida emotiva. Amarraron os micros e fixeron todo o programa de unha, sen pausas nen dúbidas de ningún tipo, pero ao finalizar o #FranquismoGalego deronse conta que non gravaran a metade do programa... Cousas que pasan, é a súa seña de identidade. Tédelos que querer así ;) Deica a vindeira tempada, logo voltamos non se preocupar!!

  28. 7

    "¿Qué querrá decir 'tapóns de plástico'?" - DE PAROLA | 1x06

    Seica a Hugo Chamorro non lle importaría ser bilingüe en castelán e inglés porque é unha lingua que lle gusta moito. Bertín Osborne ven de descubrir as redes sociais para malura de todxs aquelxs que habitan Twitter. Os de Hablamos Español seguen a facer das súas polas praias da Coruña. No #AmiguismoModerado comentamos o vrao de Álex Corbillón (@alexcorfei) que, segundo el, foi tremendamente farturento. O #FranquismoGalego ven completo e literario, Martín Sorga(@martinsorga9) recomendou, e recomendou ben.

  29. 6

    "A hora quente de Bea Pereiras e Pedro Sánchez" - DE PAROLA | 1x05

    Faise de noite, despois de cear e gravar un programa aos nosos presentadores entralles un pouco o sono. Ben se ve no resultado, se non fose pola nosa invitada do #AmiguismoModerado, Bea Pereiras (@beapereiras18) e mailo seu compañeiro Ricardo (@rickyy_gd) a cousa non tería saído moi ben. Falan de por qué comezaron co podcast (cando van no quinto episodio...), de sexo e dalgunhas baralladas que meten polo medio e nin eles lembran. No #FranquismoGalego a cousa vai de redes e internet. Pódesnos ver/escoitar en Youtube, Ivoox e Spotify!!

  30. 5

    "Martín Sorga, o pirómano reformado" - DE PAROLA | 1x04

    Quixeron probar qué acontece cando gravas dous programas nun mesmo día... Pois esto. A salvación, curiosamente, foi falar de incendios e que Ricardo García (@rickyy_gd) trouxese un par de agasallos para adornar a mesa no #AmiguismoModerado. Por pouco non atopan unha recomendación no #FranquismoGalego e Martín Sorga (@martinsorga9) estase a gañar unha intervención por semellantes chistes.

  31. 4

    "Reintegratas, fillos da puta" - DE PAROLA | 1x03

    Hoxe a actualidade ten que ver co xornal La Región e as novidades do bus urbano en Ourense. #ABarallada ven algo faltosa, se cadra algún reintegrata pode sentirse ofendido... A verdade tanto nos dá. No #AmiguismoModerado consultamos este denso tema con Adrián Reis, e traemos boa música en galego-portugués no #FranquismoGalego.

  32. 3

    "A Rosalía e os teleñecos ao lombo" - DE PAROLA | 1x02

    Unha De Parola nocturna sorprende pola súa comodidade e relaxación. Non tanto pola falta de calor. Martín Sorga e Iván Iglesias tocan o tema das redes socias, cómo eles comezaron a vivilo e como o viven a día de hoxe. Comezan venerando a PM+J e rematan co #FranquismoGalego e novas recomendacións culturais. O #AmiguismoModerado queda ben cuberto co Martín González. Abstemio das redes sociais que facilmente solta a lingua e parola agradablemente. Qué chavalada tan amable e lozana.

  33. 2

    "O desbrozador e a mensaxe ao noso líder supremo" - DE PAROLA | 1x01

    Martín Sorga (@martinsorga9) e Iván Iglesias (@ivan_3i) aínda están no proceso de adaptarse ao entorno e a duración dos programas. Teñen por unha banda a un tipiño que pasa o programa e, pola outra, unhas mensaxes que teñen un claro destinatario: os líderes supremos da cidade e provincia de Ourense. Tamén contan ca presenza de Adrián Diz, no #AmiguismoModerado. E no #FranquismoGalego fan as súas primeiras recomendacións culturais en galego. Teñen o seu criterio en boa estima...

  34. 1

    "Os pais fundadores" - DE PAROLA | 1x00

    Martín Sorga (@martinsorga9) e Iván Iglesias (@ivan_3i) fundan o podcast "De Parola" pola inquedanza de crear o seu propio espazo divulgativo en galego. Atendendo a todo tipo de temáticas de interese cultural e da actualidade, pero sempre dende unha perspectiva predominantemente humorística. Imos falar da nosa casa, do que nos pete, na nosa lingua. Benvidos e benvidas, estades convidados a participar. Inda que sexa mandandonos á merda.

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Martín Sorga (@martinsorga9) e Iván Iglesias (@ivan_3i) fundan o podcast "De Parola" pola inquedanza de crear o seu propio espazo divulgativo en galego. Atendendo a todo tipo de temáticas de interese cultural e da actualidade, pero sempre dende unha perspectiva predominantemente humorística.Imos falar da nosa casa, do que nos pete, na nosa lingua.Benvidos e benvidas, estades convidados a participar. Inda que sexa mandandonos á merda.

HOSTED BY

Iván Iglesias

CATEGORIES

URL copied to clipboard!