PODCAST · music
Todos os podcast | Consellería do ritmo
by AGalegaAudio
Consellería do Ritmo emítese os domingos ás 22:00 horas en Radio Galega Música. Tito Lesende produce e conduce unha serie de capítulos monográficos ou temáticos arredor dunha charla repousada cun artista no ámbito rock ou pop galego. Os músicos e músicas terán un espazo preferente, e poderán compartir protagonismo con outros axentes da escena musical galega: axentes, promotoras, recintos senlleiros etc.
-
27
Vituco Neira
Vituco Neira, líder de Ruxe Ruxe e divulgador musical na Radio Galega, é un dos grandes axitadores do rock galego. Aproveitando os 25 anos do seu grupo, visita a Consellería do Ritmo para conversar con Tito Lesende sobre a adrenalina do escenario, a importancia do punk, a súa experiencia radiofónica ou a preservación da aldea de Aríns sen semáforos.
-
26
Iván Ferreiro
A Consellería do Ritmo recibe a visita de Pablo Novoa, referente da música pop en Galicia nas últimas catro décadas. Este vigués foi membro fundador daquela banda chamada Golpes Bajos. E logo formou La Marabunta, foi director musical dos espectáculos do Xabarín Club e tocou ao longo dos anos como integrante ou colaborador de Los Ronaldos, Los Enemigos (ou Josele Santiago), Julieta Venegas, Bebe ou Iván Ferreiro, entre outros. Tamén ten os seus propios proxectos, como Pablo Novoa, Radio Pesquera (con Nono García) ou Diario de Navegantes (con Budiño). O reto do conselleiro Lesendeé falar de todo iso en 60 minutos.
-
25
Adrián Costa
Adrián Costa foi un neno prodixio a quen se podía ver tocando a guitarra e cantando polos bares de Compostela cando tiña 13 anos. Daquela formou a Red Blues Band co seu colega Marcos Coll, mestre da harmónica, con quen máis tarde montaría Los Reyes del KO. Co paso do tempo, Adrián fixo xiras tocando con músicos tan importantes como Mick Taylor (Rolling Stones) ou Buddy Miles (Jimi Hendrix). A través das súas aventuras profesionais, viviu e traballou durante moitos anos en Madrid, Berlín e California, pero agora regresou a Santiago de Compostela e dende aquí defende algúns proxectos gozosísimos: The Criers, Los Saxos del Averno ou o supergrupo Combo Paradiso, entre outros. É un gusto para a Consellería do Ritmo recibir a Adrián Costa, instrumentista con clase, home de mundo e xefe das músicas modernas de raíz negra.
-
24
Pauliña
Desta volta, a Consellería do Ritmo recibe a Pauliña, un furacán, unha excelente conversadora e, sobre todo, unha desas artistas tan necesarias nunha escena musical demasiado dominada polos homes. Pauliñaé unha moza de vinte e cinco anos, chega dende Cambados, fai vida en Santiago de Compostela pero tamén deixou pouso en Ourense ou mesmo en terras británicas. Ten un terceiro disco publicado por Xonix Records, "Testemuñas", co que Pauliña enfoca a súa visión artística e ese taméné un argumento para recibila con gusto na Consellería. Pero durante esta conversa haberá tempo para falar de música e doutras cousas non menos importantes.
-
23
The Soul Jacket
A Consellería do Ritmo recibe a The Soul Jacket, esa banda formada entre Vigo e o Val Miñor pero que mesmo parece orixinaria de Mississippi ou de Alabama. Este sexteto viste o seu rock con chaqueta de soul e gran parte dese carácter débese a Toño López, cantante magnífico e ademais boa xente. Toño representa a The Soul Jacket e visita a Consellería para conversar con Tito Lesende sobre as súas influencias, as primeiras actuacións no colexio ou a súa teima por mirar os compoñentes dos alimentos procesados, pero tamén sobre o seu quinto disco, "Let me stand", publicado este 2021.
-
22
Pablo Novoa
A Consellería do Ritmo recibe a visita de Pablo Novoa, referente da música pop en Galicia nas últimas catro décadas. Este vigués foi membro fundador daquela banda chamada Golpes Bajos. E logo formou La Marabunta, foi director musical dos espectáculos do Xabarín Club e tocou ao longo dos anos como integrante ou colaborador de Los Ronaldos, Los Enemigos (ou Josele Santiago), Julieta Venegas, Bebe ou Iván Ferreiro, entre outros. Tamén ten os seus propios proxectos, como Pablo Novoa, Radio Pesquera (con Nono García) ou Diario de Navegantes (con Budiño). O reto do conselleiro Lesendeé falar de todo iso en 60 minutos.
-
21
Eladio Santos
A Consellería do Ritmo recibe a visita de Eladio Santos, home de música. Autor, artista e técnico de son nesa sala de referencia que é La Fábrica de Chocolate, Eladio pertenceu a formacións como Foggy Mental Breakdown, Brandell Mosca ou Medusa, e tamén leva moitos anos facéndolle de Sancho Panza ao impagable Tony Lomba. Pero, sobre todo, Eladioé a alma de Eladio y los seres queridos, un clásico da escena galega do pop de autor nos anos recentes. "Academia", o seu último disco,é un álbum de grandes cancións.
-
20
Herdeiros da Crus
Dende principios dos anos 90, os Heredeiros da Crus son unha banda fundamental para o rock galego e tamén unha importante ferramenta de normalización para esta lingua. En 2022, estes golfos celebrarán 30 anos dende a súa formación, pero a Consellería do Ritmo anticípase ao aniversario para escolmar a andaina dos Heredeiros en 60 minutos de música e palique. Neste capítulo, Tito Lesende recibe a Fran Velo, baixista mítico do grupo, coa súa barba exipcia, ultra hidratada, e a súa elegancia de rock and roll, disposto a facer memoria e a contalo todo.
-
19
Allova
A rusa Alla Mikhaylova comezou formándose como música clásica en Cheliábinsk, conectou co pop electrónico en San Petersburgo, especializouse en Madrid e, en 2018, xa establecida na Coruña, lanzou o seu proxecto Allova. "Hope and despair", o seu primeiro disco, editouse este mesmo ano e bebe da influencia do trip-hop dos anos 90, cunha produción sofisticada e un ambiente ás veces escuro, outras veces non tanto, pero sempre hipnótico. A Consellería do Ritmo recibe a visita de Allova para falar da súa historia; unha ollada diferente á escena musical galega.
-
18
Kin Martínez
Kin Martínez, cabeza de Esmerarte, é unha referencia para a industria da música en Galicia, en España e tamén no eido latinoamericano. Comezou organizando o festival Cultura Quente en Caldas de Reis e hoxe está detrás de macroeventos como Portamérica ou O Son do Camiño. Taméné manager e home de confianza de Xoel López, Vetusta Morla, Eladio y los Seres Queridos, Carlos Sadness, Pablo Lesuit e varios chefs con estrela Michelín. Kin aprendeu moito cando era cativo na feira de Mosteiro e agora reclama que se invistan no sector musical tantos cartos como merece, porque a vaquiña polo que vale. Nesta sesión da Consellería do Ritmo, Tito Lesende conversa cun dos principais axentes desta industria en Galicia.
-
17
Los Eternos
Dende Cedeira, Los Eternos son un expoñente galego do country rock, ese xénero de raíz estadounidense pero con tanta afección en Ferrolterra. Dende 2003, a evolución de Los Eternosé palpable e agora veñen de publicar "Sonora", posiblemente o seu mellor álbum. A Consellería do Ritmo recibe a dous integrantes da banda, Chewis Eterno e Cudi Eterno, que falarán da carreira deste proxecto e doutras aventuras musicais.
-
16
Guadi Galego
A carreira de Guadi Galego é a historia dunha travesía atrevida. Gaiteira de inicio, tamén pianista, cantora polas circunstancias. Formouse na música tradicional con vocación de renovar o noso concepto galego do folk como integrante de Berrogüetto. Tamén deixou pouso con proxectos como Espido ou aCadaCanto. Finalmente emprendeu unha andaina propia, cara a música pop interpretada en galego e cun punto de sofisticación electrónica. Neste capítulo, Tito Lesende recibe a Guadi Galego para conversar con calma na Consellería do Ritmo.
-
15
Secho
Sergio Castiñeiras leva algo máis dunha década funcionando; primeiro como Secho & Los Invisibles e agora debutando como Secho, a secas. O seu disco "Recuperar" (2021) caracterízase por cadencias repousadas, temas que descansan sempre en guitarras acústicas e letras en galego, accesibles pero moi particulares. Un pop de autor tecido cunha instrumentación fina e coidada. A Consellería do Ritmo recibe a Secho para falar dun dos traballos máis aqueladiños xurdidos durante a pandemia.
-
14
Especial Nadal
A Consellería do Ritmo celebra o Nadal e despide a segunda temporada cun capítulo especial no que recupera algúns dos momentos máis significativos de 2021. O conselleiro Lesende marcha de vacacións lembrando confidencias e diversión con Sés, Xoel López, Iván Ferreiro, Pauliña ou Grande Amore, entre outros. Se che apetece coñecer o programa, esta sesión pode ser a porta perfecta. Pero, se xa es habitual na Consellería, convidámoste a despedir o ano rememorando estes "hits".
-
13
Xoel López
A Consellería do Ritmo debuta coa participación de Xoel López. O músico coruñés, embaixador do pop galego nun ámbito internacional, falará con Tito Lesende sobre as súas raíces familiares na Fonsagrada, a súa experiencia vivindo en América, a maneira en que o seu fillo desmitifica a súa música ou as súas xuntanzas con outros galegos en Madrid, ademais de facer un percorrido pola súa evolución artística.
-
12
Budiño
Xosé Manuel Budiño é un referente da música galega no senso máis amplo. Na súa visita á Consellería do Ritmo, conversa con Tito Lesende sobre os seus inicios coa gaita en Moaña e unhas influencias musicais que propician o diálogo do folk galego co pop internacional. Budiño lembra a Narf e rememora a súa experiencia de xira por diferentes países. Este capítulo ilustra a carreira artística do gaiteiro ata chegar a "Fulgor", o seu disco máis recente.
-
11
Agoraphobia
Coa visita de Agoraphobia, a Consellería do Ritmo concentra a súa atención nun universo de guitarras distorsionadas e baterías contundentes como mazas. Este cuarteto chega do Barbanza, pero xa sabe o queé tocar nos Estados Unidos, Reino Unido ou Alemaña. Por esas terras pasearon os seus dous álbums longos: "Incoming noise" (2017) e "Unaligned" (2019), exercicios incontestables de rock duro que exhiben os froitos da súa formación instrumental. Nesta ocasión, Tito Lesende conversa con Paula Rego e Lucía Fernández, base rítmica de Agoraphobia.
-
10
Miguel de la Cierva
Miguel de la Cierva defínese como músico frustrado, hostaleiro chapuceiro e bicho raro, pero especializado en propiciar situacións desexables. Ovella negra da súa familia (á que pertencen o inventor do autoxiro, un ministro e un tío que gañou un Oscar de Hollywood), hai case tres décadas colleu un local en estado ruinoso, o Náutico de San Vicente, e aos poucos foino convertendo na meca do turismo musical galego. No último capítulo da temporada da Consellería do Ritmo, Tito Lesende trasládase ao Náutico para falar con Miguel de la Cierva da historia deste proxecto, do seu anecdotario e da nova residencia de artistas.
-
9
Ses
A escena musical galega necesita a Sés. A coruñesaé unha autora con mensaxe, con conciencia galega pero influencia transversal. E tamén un referente para outras mulleres no noso ámbito pop, que segue a ser un espazo aínda moi masculino. En definitiva, Sésé unha escritora de cancións e ademais un exemplo. Na súa visita á Consellería do Ritmo cantará con valentía, fará amigos e deixará titulares, coma sempre, inspirada e sen pelos na lingua.
-
8
Verto
O dúo Verto é un dos proxectos máis interesantes da última fornada do pop galego. Trátase da proposta de dous estudantes de Medicina: un santiagués, Fer Peleteiro; e un pontevedrés, Berto Mira. Ao pouco de debutar como galegofalantes, estes millennials xuntáronse para trasladar ao noso código a escola do pop internacional. Agora, Verto visita a Consellería do Ritmo cando o seu repertorio anda xa polo millón e medio de escoitas dixitais.
-
7
Juan de Dios Martín
Juan de Dios Martín naceu en Madrid por cousas da vida, pero medrou dende cativo na Coruña. Converteuse en referencia como músico e produtor, dende os seus primeiros tempos con Colorado ou cos Limones (e tamén con Cañita Brava) ata ser candidato a dous premios Grammy nos EE UU como autor e produtor con artistas americanos. E polo medio quedan traballos con Xoel López, Amaral, Barón Rojo ou Heredeiros da Crus. Todo o mundo quere a Juande, que visita a Consellería do Ritmo cunha morea de lembranzas e anécdotas.
-
6
Le Voyage en Hiver : 1ère édition à Nantes
Crédit photo ©Quentin FaucomprePour la première fois et à l'occasion des fêtes de fin d'année, Le Voyage à Nantes propose Le Voyage en hiver jusqu'au au 1er janvier 2023.Des installations lumineuses dans la ville, des artistes mis à contribution, une œuvre sonore qui résonne sur la Loire, un manège réinventé, des spectacles et animations culinaires…En 2022, les fêtes de fin d’année nantaises se réinventent à la faveur de la première édition du Voyage en hiver.Découvrez le programme complet : https://www.levoyageanantes.fr/evenements/le-voyage-en-hiver/Les précisions du Directeur général du Voyage à Nantes, Jean Blaise :
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Consellería do Ritmo emítese os domingos ás 22:00 horas en Radio Galega Música. Tito Lesende produce e conduce unha serie de capítulos monográficos ou temáticos arredor dunha charla repousada cun artista no ámbito rock ou pop galego. Os músicos e músicas terán un espazo preferente, e poderán compartir protagonismo con outros axentes da escena musical galega: axentes, promotoras, recintos senlleiros etc.
HOSTED BY
AGalegaAudio
CATEGORIES
Loading similar podcasts...