Grandes Vozes do Nosso Mundo

PODCAST · music

Grandes Vozes do Nosso Mundo

Programa musical de Rádio Burela, dirigido por Marco Pereira. Um espaço de uma hora semanal, emitido todas as sextas-feiras entre as sete e as oito da tarde. Uma iniciativa feita desde a Marinha do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes vozes do nosso mundo. As da música galega e as dos países que acolheram e deram vida ao nosso idioma: as grandes vozes de Portugal e do Brasil, de Cabo Verde, Angola e Moçambique... e ainda mais. Grandes Vozes do Nosso Mundo nasce de mãos dadas com os Cantos na Maré, a referência com a qual partilha o espírito universalista e integrador, a interculturalidade e a fluidez comunicativa entre todos os povos do nosso âmbito linguístico.

  1. 435

    Ep. 431: CAMINHO

    Quinkillada celebra o Vº aniversario. Por iso lle dedicamos á banda do Morrazo esta nova edición do Grandes Vozes.

  2. 434

    Ep. 430: É pr'a amanhã

    A música do António Variações abre unha nova edición do Grandes Vozes do Nosso Mundo. A seguir: o melhor do panorama musical da Galiza e o conxunto de países de raiz galega.

  3. 433

    Ep. 429: Potinho de Veneno

    Aínda non tiñas ouvido a música dos Detonautas? Con resposta afirmativa ou negativa, nós recomendámosche este "Potinho de veneno"... que vai contribuír a alegrarche a vida.

  4. 432

    Ep. 428: Todo amaina

    Con efeito, todo amaina. As Tanxugueiras teñen razón. Por iso abrimos o programa 428 coa súa música. Despois, como sempre, o mellor do panorama musical galego-lusófono.

  5. 431

    Ep. 427: Cuidado

    Coa nova música da Laura Lamontagne abrimos unha nova edición do Grandes Vozes do Nosso Mundo. A seguir, o mellor da música da Galiza e do conxunto dos países de raíz galega.

  6. 430

    EP. 426: A ROUPA DO MARIÑEIRO

    Chegamos ao programa 426, que abrimos coa música da Uxía Senlle. A seguir, o mellor das músicas galega, portuguesa, brasileira e do resto dos países a onde chegou noso idioma.

  7. 429

    Ep. 425: Matriarcas

    Este é o programa especial feito no día 8 de marzo e para ouvir en calquer momento do día ou da noite, de hoje ou amañá. Entre as músicas seleccionadas, as Matriarcas da Guadi; e as Tempestades de Sal, da Sés.

  8. 428

    EP. 424: LOVA

    PAra alén da Banda da Loba, neste espazo recollemos o mellor da música galega e dos países da Lusofonía. Recollemos tamén a expresión artística das nosas respectivas diásporas.

  9. 427

    EP. 423: Sem Norte

    Coa música da Sara Alhinho, abrimos esta nova entrega do Grandes Vozes. De Cabo Verde, viaxamos para outros países a onde chegou o noso idioma.

  10. 426

    Ep. 376: QUE BAILE, QUE BAILE, QUE BAILE

    Continuamos coa celebración do 10º aniversario do programa (2016-2026). Desta vez con moita música para danzar. O que non varía: que é música cantada nos diferentes sotaques do noso idioma.

  11. 425

    Ep. 422: Especial Décimo Aniversario

    Grandes Vozes do Nosso Mundo: 2016-2026. Chegou o momento do décimo aniversario. Celebrámolo cunha seleccion das mellores músicas emitidas durante todos estes anos de emisión.

  12. 424

    Ep. 421: Ver o mar

    Abrimos a janela e vemos o mar a través da voz da Guadi Galego. Na saída, ouvimos a voz do Zeca Afonso a interpretar a música tradicional galega: Achega-te a mim, Maruja. Entre unha e outra, todo un auténtico mundo de músicas, sempre cantadas no noso idioma.

  13. 423

    Ep. 420: Férvenos o cu

    Abrimos o programa cunha colaboración galego-africana entre Narf e Manecas Costa. Inmediatamente despois, escoitamos as voces de Guadi e do brasileiro Barro. Na parte central do programa adentrámonos nas novas tendencias como esta que representa Mondra.

  14. 422

    Ep. 419: Vizinhos

    Abrimos o programa com o "Pôr do sol" interpretado pela banda Vizinhos. A seguir, o melhor da música galega, portuguesa, brasileira e africana. Como sempre, música cantada no nosso idioma.

  15. 421

    Ep. 418: NOVO TRABALLO DE GUADI

    O novo traballo de Guadi está xa ás portas e a artista está percorrendo o país para facer a presentación. Por iso abrimos esta nova edición do programa co seu "Ver o mar". Despois temos as músicas de Sandy e Junior, Calema, A Banda da Loba, Ildo Lobo, Caxade e Carolina Deslandes.

  16. 420

    Ep. 363-R: Fío Musical

    Novo espazo de fío musical de temas interpretado nos diferentes sotaques do noso idioma.

  17. 419

    Ep. 417: Berros de sangue

    Abrimos o programa co clásico "E isto é o amor", de Caxade, con letra de Séchu Sende. Inmediatamente despois damos paso a Ildo Lobo, Roberto Leal, Barro, Tanxugueiras e Fillas de Casandra, Yola Semedo e Sebastião Antunes e a Quadrilha.

  18. 418

    Ep. 416: Nem tudo é mágoa

    Com efeito, "Nem tudo é mágoa", em palavras do Bruno Bettencourt. Para além desta novidade musical, no programa 416 temos o prazer de colocar outras peças clássicas do Espiño, do Roberto Leal, da Sara Alhinho, das Tanxugueiras e as Filhas de Cassandra e até do Sebastião Antunes e a Quadrilha.

  19. 417

    Ep. 415: Nadando na certeza

    Abrimos o episodio 415 coa nova música da Ses, Nadando na Incerteza, unha peza que para nós supón a absoluta confirmación -certeza- da grandiosidade da artista galega. Da mesma maneira, nesta mesma entrega introducimos tamén o traballo máis recente de Sabela, de quen non tíñamos novidades desde hai tempo. Desexamos que gocen con esta nova selección musical dos países de raíz galega.

  20. 416

    Ep. 414: ROUPA do MARINHEIRO

    A música de Uxía con Vai de Roda dá título ao episodio 414 do Grandes Vozes do Nosso Mundo. Na selección musical están Sés, Guadi, Roberto Carlos, Mariza e outros grupos de solistas de varios dos países en que é falado o noso idioma.

  21. 415

    EP. 376 (Rp): Selección musical galego-portuguesa

    Programa da música galego-portuguesa con selección musical de artistas do Brasil, africanos e aínda das diferentes diásporas mundiais dos países de idioma de raiz galega.

  22. 414

    Ep. 413: Bailar

    Luís Fercán é cantautor que iniciou a carreira a solo no ano 2016. A súa voz abre este programa 413 e faino a través dunha colaboración con Guadi, no tema intitulado "Bailar". Inmediatamente despois, temos a mellor música da nosa comunidade lingüística seleccionada e comentada polo xornalista Marco Pereira Oliveira.

  23. 413

    EP. 412: Tempestades de sal

    Nova entrega do Grandes Vozes, o programa dirixido polo xornalista Marco Pereira Oliveira.

  24. 412

    Ep.398: Música galego-portuguesa (R)

    Reposición do programa nº 411. É, como sempre, unha síntese da música galego-portuguesa.

  25. 411

    Ep.411: Música galego-portuguesa

    Selección musical dos países de raíz galega. Temas cantados nos diferentes sotaques do noso idioma.

  26. 410

    EP. 410: CASTIÑEIRO MILENARIO

    O protagonismo do Deixe Falar desta semana é para CASTIÑEIRO MILENARIO. Así se chama esta Asociación Cultural de Begonte, na Terra Chá que dinamiza a cultura galega através da música, do cinema e das actividades de carácter ambientalista. Falamos con Carlos Fernández, biólogo que traballa na Facultade de Veterinaria de Lugo e que leva na asociación Castiñeiro Milenario case desde a súa fundación no ano 2006. O secretario de Castiñeiro Milenario presentounos o espazo natural protexido no que se desenvolven coleccións de árbores e plantas vasculares cunha lóxica paisaxística e con fins pedagóxicos. Falounos das foliadas de primavera outono e inverno, do festival das Letras, do Obradoiro de Billarda e da Festa da Xuventude, do ciclo de cinema, da historia do festival 27373 e do programa para esta décimo terceira edición.

  27. 409

    Ep. 409: ANA LUA CAIANO

    O Festival Folk Celta regressa a Ponte da Barca para celebrar a sua 18.ª edição. A proposta une música folk contemporânea, identidade atlântica e expressão cultural de raiz popular. É de entrada gratuita e decorre entre os dias 25 e 27 de julho de 2025. Promete transformar Ponte da Barca num verdadeiro palco de celebração ao ar livre, junto ao rio Lima e em vários espaços do centro histórico. Com este motivo nós conversamos com uma das estrelas participantes: Ana Lua Caiano.

  28. 408

    Ep. 408: QUERÍA SER POETA

    Nova entrega do Grandes Vozes do Nosso Mundo. Desta vez unha selección das mellores músicas da familia de países de raíz galega.

  29. 407

    Ep. 407: RUMBOIA VIVA (ABADÍN)

    A Rumboia. Así se chama a asociación xuvenil das terras de Abadín, porta de comunicación entre A Mariña e a Terra Chá. Constituída en 2021, A Rumboia organiza diferentes actividades repartidas por todo o ano. Dúas delas son de carácter musical: unha Foliada e o Festival Rumboia Viva. A través da voz do presidente da entidade, coñecemos quen foron os fundadores, cando e onde iniciaron a actividade e cal foi a motivación que os levou a fundar a asociación.

  30. 406

    EP. 406: REGUEIFA TOUR (Séchu Sende)

    Había unha vez un docente soñador que estreou paternidade e deixou en segundo plano a guitarra eléctrica para modular a voz de maneira que agradase os ouvidos da súa crianza. Pouco tempo tardou en comezar a improvisar as letras das súas cancións, seguindo o modelo de Pinto de Herbón e Manu Chao. O docente soñador tivo sorte, porque uns anos máis tarde a crianza comezou tamén a improvisar... até que chegou unha auténtica Maré, e a improvisación foi maior aínda. Provista de tres pés, a improvisación chamada Regueifa fixo primeiro a liña Vila de Cruces - Baio e despois viaxou por toda a xeografía galega e estivo en Euskádi, en Cataluña e en Portugal e mesmo chegou ao Kurdistán e ao arquipélago da Madeira. Agora o "Povo improvisador" xa dispón dun libro-guía, do que tamén falamos nesta conversa do Deixe Falar. E, obviamente, non esquecemos o Regueifa Tour.

  31. 405

    EP. 405: AQUÍ TAMÉN SE FALA

    Mónica Reigia atendeu a nosa chamada para facermos crónica do "Festival Aquí tamén se fala", organizado polo Instituto Rafael Dieste e celebrado o día 13 de xuño na cidade da Coruña. No cartaz: Ulex, Pava, Alana, Ortiga e Jesús Suárez. O festival foi tamén unha actividade reivindicativa en favor da actualización do nome do Deportivo da Coruña.

  32. 404

    Ep. 404: Recuperamos a memoria con MJ Pérez

    Cando en 2016 nacía o Grandes Vozes, MJ Pérez -que era artista emerxente- pasou polo noso programa. Desde aquel momento, as súas músicas foron habituais na nosa selección e sempre que nos fixo chegar novidades nós comunicámolas á nosa audiencia nacional e internacional. Agora, decorridos case dez anos de carreira artística, conversamos novamente con ela sobre a súa formación e experiencia laboral en materia de Produción Audiovisual, sobre Carvalho Calero e tamén sobre dous premios moi importantes: Youtubeira á eficiencia comunicativa (2019) e Martín Codax (2021). Tamén conversamos sobre a súa particular fusión entre Rosalía de Castro e Rosalía e das colaboracións coas CRUA e Garota Não; e con Sofía Espiñeira, Peter Petrowski e Hugo Guezeta. Durante o diálogo, enfatizamos o “Perdín a memoria” -o seu último traballo, unha canción escrita entre Galiza e Francia, producida polo músico portugués Sérgio Miendes- e non esquecemos o "Vai Embora" e o "Tanto por loitar". Nunha conversa sen tabús, falamos abertamente do período de crise que a levoou mesmo a pensar en abandonar. Felizmente, foi unha pausar para respirar e tomar alento. Nestes minutos para o "Deixe Falar" temos o pracer de ofrecer ao público a paixón con que habitualmente se expresa a nosa convidada.

  33. 403

    EP. 403: KÁTYA TEIXEIRA: GRANDE VOZDO NOSSO MUNDO

    Kátya Teixeira conversa com Bernardo Penabade no programa Grandes Vozes do Nosso Mundo, dirigido por Marco Pereira Oliveira.

  34. 402

    Ep. 402: PERCURSO EUROPEU DA KÁTYA TEIXEIRA

    Neste ano 2025, o Percurso pela Europa da Kátya Teixeira começa pela Galiza, continua pelo Porto e o Alentejo e finaliza na França. Após o concerto de Pontedeume, por iniciativa do Colectivo Terra; a seguinte visita é à Sociedade Cultural Albor, de Ourense; à Arca da Noe, em Vilar de Santos; e à Sociedade Cultural Macaréu, do Porto. A cita em Paris está agendada para o dia 19 de junho na Casa da América Latina.

  35. 401

    EP. 401: XICO DE CARINHO

    Xico de Carinho viajou ao Brasil. Foi 55 depois de ter conhecido o Marcelo Melo e o Geraldo Vandré em Paris e de ter entrado com eles no estúdio de gravação.

  36. 400

    EP. 400: AURA LÁZULI

    Aura Lázuli: compositora e intérprete. Carmen, da Escravitude, en Padrón. É a protagonista do programa 400. Formada musicalmente no conservatorio e na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi discípula de Miro Moreira, entrou por primeira vez nos estudios de gravación con Xavier Mugardos, despois co pianista Iago Mejuto e con Xoán Curiel. Con Alfredo Susavila, gravou o disco titulado Carmen Dolores Oceánica. Agora regresa con forza como Aura Lázuli. Nós falamos con ela.

  37. 399

    Ep. 399: Raça humana não tem cor

    Abrimos esta nova edición do programa coa música da Gaby Buarque. Inmediatamente a seguir, cruzamos o Atlántico para chegar a Portugal com a voz do Roberto Leal. A terceira das músicas é a do galego Berto, co seu "Quérote atopar". Así é o Grandes Vozes, o programa Modelo Burela das músicas de todos os países da Galegofonía.

  38. 398

    Ep.398: DESLOCADO (NAPA)

    Nesta nova edición do Grandes Vozes reproducimos por vez primeira a canción que representa o noso idioma no festival de Eurovisión. Leva por título "Deslocado" e está interpretada por Napa.

  39. 397

    Ep. 397: BRUNO VILLAMOR

    Bruno Villamor Gay (Lugo, 1978)está titulado Superior en Música na Especialidade de Instrumentos da Música Tradicional Galega polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. Neto d’O Gaiteiro de Santo Xusto’, ten contacto coa música tradicional desde moi neno recibindo ensino de mestres da talla de Enrique Candal, Daniel Bellón, Pepe Vaamonde, Iván Costa, Germán Diaz, etc. Membro fundador do grupo Caldaloba de Lugo, co que ten editado o cd As Córes da Música (Sons Galiza, 1999); e do grupo Os Minhotos co que ten editado o cd Pinga d’Auga (2013), na actualidade desempeña a súa faceta de gaiteiro e compositor nos grupos Zoelas (co que ten editado o cd Tesmenteira), Tango en Xan3iro (co que ten editado o cd Meu Pitiño) e A Vagabán. Entre os diversos galardóns obtidos destacan o 1º Premio do Concurso Sons Folk 98 atinxido como membro do grupo Caldaloba, finalista do 24éme e 26éme Trophée Interceltique pour soliste de gaita Mac Crimmon (Lorient 2012 e 2014) e os dous accésits acadados no Concurso de Gaita Constantino Bellón nas edicións XVI e XVIII. Na actualidade combina a dirección artística da Asociación Cultural “Cántigas e Frores” coa impartición de clases de gaita, requinta e percusión tradicional. Ten impartido diversos cursos en Galicia (XVI, XVII, XVIII, XIX e XX Curso de Cultura Tradicional Galega organizado pola Asociación Cántigas e Frores de Lugo; Curso de Técnica e Interpretación de Gaita Galega (2006) no Conservatorio Profesional de Ourense; Os Ritmos tradicionais galegos no ensino da música e da educación física (2008) na USC) e na Galicia exterior (Unity Galega de New York; Centro Galego de México DF; Centro Galego de Santander; Centro Galego de Vitoria; Irmandade Galega de Euskadi; Casa de Galicia de Ponferrada...) Ao longo da súa carreira realizou varias publicacións: a serie Temperando Iniciación (editorial Dos Acordes) método progresivo de aprendizaxe para gaita galega que consta de catro volumes; dous volumes da serie Temperando Intermedio (editorial Dos Acordes) A Evolución da Música Tradicional Galega (libro publicado polo Concello de Santiago de Compostela do que é coautor), o artigo Cántigas e Frores publicado na revista Etno-folk, Cántigas e Frores “60 anos de tradición”. Editorial Cántigas e Frores e O Gaiteiro de Santo Xusto “O son da Ulloa”. Edición propia. Participou na gravación de diversos discos como son o XIII, XVI, XVII, XVIII e XIX Constantino Bellón, I Certame de Gaita As Mariñas de Betanzos, Mira como veño (do grupo Cantatí), Contratempo (do grupo Leña Verde de Pol) así como no proxecto Trece Lúas organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos gravando gaitas e requintas. Tomado de: http://gaiteirosgalegos.gal/tradescola/index.php?option=com_content&view=article&id=3&Itemid=4

  40. 396

    Ep. 396: SON ÁRBORE

    Sofía Espiñeira publica disco e o Grandes Vozes celébrao coa peza titulada "Son árbore".

  41. 395

    Ep. 395: A PURA FESTA DOS CARECOS

    O verbo do título do disco está en segunda persoa: "Es pura festa". E é verdade, audiencia máis fiel ao grupo é pura festa. Os custos da edición por contribución popular xa se reuniron nunha semana. Éxito? Non, exitazo. Do grupo e de todas as persoas que rodean o grupo. Éxito da cultura en xeral e moi particularmente da cultura da comarca do cabo Ortegal. Na verdade, a banda de pandeireteiros e o conxunto da comunidade careca SON PURA FESTA. En conxunto. E isto é só unha mudanza de etapa. O mellor está por vir. Samuel explícao moi moi ben.

  42. 394

    EP. 394: Castelo de cartas

    No programa 394 temos o Castelo de Cartas, do Syro. Onde vais dormir hoje? Chega a casa antes das onze Pra eu me despedir Um beijo no rosto Deixa a lágrima cair E dá lugar ao nosso desgosto Eu tinha planos de ser rei E tu rainha do meu reino Num castelo onde as cartas não pudessem cair, oh Aos teus olhos eu errei E ao mesmo tempo, tu nos meus também Cai o castelo de cartas que não soubemos construir Fico no quarto em silêncio Tu dás nome à insónia Que não tem forma de ir embora Desata o nó da tua ausência enquanto eu Desarrumo a memória Pra te encontrar e dizer Eu tinha planos de ser rei E tu rainha do meu reino Num castelo onde as cartas não pudessem cair, oh Aos teus olhos eu errei E ao mesmo tempo, tu nos meus também Cai o castelo de cartas que não soubemos construir, oh Eu cantei, aos ventos gritei Pra chegar ao fim E não saber quem é que errou, oh Eu tinha planos de ser rei E tu rainha do meu reino Num castelo onde as cartas não pudessem cair, oh Aos teus olhos eu errei E ao mesmo tempo, tu nos meus também Cai o castelo de cartas que não soubemos construir

  43. 393

    EP. 393: País das Maravilhas

    A música do Plutônio dá título ao episódio 393 do Grandes Vozes do Nosso Mundo. Nesta hora de música, temos tamén grandes éxitos de Uxía Senlle, Carolina Deslandes, Berto e Mondra, Os Azeitonas, Tanxugueiras ou Fresno.

  44. 392

    EP. 392: MANINHO

    Chegamos ao programa 392. Abrimos coa música de Ulex e fechamos con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. Polo medio, o mellor da música da Galiza, Portugal e o conxunto de países de todo o mundo a onde chegou o nosso idioma.

  45. 391

    EP.391: ULEX

    Novamente visitamos o Centro Social Xebra, en Burela nos momentos previos a unha noite de concerto. Nesta ocasión a banda convidada é Ulex. Con Ulex famos do nome artístico, do estilo musical e do pasado, presente e futuro.

  46. 390

    Ep. 390: LISDEXIA: GAYEGO

    Entre Lisdexia e Dislexia... hai unha interpolación silábica. O que comezou como erro de pronuncia, pasou a servir como palabra humorística e despois como nome dun grupo musical. Son de Muros e están agora mesmo a puntiño de subir á parte superior da onda. Antes de que chegue ese momento, no Deixe Falar do Grandes Vozes falamos con Fran Lestón. A entrevista está na parte central do programa. Xusto despois do minuto 15.

  47. 389

    EP. 389: FADO CRIOULO

    "Fado crioulo" é o título da nova entrega do Grandes Vozes. O programa abre com a música do Omiri e encérrase com do Berto. Entre o começo e o final: a música da Galiza e dos países de raíz galega.

  48. 388

    Ep. 388: OMIRI: Pé com pé

    Que Omiri é um dos mais originais projetos de reinvenção da música de raíz portuguesa fica bem claro. Que o seja também do universo galego-português ainda não fica tanto. Mas, tempo ao tempo. Para reinventar a tradição, Omiri traz para o próprio espectáculo os verdadeiros agentes culturais de base: músicos e paisagens sonoras de todo Portugal a tocar e a cantar como se fizessem parte de um mesmo universo. Não em carne e osso mas em som e imagem, com recolhas de video manipuladas de modo a servir de base para a composição e improvisação musical de Vasco Ribeiro Casais. Segundo as súas própias palavras, Omiri é, "acima de tudo, remix, a cultura do século XXI, ao misturar num só espectáculo práticas musicais já esquecidas, tornando-as permeáveis e acessíveis à cultura dos nossos dias, sincronizando formas e músicas da nossa tradição rural com a linguagem da cultura urbana". Vasco Ribeiro Casais, OMIRI, está na Sala Rebullón (Mos), no día 15 de fevereiro. Com ele a MJ Pérez. O Grandes Vozes informa desta maravilhosa cita.

  49. 387

    Ep. 387: FESTA MALANDRÓMICA

    Chegamos á entrega 387 do Grandes Vozes. Programamos música de todos os estilos e de todos os países de raiz galega.

  50. 386

    Ep. 386: RECORDO A XOSÉ MANUEL PIÑEIRO

    O Grandes Vozes tributa homenaxe a Xosé Manuel Piñeiro, falecido en datas recentes. Abrimos e encerramos o programa coas súas músicas.

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Programa musical de Rádio Burela, dirigido por Marco Pereira. Um espaço de uma hora semanal, emitido todas as sextas-feiras entre as sete e as oito da tarde. Uma iniciativa feita desde a Marinha do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes vozes do nosso mundo. As da música galega e as dos países que acolheram e deram vida ao nosso idioma: as grandes vozes de Portugal e do Brasil, de Cabo Verde, Angola e Moçambique... e ainda mais. Grandes Vozes do Nosso Mundo nasce de mãos dadas com os Cantos na Maré, a referência com a qual partilha o espírito universalista e integrador, a interculturalidade e a fluidez comunicativa entre todos os povos do nosso âmbito linguístico.

HOSTED BY

Radio Burela

CATEGORIES

URL copied to clipboard!