PODCAST · arts
[GL] 13 Avisos. Un podcast que mete medo
by Berrobamban
Un podcast de Berrobambán e NVelar escrito, dirixido e presentado por Paula Carballeira. Este podcast naceu a partir dun libro, publicado por Edicións Xerais en galego e por Diego Pun en castelán, que á súa vez xurdiu dos obradoiros sobre historias de medo que Paula Carballeira imparte en centros de ensino coma o IES Cacheiras de Teo ou o CEIP Trabenco de Leganés.Nos 13 capítulos do podcast atoparedes unha Paula ao máis estilo Hitchcock, historias cheas de intriga e misterio, algunhas delas incluídas no libro e outras de nova creación para alén doutras seccións que vos sorprenderán.
-
13
CAP 13 - CONTAXIO
O medo ao contaxio xurdiu con forza despois da pandemia de COVID do ano 2019, pero sempre estivo presente. Algúns relatos de terrorbeben del, e mesmo lle dan un xiro inesperado. Deixamos para o episodio número 13 do noso podcast un dos temores que máis nos asustan e a entrevista coa recoñecida autora Ledicia Costas, que tanto ten escrito sobre o tema, en diferentes formatos e para lectoras e lectores de todas as idades. Síguenos en https://www.instagram.com/berrobamban e participa nos sorteos de exmplares de 13 Avisos asinados por Paula Carballeira
-
12
CAP 12 - ÁRBORES SINISTRAS
Unha árbore seca retorcendo as ramas cara ao chan ou cara ao ceo avísanos de que a morte non anda moi lonxe, quizais engruñada nas súas propias raíces. No relato de hoxe, esa árbore está no medio dunha urbanización, resistindo o paso do tempo. Ademais, descubriremos unha historia do noso ataúde de cartón e entrevistaremos a Nate Borrajo, actriz, autora e profesora, arredor do seu traballo e do libro “13 avisos. Contos para ler pola noite” que emprega para traballar a creación literaria e a expresión oral co seu alumnado.
-
11
CAP 11 - APARICIÓNS
Acosar para que ninguén nos acose. Se cadra fixemos iso algunha vez, e sentímonos culpables de covardía, de medo. O conto deste capítulo fala das terribles consecuencias e, ademais, leremos outro relato non menos inquietante na sección “Historias do ataúde” e entrevistaremos a Xaime Lis, da libraría Kómic, para saber un pouco máis do terror na banda deseñada e coñecer as súas preferencias
-
10
CAP 10 - FLORES MURCHAS
Que segredos se agochan entre a veciñanza? Quen son realmente as persoas coas que nos cruzamos cada día? Que sabemos delas? Pouco, moi pouco. Por iso temos tanta curiosidade. Neste episodio falaremos do que nos avisa o cheiro a flores murchas, leremos un pequeno relato do noso ataúde de cartón e entrevistaremos a Alicia..., unha creadora moi nova e cunha gran sensibilidade artística.
-
9
CAP 9 - UN COELLO CUN COITELO
O medo e a tolemia están tan preto que ás veces os confundimos. Temos pánico a ver o que ninguén ve, a que nos acose unha imaxe estraña e ameazante, que vive porque nós a alimentamos. Diso trataremos neste episodio, e falaremos con Quico Cadaval, un extraordinario narrador, arredor dos medos e da súa sesión de contos “Fantasmas familiares”.
-
8
CAP 8 - A RAPAZA DO ESPELLO
As lendas urbanas están nos límites de realidade. Dámos por feito que aconteceron, cremos as testemuñas que nolas contas ou a quen llelas contaron. Unha das máis coñecidas é a da rapaza que se aparece cando a invocas diante dun espello, e é que os espellos sempre nos desacougan. Ademais, neste capítulo entrevistamos a Emma Pedreira, que nos falará do seu libro “A parte dos anxos”, una orixinal mestura de terror, humor e tenrura.
-
7
CAP 7 - LAVAR DE NOITE
A noite é o momento do misterioso, onde se manifestan as diferentes formas do descoñecido. Podemos interferir coa nosa presenza, tan insistente, se sabemos como confrontar o que nos atopemos. Parece que ninguén lava xa nos lavadoiros dos ríos. Parece. Atrevédevos a descubir os nosos relatos e a escoitar a entrevista co recoñecido escritor Carlos Negro, un creador sen límites dentro da literatura que nos fala do medo e da súa novela “Non cantan paxaros neste bosque”, cun título tan intrigante como o que garda dentro.
-
6
CAP 6 - CASAS ABANDONADAS
Hai unha casa abandonada sempre preto, chea de misterios e segredos, e non podemos evitar querer entrar nela, pícanos tanto a curiosidade que esquecemos os riscos. Neste episodio contaremos algunhas historias de casas abandonadas, e tamén descubriremos un microrrelato do noso pequeno ataúde de cartón, e entrevistaremos a Juan Lago, profesor e asesor de Educación, unha das persoas que contribuiu co libro de "13 avisos" falándonos da Casa do Medo de Louro.
-
5
CAP 5 - OBXECTOS MALDITOS
Obxectos malditos son aqueles que atraen ou gardan ánimas en pena, espíritos con sede de vinganza, desgrazas sen razón aparente. Neste episodio falaremos da ouija, ese taboleiro que nos permite comunicarnos co Alén, e entrevistaremos a Chus Rodríguez, profesora no IES de Cacheiras, onde cada curso Paula Carballeira imparte un obradoiro sobre como contar contos de medo, a partir do cal xorden as ideas para escribir as historias de "13 avisos".
-
4
CAP 4 - PESADELOS
Non podedes evitar soñar, nin ter pesadelos. Polo xeral, tranquilizámonos ao espertar, pero, que acontecería se os pesadelos irrompen tamén na nosa vida á luz do día? Diso falaremos neste episodio, no que tamén leremos algún microrrelato e entrevistaremos a Fran Alonso, autor do libro "A curva da pantasma" e responsable de Edicións Xerais de Galicia, editorial na que está publicado "13 avisos".
-
3
CAP 3 - RÚAS SEN SAÍDA
Atopástesvos algunha vez nunha rúa sen saída? Tivestes a sensación de que algo ou alguén está detrás, agardando pacientemente a que vos deades a volta? Neste episodio contaremos unha lenda urbana asociada a esas rúas ou calellas sen saída que hai en todas as cidades, abriremos o ataúde de cartón dos microrrelatos e entrevistaremos a Yoshi Hioki, narrador xaponés residente en Barcelona, para que nos fale das lendas urbanas xaponesas, de Yokais e dos seus propios medos.
-
2
CAP 2 - BONECOS E BONECAS
Xa está dispoñible o segundo episodio de “13 AVISOS”. Desta vez, temos como protagonistas bonecos e bonecas do lado sinistro e entrevistaremos á escritora e especialista no Próximo Oriente Antiguo Erica Couto Ferreira ... Correde a escoitalo!E lembrade, se queredes gañar un libro de 13 AVISOS dedicado pola autora, Paula Carballeira, participade no concurso, compartide o voso microrrelato, deixade que a vosa imaxinación voe polos lugares máis escuros... As bases están na publicación fixada e nas historias destacadas do noso instagram.
-
1
CAP 1 - GOLPES NA PAREDE
Sabedes que significa escoitar tres golpes na parede, especialmente nas noites de inverno, cando a néboa nos envolve? É un aviso de que algo extraordinario vai acontecer, algo relacionado co misterio e co medo que lles temos aos feitos que non podemos explicar. Contaremos un par de historias arredor deste aviso, abriremos o ataúde de cartón que garda os microrrelatos de quen quere compartir connosco os seus terrores e falaremos con Iria Fafián, a ilustradora do libro que deu orixe a este podcast publicado en Edicións Xerais.
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Un podcast de Berrobambán e NVelar escrito, dirixido e presentado por Paula Carballeira. Este podcast naceu a partir dun libro, publicado por Edicións Xerais en galego e por Diego Pun en castelán, que á súa vez xurdiu dos obradoiros sobre historias de medo que Paula Carballeira imparte en centros de ensino coma o IES Cacheiras de Teo ou o CEIP Trabenco de Leganés.Nos 13 capítulos do podcast atoparedes unha Paula ao máis estilo Hitchcock, historias cheas de intriga e misterio, algunhas delas incluídas no libro e outras de nova creación para alén doutras seccións que vos sorprenderán.
HOSTED BY
Berrobamban
Loading similar podcasts...