PODCAST · news
Fálase
by Praza.gal
Ao fío do décimo aniversario de Praza.gal nace o primeiro podcast informativo producido polo xornal. Botando man do nome dunha das nosas seccións máis visitadas, Fálase nace coa vontade de explicar, contextualizar, darlle un novo percorrido ou resumir algunhas das informacións nas que está a traballar a redacción cada semana. Conducido por David Lombao e coa participación de todo o equipo de Praza.gal e VINTE
-
66
Fálase 66 - Entrevista con Jesús Domínguez
Jesús Domínguez: "Cando o Estado orixina as traxedias pon todos os aparatos de poder para eximir calquera responsabilidade". O presidente da Plataforma de Vítimas de Angrois critica a sentenza absolutoria do cargo de Adif e considera a título persoal que o maquinista condenado non debe entrar na cadea. Unha entrevista de David Reinero e David Lombao en Praza.gal. Podes lela enteira aquí https://praza.gal/acontece/cando-o-estado-orixina-as-traxedias-pon-todos-os-aparatos-de-poder-para-eximir-calquera-responsabilidade
-
65
Fálase 65 - Xornalistas en Angrois e o que queda por contar
Con David Reinero, xornalista de Praza.gal, e mais con Aida Rosell (Europa Press) e Pablo González (La Voz de Galicia) analizamos as repercusións da sentenza polo accidente do Alvia e o percorrido que aínda fica por diante. Conducido por David Lombao, director de Praza.gal.
-
64
Fálase 64 - Entrevista con Jesús Domínguez
No Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, falamos co presidente da Plataforma Víctimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, tras a primeira sentenza sobre o sinistro. "Agora hai unha sentenza que di que aparte do maquinista o responsable é Adif. O ridículo dos nosos gobernantes seus enganos foi terrible", afirma tras un ditame que ve como "un triunfo de todos" porque, de agora en diante, "antes de inaugurar unha infraestrutura sen seguridade vano pensar"
-
63
Fálase 63 - Entrevista con Nicolás G. Casares
Entrevistamos o eurodeputado socialista Nicolás González Casares, referente do PSdeG na candidatura do PSOE para as eleccións europeas do 9X. Con el conversamos sobre o balance do seu labor na Eurocámara en áreas como a reforma do mercado eléctrico e abordamos asuntos como a transición ecolóxica, o proxecto de Altri ou os riscos dun continente gobernado pola dereita e a extrema dereita
-
62
Fálase 62 - Entrevista con Ana Miranda
Recibimos neste episodio do Fálase a Ana Miranda, eurodeputada do BNG e candidata a seguir séndoo os vindeiros cinco anos. "O escano do BNG ten unha axenda galega sen render contas: gobernamos nós a nosa casa, tamén no Parlamento Europeo", defende nesta entrevista, na que que subliña a importancia duns comicios que tamén ve clave para frear a extrema dereita
-
61
Fálase 61 - As Letras de Luísa Villalta
Este ano estamos a seguir os pasos de Luísa Villalta. Dramaturga, narradora, ensaísta, filóloga, violinista, profesora e poeta. A artista coruñesa homenaxeada no Día das Letras pola Real Academia Galega ten tantas facetas que adentrarse na súa obra é toda unha aventura. Neste episodio do Fálase contamos coas escritoras e mestras Beatriz Maceda e Eli Ríos, que están a vivir con intensidade as celebracións deste 2024
-
60
Fálase 60 - Nun bar con máis cuñados
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, Ana G. Liste senta con Federico Pérez e Yolanda Muíños para, entre polbo e ribeiro, conversar sobre +Cuñados, o filme co que volven ás pantallas tras o éxito e gargalladas da primeira parte e que chega ás salas de cinema este 19 de abril con arrecendo a entroido ourensán
-
59
Fálase 59 - Da anestesia política galega ao doutor Slump
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, tentamos pasar á sección de espertar para ver se, entre a anestesia, temos algo que falar sobre o panorama político do país saído das eleccións que (lembran?) se celebraron hai xa case dous meses. Ademais, Vanesa Vázquez preséntanos os primeiros contidos da nova xeira de VINTE, unha revista en transición
-
58
Fálase 58 - O que votaron os barrios
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, achegámonos con Vanesa Vázquez e Miguel Pardo aos barrios máis mozos do país, en Vigo e na Coruña, onde o amplo apoio do BNG levou a non pouca veciñanza a pensar, por unhas horas, que o 18F trouxera consigo o cambo político para Galicia
-
57
Especial Fálase 18F - Entrevista con José Ramón Gómez Besteiro
O candidato do PSdeG á presidencia asegura percibir "que se reactivan os votantes do Partido Socialista nas locais e xerais que ás veces están parados nas autonómicas" e subliña que o seu partido, como "esquerda que xestiona", pode ter "protagonismo" nun cambio de Goberno que ve perfectamente viable se todo o electorado que quere "poñer fin á perda de oportunidades" para Galicia vai votar o 18F. Con el conversamos sobre o contexto electoral e as súas propostas.
-
56
Especial Fálase 18F - Entrevista con Ana Pontón
Volve o Fálase de Praza.gal cun primeiro episodio especial centrado na campaña das eleccións galegas do 18F. No podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, entrevistamos á portavoz nacional e candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón. "O PP baixa e o BNG sobe: se a xente que quere cambio vota, o 18 de febreiro imos sorrir", asegura.
-
55
Fálase 55 - Memoria e fin de tempada
Neste episodio número 55 do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, aproveitamos a fin da tempada para facer un pouco de memoria sobre o 'curso' informativo que remata, que comezou no outono do pasado 2022 e que finaliza aínda coa resaca das eleccións municipais e ollando cara ás xerais. Polo medio, moitas historias e moitos temas que agora lembramos.
-
54
Fálase 54 - A loita das enfermeiras non cesa e unha conversa distinta con Ana Pontón
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos máis da reivindicación das Enfermeiras Eventuais en Loita tras unha nova protesta masiva nas oposicións do Sergas celebradas a pasada fin de semana. No espazo de VINTE, con arrecendo a verán, sabemos da conversa con Ana Pontón no Café Derby 21, viaxamos ao Porto e escoitamos músicas para a calor
-
53
Fálase 53 - Anatomía do de Ourense
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, acompáñanos o xornalista ourensán Javier Fraiz para axudarnos a entender un pouco mellor o acontecido en Ourense coas intensas negociacións tras as eleccións municipais, que acabaron desembocando nun novo pacto entre o PP e Jácome, e as súas posibles repercusións locais e galegas
-
52
Fálase 52 - Alfonso de Suíza, alcalde galego
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, conversamos con Alfonso Gómez, novo alcalde da cidade suíza de Xenebra, nacido en Corme. O rexedor, neto de represaliado no franquismo, segue moi ligado ao noso país e cre que a súa chegada ao cargo ten un punto de dobre reivindicación: das súas raíces galegas e da importancia da integración da inmigración nos países de destino
-
51
Fálase 51 - Alcaldías pola esquerda e un goberno progresista que gaña votos
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, repasamos as negociacións en marcha para conformar novos gobernos progresistas en múltiples vilas e cidades e escoitamos algo do que nos contou Lara Méndez, alcaldesa socialista de Lugo, que será reelixida outra volta cos votos de PSdeG e BNG. No espazo de VINTE achegámonos ás Novas Camadas do Festival de Cans, escoitamos a música de Caldo e sabemos do proxecto que quere achegar a política ourensá á mocidade "abandonada"
-
50
Fálase 50 - As municipais foron galegas
No episodio número 50 do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, repasamos os resultados do 28M co foco en lugares significativos polas maiorías ás que deron lugar as urnas e, sobre todo, porque mantiveron unha dinámica propia que, como os resultados galegos en xeral, non encaixan no 'tsunami' da dereita debuxado para o conxunto do Estado. Da Coruña a Vigo detémonos en Santiago, onde Goretti Sanmartín será alcaldesa polo BNG. Tamén debullamos o resultado da gran batalla de Lugo, onde PSdeG e BNG revalidarán os gobernos do Concello e da Deputación malia á forte aposta do PP provincial
-
49
Fálase 49 - Barreiros, zona cero: do ladrillazo ao cambio político
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, regresamos a Barreiros para repasar o longo percorrido xudicial e político da desfeita urbanística que padeceu este concello mariñao a principios de século co antigo goberno local do PP e falamos coa súa alcaldesa, Ana Ermida, do BNG, que aspira á reelección tras chegar ao goberno en 2019. Ademais, escoitamos algunhas das impresións máis destacadas de PP, PSdeG e BNG na recta final da campaña do 28M
-
48
Fálase 48 - Claves galegas das eleccións municipais do 28M
A poucas horas do inicio da campaña do 28M, no podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, repasamos o taboleiro electoral local de Galicia e tamén poñemos o foco nalgúns dos puntos clave aos que haberá que ollar con atención na noite dos comicios. Coa redacción do xornal percorremos as cadeiras do poder municipal máis relevantes e non perdemos de vista a outra batalla fundamental, a das deputacións
-
47
Fálase 47 - Folga sanitaria, folga na CRTVG
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, repasamos o acontecido coa folga médica convocada en solitario por un único sindicato e a contrariedade que xerou nos movementos a prol da sanidade pública e nas centrais sindicais con representación nas negociacións coa Xunta. Falámolo con Manuel G. Moreira, secretario nacional da CIG-Saúde. Ademais, achegámonos á mobilización do persoal da CRTVG, que continúa coas folgas e levou a súa loita ante o Senado
-
46
Fálase 46 - Falamos de onde vivimos
O dereito á vivenda regresa ao centro da axenda política coa nova lei estatal ou o plan para alugar a prezo accesible pisos do banco malo. Analizámolo no novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao. Ademais, con VINTE escoitamos as músicas de Ramona, a protagonista de Matria, e anotamos varias citas culturais de interese na Coruña
-
45
Fálase 45 - O que pasa cos autobuses en Galicia e a despedida de Leilía
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, explicamos as diversas fontes de conflito abertas no sector dos autobuses, marcado polos pronunciamentos xudiciais que nas últimas semanas ordenaron á Xunta que sancione a Monbus e Alsa e mais emprenderon dilixencias por prevaricación contra o director de Mobilidade do Goberno galego. Ademais, achegámonos ás Leilía, as pioneiras pandeireteiras que tras tres décadas nos escenarios inician a súa xira de despedida
-
44
Fálase 44 - De Novacaixagalicia a Credit Suisse
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, buscamos semellanzas e diferenzas entre as actuais turbulencias bancarias e a crise financeira de hai unha década e, da man dunha testemuña directa, lembramos como aquel colapso levou por diante as desaparecidas grandes caixas galegas. Con VINTE descubrimos novas músicas, dende a nova entrega das Miudiño Sessions protagonizada por Lucía Aldao ata a folctrónica de Lontreira, e internámonos por dúas rutas, unha elaborada pola intelixencia artificial e outra ben natural, de Carnota a Noia
-
43
Fálase 43 - Mulleres de Matria
En vésperas da estrea de 'Matria', de Álvaro Gago, no podcast informativo de Praza.gal, con David Lombao e Ana G.Liste, xuntamos á súa protagonista, María Vázquez e mais a Francis Iglesias, a muller na orixe da historia do filme, nunha conversa cómplice que transloce unha esperanza: que haxa mulleres que, ao vela, "peten co pé no chan e digan ata aquí, eu tamén estou vivindo iso e non aguanto máis"
-
42
Fálase 42 - Se Gary Lineker saíse na TVG
Mentres o caso Lineker axitaba a BBC, na CRTVG desenvolvíase unha nova folga de persoal. No Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, buscamos semellanzas e diferenzas entre ambos conflitos, escoitamos as razóns do comité intercentros dos medios públicos galegos para mobilizarse conversando coa súa voceira, Raquel Lema, e repasamos os motivos do director xeral da corporación, Alfonso Sánchez Izquierdo, para rexeitar todos os seus argumentos
-
41
Fálase 41 - Vento público na eólica mariña
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, explicamos o aprobado nos plans de ordenación do espazo marítimo relativo á eólica mariña e co profesor Pedro Varela sabemos da importancia da participación pública nos proxectos para "socializar os beneficios". Con VINTE, sabemos máis de 'Matria', o filme de Álvaro Gago antes da súa chegada ás salas de cinema e percorremos a Terra do Medio a través de dúas atractivas e gorentosas rutas
-
40
Fálase 40 - As voces que aínda contan Angrois e o seu xuízo
No episodio número 40 do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, xuntamos tres xornalistas que continuaron informando sobre o accidente de Angrois cando os focos se apagaron e que agora están seguindo moi de preto todo o que sucede no xuízo polo sinistro. Con David Reinero, Aida L. Rosell e Pablo González repasamos máis destacado do acontecido no groso da parte penal do proceso e o que está por vir
-
39
Fálase 39 - A sanidade pública reborda no Obradoiro e un fito histórico para o cinema galego
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, facemos balance da concorrida manifestación de SOS Sanidade Pública falando co seu voceiro, Manuel Martín, e mais escoitando as impresións do Goberno do PP, do BNG e do PSdeG. Con VINTE, achegámonos á unha ollada 'queer' á cultura de club en Portugal e anticipámonos ao fito histórico que vén na Berlinale con dous filmes galegos
-
38
Fálase 38 - Así nos movemos e sanidade na rúa
Neste episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos os datos que trazan a radiografía da mobilidade en Galicia e coñecemos os motivos que levan a plataforma SOS Sanidade Pública a volver manifestarse este 12 de febreiro escoitando o seu voceiro, Manuel Martín, e tamén as posturas ao respecto do Goberno galego, do BNG e do PSdeG.
-
37
Fálase 37 - Un resumo do eólico e unha deliciosa viaxe
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, resumimos e poñemos contexto ás autorizacións ambientais de parques eólicos da Xunta e do Estado das que tanto se leva falado nas últimas semanas e, con VINTE, achegámonos a unha serie de roteiros de turismo próximo pola provincia da Coruña, con moito para descubrir e saborear
-
36
Fálase 36 - Unha derruba na Mariña e un 'milagre' en Fitur
Neste episodio do podcast informativo de Praza sabemos máis dos problemas de mobilidade na Mariña, que volveron quedar ao descuberto coa caída dun tramo de estrada entre Foz e Burela, e das eternas promesas para mellorala. Tamén nos achegamos á Feira Internacional de Turismo, onde falamos con Xosé Regueira, responsable desta área na Deputación da Coruña, e escoitamos a Rebeca Baceiredo reflexionar ao fío dun autotune na cultura galega
-
35
Fálase 35 - Sen cartos para o agro ecolóxico e o asalto á fama de Feijóo
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos o problema creado pola Xunta ás explotacións agrogandeiras ecolóxicas ao non orzamentar fondos dabondo nas axudas xa previstas para o sector, do que sabemos máis coa gandeira Ana Corredoira. Ademais, lembramos o tempo en que Feijóo se sumou aos manifestantes do PP que irromperon no recinto do Parlamento galego e, con Rebeca Baceiredo, reflexionamos sobre arte, moral e xénero ao fío dunha das grandes controversias musicais e sentimentais dos últimos tempos (si, o de Shakira e Bizarrap)
-
34
Fálase 34 - Esta calor non é normal
Coñecemos como durante case 300 días do pasado 2022 as temperaturas foron máis altas do normal en cidades galegas como Vigo, Santiago ou Ourense e analizamos como a seca foi un dos factores que provocou unha maior dependencia do gas na produción enerxética. Ademais, con VINTE, escoitamos a versión máis tropical de Projecto Mourente
-
33
Fálase 33 - Alá vai o 22
No derradeiro episodio do Fálase en 2022 facemos algo que, se cadra é tan pouco orixinal como lanzar un pódcast neste ano que remata... No podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, botamos a vista atrás para repasar algo do que nos deixa o ano e tamén para coller folgos para o 23, que disque vai ser intenso… Facémolo coa hemeroteca de Praza, cos sons que pasaron polo Fálase e cos destaques de fin de ano que preparou VINTE
-
32
Fálase 32 - Cautelarísimas antes do Nadal
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, poñemos contexto ao veto do Tribunal Constitucional fronte á reforma para renovalo; con Carlos Amoedo sabemos máis da importancia política e xurídica do veto e da súa posible evolución. Ademais, achegámonos ao Nadal de Vigo e ás súas múltiples facianas
-
31
Fálase 31 - Por que "non hai médicos" e unha peli de terror
No Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos como a saturación e a falta de persoal nos centros de saúde do Sergas atrancan a formación de profesionais chamados a paliar, precisamente, esa mesma saturación. Ademais, con VINTE, coñecemos novas músicas e motivos para ver no cinema 'O corpo aberto', de Ángeles Huerta
-
30
Fálase 30 - Cultura galega con ruído de fondo
No trixésimo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal, visitamos a Culturgal dende o posto da Fundación Praza Pública. Alí conversamos con Eva Alonso, a súa directora, sobre os retos do sector cultural e da propia feira e recibimos a Berta Dávila e Carlos Meixide, que nos falan do primeiro ano da súa editora, Rodolfo e Priscila, e dunha das súas novidades máis destacadas, 'A festa equivocada', de Fran P. Lorenzo
-
29
Fálase 29 - O Prestige ecoa en Europa e músicas para desvirtualizarse
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, conversamos con Ana Miranda, eurodeputada do BNG, sobre a conferencia que organizou na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas ao fío do vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige. Con VINTE, coñecemos músicas como o novo de Ataque Escampe e contámosvos onde nos podemos ver no 'mundo real', a comezar pola Culturgal
-
28
Fálase 28 - Os primeiros do chapapote e (re)construír a memoria
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, lembramos os primeiros mariñeiros que, hai agora vinte anos, se botaron ao mar para tentar frear o chapapote do Prestige nas costas galegas. Tamén coñecemos máis dunhas das iniciativas de Praza para recordar a catástrofe e achegámonos aos contidos da xornada organizada en Bruxelas por Ana Miranda, eurodeputada do BNG, ao fío do vixésimo aniversario do naufraxio do petroleiro
-
27
Fálase 27 - As palabras do Prestige e memoria de nós en internet
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, achegámonos ao glosario colectivo que a asociación Unha Gran Burla Negra elaborou ao fío do vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige e tamén escoitamos algo do que dicían os gobernantes da época. Ademais, tamén en clave de memoria, con VINTE coñecemos o videoensaio no que María Yáñez traza unha historia underground da internet galega.
-
26
Fálase 26 - Números importantes e aburridos e mais unha sonata
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, poñemos pausa e contexto para explicar o fundamental dos Orzamentos Xerais da Xunta para o ano vindeiro: o que sobe, o que baixa, o que se mantén e o que inflúe nas nosas vidas, que é case todo. Contra o remate escoitamos unha sonata para coñecer o que nos contou James Rhodes durante a súa estancia na Coruña
-
25
Fálase 25 - Pagos na escola concertada e recortes no escenario
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, sabemos máis dos pagamentos esixidos ás familias en colexios concertados malia estar vetados pola lei, despois do estudo que os detecta en oito e cada dez destes centros en Galicia. No espazo de VINTE coñecemos mellor á actriz Isabel Garrido e achegámonos a novas historias da mocidade lucense, desta volta no eido dos movementos sociais
-
24
Fálase 24 - Angrois a xuízo e facerse visible no espazo público
Neste episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, abordamos o inicio do xuízo polo accidente de Angrois e ordenamos feitos, refrescamos datos e poñemos contexto sobre o acontecido coa axuda de David Reinero. Con VINTE, achegámonos ao proxecto A porta aberta da artista Lúa Gándara e escoitamos as músicas ao vivo de Grampoder
-
23
Fálase 23 - Os papeis de Meirás e a incerteza da Citroën
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, coñecemos a importancia da documentación que quedou en Meirás e que agora reclama o Estado no marco da súa demanda xudicial polos bens do pazo. Tamén nos detemos na problemática que arrodea o persoal de Stellantis en Vigo, marcado polas paradas puntuais e a inestabilidade
-
22
Fálase 22 - A conciliación é mentira e historias da mocidade de Lugo
No primeiro episodio da segunda temporada do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos aos malabares das familias para conciliar no inicio do primeiro curso 'normal' tras a COVID, escoitando varios testemuños e conversando con Sabela Losada, politóloga experta en igualdade e en políticas de coidado con enfoque de xénero. Con VINTE coñecemos o que se está a mover en Lugo a través de moitas historias da súa xente moza
-
21
Fálase 21 - O que cobra un médico e músicas para o verán
No episodio final da primeira temporada do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, contrastamos as afirmacións do presidente da Xunta sobre o salario do persoal médico de familia no Sergas e, con VINTE, percorremos unha manchea de músicas para este verán
-
20
Fálase 20 - O viaduto
Neste episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, poñemos contexto á derruba no viaduto da A-6 ás portas de Pedrafita para tentar entendelo mellor e tirar fíos sobre o que pode acontecer. Ademais, co enxeñeiro e profesor Manuel Herrador coñecemos máis sobre este tipo de viaduto, os seus problemas máis habituais e a importancia da transparencia nas pescudas como as que agora se inician na A-6
-
19
Fálase 19 - Os millóns perdidos nas caixas e novas xeracións para a música galega
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, escoitamos o que nos contaron as autoridades sobre o rescate bancario hai agora dez anos e lembramos o impacto que tivo nas caixas galegas, falando tamén con Noa Presas (BNG) e Pablo Arangüena (PSdeG), membros da paralizada comisión de investigación sobre a desaparición de Caixanova e Caixa Galicia. Ademais, con VINTE, escoitamos moitas músicas que arrecenden a verán, anotamos varias festas na axenda e coñecemos a historia de dúas mozas ucraínas acabadas de chegar á Coruña
-
18
Fálase 18 - O autogoberno que nos prometeran e familias que acollen
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, escoitamos as promesas en materia de autogoberno coas que Feijóo e Rueda chegaran á Xunta ao fío da reactivación do debate polas competencias sobre o litoral. Ademais, ao fío do Día do Acollemento Familiar, escoitamos as voces de familias de acollida e das asociacións e profesionais que as apoian
-
17
Fálase 17 - Sen médicos no ambulatorio e olladas á Coruña queer
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, analizamos as causas e consecuencias da falta de persoal médico en Atención Primaria e con VINTE achegámonos ás historias da mocidade LGBTIQ+ no comezo do mes do Orgullo
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Ao fío do décimo aniversario de Praza.gal nace o primeiro podcast informativo producido polo xornal. Botando man do nome dunha das nosas seccións máis visitadas, Fálase nace coa vontade de explicar, contextualizar, darlle un novo percorrido ou resumir algunhas das informacións nas que está a traballar a redacción cada semana. Conducido por David Lombao e coa participación de todo o equipo de Praza.gal e VINTE
HOSTED BY
Praza.gal
CATEGORIES
Loading similar podcasts...