Venres en punto! podcast artwork

PODCAST · news

Venres en punto!

Podcast semanal onde analizamos a actualidade política e social de Galicia con mirada crítica e rigor. Cada xoves, Roi achéganos os temas que marcan a axenda: dende debates parlamentarios e movementos dos partidos ata cuestións culturais e sociais que definen o noso país. Un espazo para reflexionar sobre o presente e entender o futuro con argumentos sólidos e unha perspectiva galega.

  1. 10

    Villares dimite. Rueda impasible. Prado en shock

    O conselleiro Villares dimite tras ser imputado por agresión sexual.Rueda sabíao desde febreiro. Prado non soubo nada ata o día da dimisión.O PPdeG, en estado de shock.

  2. 9

    Estado da Autonomía: o parlamento neutralizado.

    Neste novo episodio de Venres en Punto, analizamos o Debate do Estado da Autonomía 2025: promesas recicladas, copias de discurso, desprezo á oposición e un parlamentarismo galego en coma inducido. Que queda do espírito democrático? E que marxe real de acción ten o BNG nun sistema bloqueado por un PP hexemónico e un PSOE irrelevante?

  3. 8

    Máis pequeno, máis xusto? A escalada militar da UE e os perigos do poder centralizado

    Por que as grandes potencias militares non estabilizan o mundo, senón que xeran máis conflitos.O custo real do rearmamento europeo e o impacto na economía.Como a militarización ameaza a democracia dentro da propia UE.Existe unha alternativa á lóxica da forza?

  4. 7

    (ex)CRTVG: Galicia sen esfera pública?

    O PP aproba a nova lei da CRTVG (CSAG) e xa pode nomear a súa dirección sen consenso. Máis control político, menos pluralismo e unha TV pública convertida nun instrumento de partido?📺 Como afecta isto á información que recibimos? Que queda dos medios públicos galegos como espazo de debate e reflexión? Neste episodio analizamos o impacto desta reforma e o papel dos medios públicos na esfera pública galega.

  5. 6

    O Partido Populista e a degradación institucional da Xunta

    Neste episodio de Venres en punto! analizamos como o Partido Popular de Galicia está a derivar cara a un populismo irresponsable que pon en perigo a credibilidade das institucións. Desde o “cambio climático é unha oportunidade” ata os “inquiocupas” e a manipulación de datos lingüísticos, repasamos as súas últimas ocorrencias e o impacto que teñen na política galega.

  6. 5

    D.E.P. PSdeG-Compostela

    Analizamos o futuro político de Santiago tras a ruptura interna do PSdeG local e as posibles estratexias que pode ter o BNG para gobernar nunha cidade marcada pola oposición do PP e os retos dun grupo non adscrito en terra de ninguén. Contexto, claves e escenarios nun episodio que pretende axudar a entender o taboleiro político compostelá.

  7. 4

    O ciclón da extrema dereita que sacude Occidente… pero que Galicia sabe esquivar(?)

    Neste episodio, exploramos o ascenso da extrema dereita en Europa e como Galicia consegue evitar ser arrastrada por este fenómeno global. A través dunha análise das dinámicas internacionais, reflexionamos sobre como a falta dunha estratexia clara da Unión Europea e o seu afastamento do debate cidadán facilitan que actores como Musk e líderes ultradereitistas medren ao seu redor. A incapacidade da UE para abordar as súas debilidades estruturais a converte nun obxectivo fácil para os seus críticos, especialmente no contexto dunha Europa que non logra xerar un verdadeiro debate paneuropeo. Ao mesmo tempo, en Galicia, a ausencia de problemáticas identitarias e o distanciamiento da dereita española da identidade galega axudan a manter un perfil político distinto, mantendo a nosa comunidade máis alonxada da influencia desta onda reaccionaria.

  8. 3

    Comisión silenciada en Galicia e crise parlamentaria en Francia

    Nesta semana analizamos o bloqueo da comisión de investigación en Galicia, onde o PPdeG utilizou a súa maioría absoluta para evitar calquera control efectivo sobre os contratos cuestionados da Xunta. Ademais, trasladámonos a Francia para abordar a profunda crise política tras a caída do goberno de Michel Barnier, con Marine Le Pen emerxendo como favorita nun panorama de crecente desafección. Dous contextos que nos lembran os perigos da falta de transparencia e a erosión da confianza cidadá.

  9. 2

    Asemblea nacional do BNG: dilemas e obxectivos

    No episodio de hoxe analizamos a asemblea do BNG na que se contrapoñen obxectivos políticos que ás veces parecen pouco reconciliables.

  10. 1

    Pacto polo galego, orzamentos e luces de Vigo.

    No primeiro episodio dos Venres en Punto!, Roi analiza o debate político dos orzamentos e como as ideas forza do BNG están a influír nas políticas públicas do PPdeG. Tamén afondamos na polémica arredor do pacto polo galego, coas críticas internas no PP e a demisión de Daniel Chapela, mentres reflexionamos sobre o futuro da lingua. Finalmente, viaxamos a Vigo para falar das luces de Nadal: éxito turístico ou oportunidade perdida para elevar a calidade e conectar coa identidade galega? 15 minutos para comprender a actualidade galega semana a semana.

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Podcast semanal onde analizamos a actualidade política e social de Galicia con mirada crítica e rigor. Cada xoves, Roi achéganos os temas que marcan a axenda: dende debates parlamentarios e movementos dos partidos ata cuestións culturais e sociais que definen o noso país. Un espazo para reflexionar sobre o presente e entender o futuro con argumentos sólidos e unha perspectiva galega.

HOSTED BY

Roi P. Vila

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does Venres en punto! have?

Venres en punto! currently has 10 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Venres en punto! about?

Podcast semanal onde analizamos a actualidade política e social de Galicia con mirada crítica e rigor. Cada xoves, Roi achéganos os temas que marcan a axenda: dende debates parlamentarios e movementos dos partidos ata cuestións culturais e sociais que definen o noso país. Un espazo para reflexionar...

How often does Venres en punto! release new episodes?

Venres en punto! has 10 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to Venres en punto!?

You can listen to Venres en punto! on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Venres en punto!?

Venres en punto! is created and hosted by Roi P. Vila.
URL copied to clipboard!