PODCAST · news
Podcast Cuac Está a pasar!?
by Cuac está a pasar!?
Proxecto radiofónico que emite dende a Zapateira-Galiza, queremos revoluciona-las ondas herzianas, sendo o altofalante da rúa, dunha rúa que ferve en soños. Combinaremos a tertulia máis cañeira coas entrevistas máis interesantes!
-
90
Galegas no espelho
3 maravilhosas convidadas, Rocio, madrileña, Adrián, valenciano, e Nerea, vasca, achegam-se aos micros de Cuac Está a pasar para nos contar como se ve a Galiza desde fora, o qué opinam da nossa cultura, da nossa idiosincrássia, em que diferimos dos seus lugares de origem.
-
89
Ciencias, saberes e outras disciplinas (I)
O quê é a ciência? Deveriam todos os saberes se adatar ao método científico? Existem disciplinas que fiquem fora desse paradigma por interesses espúreos da própria institucionalizaçao científica? Antón Vizcainos, biólogo e genetista, Mónica Montero, arqueóloga e utente da medicina natural, Belinda Rey, terapeuta metamórfica e David Soto, polemista, falam neste interessante tema nesta primeira entrega.
-
88
Manual urxente de resistencia musical contra Trump
Repaso ás últimas cancións que se teñen publicado contra Trump, dende Los Tigres del Norte a Snoop Dogg, pasando por Bas, Milck, Janelle Monae ou CocoRosie.
-
87
Revolta na Horta
Escoitamos aos labregos que falan en primeira persoa dos atrancos aos que se enfrontan e de como conseguen preservar o seu entorno e as terras que traballan
-
86
Urbanismo, pontes , barbarie e outras cousas do viver
Hoxe falamos con Iago Carro de Ergosfera. Sobre o titular malicioso dos pontes coma refugio social, a solana, alfonso molina, o feísmo e moito mais.
-
85
A pobreza enerxética e a súa cerna
Falamos co técnico da Axencia Provincial de Enerxía, Xosé Manuel Golpe, o profesor titular de economía aplicada da USC, Xoan Doldán e o presidente da Cooperativa Enerxética Nosa Enerxía, Pablo Alvarez, sobre a pobreza enerxética, a reforma do bono social e o propio sistema eléctrico.
-
84
Especial Nadal 2016
Especial de nadal 2016 onde sorrimos,boa música e melhores verbas...
-
83
CUACMEMORACIÓNI
Celebramos os 20 anos dende a orixe de CuacFM . Facemos un repaso das raidos comunitarias, súa importancia social e necesidade da súa existencia con ROBERTO ANSEDE presidente de CuacFm e JUANITO COMEJÁN de Radio Roncudo(corme)
-
82
DONALD TRUMP DESDE CASA
Falamos con Maria Rey de Ciudadanos, Gonzalo Perez Jacome portavoz de Democracia Orensana, Daniel Cao politólogo,David Soto investigador en ciencias xuridicas sobre donald trump e os tempos que venhen...
-
81
Rebeldia contra as minas!
Os proxectos de minas a ceo aberto e mineria destructiva seguen latentes. A loita contra os proxectos megamineiros de ouro, terras raras e outros minerais segue dende Corcoesto porque a posibilidade destes seguen a existir. Revisamos esta problemática con Margarida Prieto Ledo do Sindicato Labrego, Nela Abella de ContraMINAcción e Lucía Rodriguez Cao, veciña de Lousame.
-
80
EXTEL: Chamado de auxilio
Queremos conhecer de primeira mão o conflito na empresa EXTEL e a proposta de ERE por parte da mesma que deixa na corda frouxa a mais de 200 trabalhadoras na cidade da Corunha. Para isso contamos com Yolanda Martinez, delegada sindical da CIG, Patricia Cordo, trabalhadora, e David Pena, responsável local do BNG na Corunha.
-
79
Presentacion 2016-2017
Presentamos a nova tempada de esta a pasar,sorpresas,sorisos e boa musica...
-
78
Re-eleccions(Vol.II) e despedida
Os inquéritos, as votantes, a lei eleitoral, os representantes dos partidos políticos, os méios de comunicação, os mercados, o Brexit, o medo? Quem teve responsabilidades nos resultados do passado dia 26? Avia Veira, do BNG, Yoya Martínez, do PSOE, e Rubén Pérez de En Marea farão a sua particular leitura do acontecido.
-
77
RE-ELECCIONS (VOLUME I)
Falamos co BNG, EN MAREA, C´S,PSOE, co Centro Social Gomes Gaioso sobor a reedicion das eleccions este 26-X Pronósticos apreciacións e mais cousas...
-
76
QUEER AVENGERS E AS FORMAS DE APRENDER
Formas de compreendernos. De ser un corpo. De abrir a mente. Cando o xénero non nos representa e coas nosas verbas facemos mundos...
-
75
Resistência, insistência, resiliência
Impressionante tertulia da mão de Mário Herrero, Luís Mazás e Pedro Casteleiro, arredor do sistema de cultura institucional galego, as suas caraterísticas e debilidades, assim como a possibilidade de superar estas em se abrindo à amplitude do mundo lusófono.
-
74
UNIVERSIDADE A RÚA,A LOITA CONTINÚA
Falamos do greve estudantil do día 13 e 14, da privatización da ensinanza e a mercantilización da educación con xentes da Acción Universitaria, Erguer e mais...
-
73
Não for o mar: A situação do setor pesqueiro explicada polos protagonistas
Depois dos recentes protestos do setor do cerco e do apagão mediático que houve arredor do tema, no Está a pasar decidimos lhes dar voz às gentes do mar. Falamos com Teresa Ramiro, do marisqueio a pé, Xosé Iglesias da pesca tradicional, e Xosé Verdes, Yosi, armador do cerco.
-
72
Teleoperadorxs Precarixs
A voz do capital con tan so marcar un número de teléfono.Telemarketing,mobbing,precarización e a realidade laboral de tantos corpos e relatos descoñecidos...
-
71
MONICREQUES REBELDES
Hoxe falamos da represión,a censura do arte e da cultura. Co monicrequeiro Carlos Clemente e a avogada Maria Dominguez
-
70
Celebrando o solsticio de inverno
A equipa de Cuac-Está a Pasar reúnese para este especial de Natal aka solstício de inverno, con a participación de Iván Loureiro membro do programa Manda Carallo, tratamos temas serios en chave de humor, porque a revolución ten que ser retranqueira ou non é revolución!!!
-
69
O debate da esquerda 20D
Un tempo pausado para o debate alén dos eslogans electorais, un espazo de reflexión entre posicións encontradas dentro dese gran concepto que damos en chamar esquerda. Abordamos as temáticas relacionadas cos medios de comunicación, a democracia e a relación coa cidadanía e o medio ambiente. Para elo estiveron presentes Rubén Pérez, candidato ao congreso por En Marea; María Elvira Souto, candidata por Nós Candidatura Galega; Gloria del Valle, candidata polo PSdeG-PSOE e Xosé Tubío, por parte do Partido da Terra. Presentou Brais García, ao control de son Carlos Rios.
-
68
25N uma história de violência
Falamos com Yoya Neira do grupo municipal PSdG-PSOE sobre o tema da violência contra a mulher, em especial a violência de género, e entrevistamos a Verónica Martínez Delgado pela sua obra A outra voz, em que trata o tema da violência obstétrica. Contamos ademáis com a intervenção telefónica do companheiro Brais Garcia
-
67
A cidade do capital
Hoxe falamos sobre as dinámicas do urbano, as estratexias do capital, as resistencias e moito mais...
-
66
A Cidade do capital
Falamos das estratexias da cidade, do esparcemento da especulación, das prácticas do lugar urbano e moito mais
-
65
Espazos de rebeldía. Os Centros Sociais da Coruña
Neste segundo programa da tempada adentrámonos no tecido social da Coruña e en concreto nos seus Centros Sociais. Para elo contamos con Iago do Centro Social Gomes Gaioso, con André e Sara polo Centro Social A Comuna e con Juan do Ateneo Libertario Xosé Tarrío.
-
64
PARA LELA
PROGRAMA ESPECIAL CON ENTREVISTAS, PARABENS POLO NACEMENTO DE LELA, A FILLA DA NOSA COMPAÑEIRA MARÍA CASTELO
-
63
Cara a Marea Galega!
Confluencia, centralidade galega, asemblearismo, defensa do Benestar. Son todos temas que preocupan á hora de conformar unha cadidatura de unidade popular para asaltar a Xunta de Galiza. Disto debaten xs nosxs convidadxs, de Podemos, BNG e Esquerda Unida.
-
62
OS DISCURSOS DO SILENZO.JE SUIS ZAPATA
No programa de hoxe falamos do acontecido con Guillermo Zapata,cargo de Ahora Madrid, a domesticación do discurso, a moral, a moda mediática e moito mais...
-
61
A escola a exame
Aprovaria a escola estatal obrigatória tal e como está implementada e desenhada um exame dos seus utentes? É este o único modelo válido de escola? Que outros modelos existem? Para aclaramos estas dúvidas entrevistamos a Pedro Garcia Olivo, pensador, antigo professor e desencantado do sistema de escolarização obrigatória, a Mónica Fragueiras, responsável do Home Schooling e membro da Asociación para a libre ensinanza, a Santiago Lamelo, membro da Marea de Educación da Marea Atlántica, a David Novo e Iago Rios, e a Carlos Rios, o nosso experto em temas jurídicos.
-
60
Hai socialdemocracia? Hai debate!
Os companheiros Brais Fernández Garcia e Tuco Cervino debaten moderados por David Soto arredor da vixencia da socialdemocracia, que parte deste sistema pode ser recuperado e que parte ficou ultrapasada pola historia e os acontecementos? Podemos reformar a socialdemocracia ou hai que a deconstruir?
-
59
Apoio mutuo goberne quen goberne
No programa de hoxe falamos coa compañeira Jessi do recén inaugurado Ateneo Libertario Xose Tarrio na cidade da Corunha, con Oscar Alonso portavoz de Apoyo Mutuo,movimiento anarquista de Madrid, e con Iolanda Mato concelleira en Lousame do Partido Terra
-
58
"Violência obstétrica: Parir por sistema"
A violência obstétrica a debate. Falamos deste tema com Rocio Sampedro, ex-concelheira do BNG em Culheredo, Pili MIllán, coordenadora da Asoc. O parto é noso (El parto es nuestro), Soraya Macías, Vice-presidenta da Asoc. ALMA, Silvia Souto, membro do Conselho Diretivo da Asoc. Galega de Matronas, e Prado Esteban Diezma.
-
57
Segue sendo vixente o Marxismo?
Xuntamos a Ramón Grosfoguel (profesor no departamento de Latino Studies da Universidade de Berkeley), a Antón Fernández de Rota (Antropólogo, sociólogo e membro de Podemos) e a Jorge Crego (investigador en filosofía do Dereito e membro de Esquera Unida), para falar sobre o Marxismo, sobre a súa vixencia, a súa potencialidade e sobre a súa utilidade para mudar o presente.
-
56
O espírito de Abril: a luta social
Hoje temos no Cuac-Está a pasar uma homenagem ao espírito da luta social da Revolução dos cravos, com entrevistas a três pessoas muito destacadas neste âmbito. Elas são Eva Cortinhas, de Briga, Alberte Fernandes Marinho, Presidente da Asoc. Monte Alto- Atochas e Manuel Baldomir, da Asco de Mariscadores da Ria do Burgo. Que vos aproveite!!!
-
55
Prestamistas e ladróns. A Europa da débeda.
Hoxe no Cuac Está a Pasar analizamos a situación da débeda no Estado español e en Europa. Para elo contamos con tres convidados inmellorables: Isidro Frias, economista e Secretario de Organizacións do PSOE na Coruña, Luis Gorrochategui, filósofo e autor do libro "La rebelión de los PIGS" e Xavier Rodríguez economista e membro de Briga. Contactamos ademais con Sergi Cutillas, experto economista na cuestión da débeda pertence á Plataforma para la Auditoría Ciudadana de la Deuda e ao Observatorio de la deuda en la Globalización, pertence agora á comisión para a auditoría da débeda grega. Presenta Brais García. Ao control de son Carlos Ríos.
-
54
Mercadona:a secta
Hoxe falamos sobre a realidade invisible de mercadona:as políticas de recursos humanos,a presión, o mobbing e o imperio da lei dos grandes capitalistas...
-
53
Je suis l´êtat
Hoxe atrevémonos a dubidar, discutir e falar da hipotética necesidade do Estado como organización,institución ou simple forma de coherción.
-
52
O Corpo económico. A austeridade mata.
Hoxe falamos sobre a vida e a morte, a saúde e a política. Analizamos o proceso de privatizacións na sanidade así como as repercusión socioeconómicas da austeridade e do sistema económico. Coas intervencións de Roberto Laxe por parte de Coordinadora Antiprivatización da sanidade pública, Jorge Castiella médico residente e María Castelo de Véspera de Nada e do Partido da Terra. Presenta Brais García. Ao control de son os irmáns Ríos.
-
51
TRABALLO SEXUAL
Falamos de prostitución,corpos, economía,explotación, trata, escravitude...
-
50
ORXIA RADIOFONICA 50 ANIVERSARIO
Festexamos 50 programas no aire, desbarramos, sorimos, con saúdos e parabens de Antía Cortiças (radio filispin), Troleada Galega, Mariano Fernandez Cabarcos e moito mais...
-
49
Possando revista ao exército
Orçamentos milhonários, miles de pessoas ao seu mando, o segundo proprietário de terras de todo o Estado espanhol, um instrumento de coerção, ejecução da violência e dominação. Falamos do exército. Com os nossos convidados, Miguel Anxo Abraira, Joam Evans e Ernesto López analisaremos a necessidade desta instituição e as possíveis alternativas.
-
48
Trans-formando o mundo!
Falamos de dereitos, igualdade e diversidade, todo para derrubar os mitos sobre a transexualidade. Adicamos o programa a Leelah Alcorn.
-
47
A outra cara de INDITEX
O sangue das súas mans e a tristura dos seus soños rotos, engalanan as cadeiras e pectorais dos maniquis sociais baixo unha moda tan asequible coma vergonhenta. Tendas,almacens e talleres. Cando se oculta a realidade laboral pra moldear o imaxinario baleiro estetico.
-
46
DOUS ANOS: AURELIA NON SE VAI
Hoxe falamos do que aconteceu hai hoxe dous anos nesta cidade:imos falar de como as e os de abaixo paralizamos entre todos un desafiuzamento inxustísimo. Imos falar de como un Anton Schmidt con casco de bombeiro se negou a cortar o cadeado que pechaba a porta que separa a policía de Aurelia Rei.E imos falar, como non, diso que non se soe falar cando falamos da acción poítica, pero que en Stop Desafiuzamentos coñecen moi ben:os lazos afectivos que nacen das loitas xustas e que fan que cada derrota se convirta nunha victoria contra a indiferenza e soidade.
-
45
Portugês, o galego mais heavy!!
Português, galego, galego-portugês? Reintegracionismo? Lusofonia? Galeguia? O que é o Acordo Ortográfico? Que portas se nos abrem? É uma postura de valent ia se possicionar abertamente como reintegracionista? De todos estes temas falamos com o professor António Gil Hernández, o professor Celso Álvarez Cáccamo, o investigador Arturo de Nieves, e o poeta Pedro Casteleiro.
-
44
Classe estudantil, oprressao mercantil
O mercado, na sua máxime expressao, dentro do sistema estudantil, criando as bases duma canteira de escravos felizes e acomodados, uma educaçao cada vez mais restritiva e classista, privatiçao, patriarcado, contra todos estre problemas o estudantado levanta-se em greve como forma de protesto. Alejandra del Rio, Xandre Perez e Alberto Franco explicam os motivos das organizaçoes as que representam para acudir a esta movilizaçao.
-
43
Sahara liberdade ou barbarie
100.000 militares marroquies, artilleria pesada, radares financiados por Europa. Millons de minas antipersoa e antitanques. Hoxe trataremos da problemática do pobo saharaui con Vicente Gianzo, Sandra Lopez, Xaquin Prieto e Maria Castelo. Contatamos en directo con Roberto Mera, activista da causa saharaui
-
42
Grecia eleccións sen milagre
Falamos das eleccións en Grecia, a súa relación ou non coa arquitectura electoral do estado español, as municipais e o sentir político. Con Tuco Cerviño(PSdG), maría antonia trillo (Podemos),Maria Castelo,Xose Tobío(Partido da Terra),Brais Fernández(Sociólogo)
-
41
100% animal!
Sentamos na mesma mesa a veganxs, protaurinxs, científicxs, políticxs e xuristas para falarmos de dereitos dos animais, necesidades humanas, tauromaquia, experimentación animal e veganismo.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Proxecto radiofónico que emite dende a Zapateira-Galiza, queremos revoluciona-las ondas herzianas, sendo o altofalante da rúa, dunha rúa que ferve en soños. Combinaremos a tertulia máis cañeira coas entrevistas máis interesantes!
HOSTED BY
Cuac está a pasar!?
Loading similar podcasts...