Poñer a voz

PODCAST · government

Poñer a voz

‘Poñer a voz’ é un relato sonoro que atravesa a vida de Begoña Caamaño. Desde a súa infancia e xuventude en Vigo, onde prende a paixón por contar historias, ata a súa implicación vital no feminismo, no coidado da lingua, no antimilitarismo e na defensa dos medios públicos. Como nexo: o xornalismo. A radio como medio fundamental, pero tamén os artigos que escribiu na prensa e revistas especializadas. Unha lingua e unha linguaxe propia, diferente á literaria, pero que tamén conforma as nosas Letras Galegas. Unha produción do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia co apoio da Secretaria Xeral da Lingua. Escrito e narrado por Lucía Junquera Pazos.

  1. 6

    Cambiar de xogo

    Cando Begoña Caamaño comeza a traballar na radio en Vigo, atopa nas redaccións, na rúa e nas roldas de prensa a un grupo de mulleres que, coma ela, comezan a chegar a un oficio ata entón moi masculinizado. Son eses primeiros ambientes de xuventude os que espertan nela unha conciencia feminista que será, de maneira transversal, o motor da súa vida. Fe de erratas: Begoña faleceu no 2014, non no 2012 como se di nun momento determinado.

  2. 5

    Unha radio para un país

    Co himno galego e coa voz de Nicolás Camino comezaban as emisións de proba da Radio Televisión Galicia en 1985. Unha radio moi diferente á de agora, que buscaba "construir uns medios públicos para un país", en palabras de Begoña Caamaño. A esa radio chega Begoña en 1988, cando se crea a delegación de Vigo. Xa a partir de 1992 traballaría nos estudios centrais de San Marcos. Neste capítulo contamos como era esa Radio Galega de Begoña Caamaño coas voces de Ana Romaní, Fani del Rio e Concha Cid-Fuentes.

  3. 4

    Ondas da radio de Vigo

    Begoña Caamaño converteuse en xornalista percorrendo as rúas de Vigo, igual que fixera tantas veces durante a súa infancia e xuventude, pero desta vez, cun micrófono na man. Tiña vinte e poucos anos. Estudara maxisterio e nos veráns buscaba traballo para poder gañar uns cartos. Así, crúzase no seu camiño unha oferta de prácticas nunha emisora, Radio Noroeste.

  4. 3

    Eu tamén navegar

    Neste capítulo de presentación de 'Poñer a voz' imos coñecer a Begoña Caamaño como xornalista, escritora e amante dos mitos. Tamén escoitaremos por primeira vez as voces que nos van acompañar neste relato sonoro. A través da súa memoria chegamos hoxe á nosa protagonista.

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

‘Poñer a voz’ é un relato sonoro que atravesa a vida de Begoña Caamaño. Desde a súa infancia e xuventude en Vigo, onde prende a paixón por contar historias, ata a súa implicación vital no feminismo, no coidado da lingua, no antimilitarismo e na defensa dos medios públicos. Como nexo: o xornalismo. A radio como medio fundamental, pero tamén os artigos que escribiu na prensa e revistas especializadas. Unha lingua e unha linguaxe propia, diferente á literaria, pero que tamén conforma as nosas Letras Galegas. Unha produción do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia co apoio da Secretaria Xeral da Lingua. Escrito e narrado por Lucía Junquera Pazos.

HOSTED BY

Colexio de Xornalistas

CATEGORIES

URL copied to clipboard!