PODCAST · arts
Comezos
by Radio Ateneo
Este é un programa que pode resultar concurso... Ou non. Iremos presentando comezos de libros para que a audiencia poida adiviñar de que obra se trata e así saber ata onde é coñecedor da obra publicada en galego.Dende o máis doado de todos ata outros máis difíciles.
-
14
Botou as cascas de laranxa ao mar...
Botou as cascas de laranxa ao mar. Goteáballe o zugo polas mestas barbas. Berroulle ao rapaz que estaba facendo uns estrobos na gamela.
-
13
Non señor, non lle foi eisí...
–Non señor, non lle foi eisí como está nise papel que leron, que os papeis teñen conta do que lle poñen enriba, anque non foi moito o que entendín. Eiquí, o siñor, bulía moito a ler, e a máis diso non estamos moi afeitos a ouvir ler en castelán, que eiquí non o falamos; e cando un que non sexa señorito se bota a falalo, decímoslle que fala castrapo…
-
12
Escuro...
Escuro: 1. Que está privado de luz ou claridade, de xeito que non se ve ou se ve mal...
-
11
A fuxida de Antonio
A fuxida de Antonio, Antón, sábela. Víchela mesmo publicada. Terás que procurar algunha documentación máis detallada...
-
10
A fraga é un tapiz de vida...
A fraga é un tapiz de vida apertado contra as engurras da terra. Nas súas convas, afúndese; nos seus outeiros elévase, e nas súas chairas, iguálase...
-
9
Queimar era un pracer...
Queimar era un pracer.Proporcionaba un gozo especial ver os obxectos devorados polo lume, ennegrecidos e transformados. O sangue batíalle na cabeza cada vez que agarraba a boca da mangueira e a pitón enorme cuspía queroseno velenoso sobre o mundo. Entón as súas mans convertíanse nas mans dun director de orquestra incrible e con elas dirixía sinfonías de lume e resplandor ata derrubar os rescaldos da historia.
-
8
Agora vou contar a historia do meu irmán...
Agora vou contar a historia do meu irmán. Si, quero falar do meu irmán, Jonathan Corazón de León. É case como unha lenda, e mesmo ten algo de historias de pantasmas, pero é a pura realidade. En serio. Aínda que se cadra só Jonathan e mais eu podemos contalo.
-
7
Os ollos de Tareixa Louzao ilumináronse cando leu o remite...
Os ollos de Tareixa Louzao ilumináronse cando leu o remitente do voluminoso sobre acolchado que lle acababa de entregar o carteiro. Ver escrito o nome de seu irmán, de quen non tiña noticias desde había case dous meses, quitoulle un peso de enriba.
-
6
Margot fíxase nos cadros da película...
Margot fíxase nos cadros da película, fotogramas chámanlles agora pero antes dicíanlles cadros, e vánselle os ollos para Marlon Brando. Obsérvao detidamente. Hai moita xente na cola para coller as entradas do cine. Non é unha película calquera. É nada menos que O último tango en París, da que tanto se tiña falado e que, incluso, algunha xente fora ao estranxeiro para podela ver.
-
5
O venres en que ía ser violada amenceu bochornoso...
O venres en que ía ser violada amenceu bochornoso, a cidade pugnando por tirar os cumes dos edificios por fóra dos farrapos da néboa. Desde a fiestra do seu cuarto Sofía contemplou as casa que os separaban da beiramar envolveitas na brétema que sobre da auga co inicio da primavera, mais que ás veces apura e se adianta ao entroido, atoando a circulación dos cocehs e das palabras. Febreiro estaba comezando.
-
4
Rei Artur soubera...
Rei Artur soubera...Este é o noso cuarto comezo. Escoitádeo xa e intentade averiguar de que obra se trata.
-
3
Se realmente queredes saber de que vai esta historia...
Se realmente queredes saber de que vai esta historia...Este é o noso terceriro comezo. Escoitádeo xa e intentade averiguar de que obra se trata.
-
2
Chamábase Luis. Un cateiro gravou o seu nome na pedra gris...
Chamábase Luis. Un cateiro gravou o seu nome na pedra gris que cobre o seu nicho.Este é o noso segundo comezo. Escoitádeo xa e intentade averiguar de que obra se trata.
-
1
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Este é un programa que pode resultar concurso... Ou non. Iremos presentando comezos de libros para que a audiencia poida adiviñar de que obra se trata e así saber ata onde é coñecedor da obra publicada en galego.Dende o máis doado de todos ata outros máis difíciles.
HOSTED BY
Radio Ateneo
Loading similar podcasts...