SONUVigo podcast artwork

PODCAST · education

SONUVigo

A UVigo é unha universidade con tres campus que suman “máis habitantes” que 290 dos 313 concellos galegos.Máis de 20.000 estudantes, docentes- investigadores e persoal técnico de xestión e de administración e servizos conforman un ecosistema no que se imparte e recibe docencia;  no que se xera e transfire coñecemento e no que se multiplican as actividades institucionais, académicas, culturais e deportivas.A Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo achégavos agora, á comunidade universitaria e á cidadanía en xeral, SONUVigo, un podcast no que os sons que fan Universidade de Vigo son os protagonistas.Un espazo sonoro no que, a través de reportaxes, entrevistas e relatos, teñen cabida as historias que definen á institución e ás persoas que a integran.Cun dobre significado, SONUVigo fai referencia, por unha banda, á materia prima do podcast: os sons que conforman a Universidade de Vigo e cos que se pretende animar ás

  1. 14

    SONUVigo-Episodio 13

    No derradeiro episodio do ano de SONUVigo saberemos que lle pide ao 2026 a catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, África González, nova Premio María Josefa Wonenburger Planells en recoñecemento o seu labor de investigación en inmunoloxía e nanomedicina. Sen saír do ámbito da investigación celebraremos o 15 aniversario de atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, e coñeceremos os detalles do CIMUVigo, a primeira embarcación profesional construída en España con propulsión híbrida enchufable que nuns meses estará ao servizo do Centro de Investigación Mariña da Universidade.En páxina electoral. escoitaremos ao candidato á Reitoría da UVigo por Consenso, Jacobo Porteiro, que na súa presentación pública detallaba as liñas mestras da súa candidatura, nun proceso que compartirá con Belén Rubio e Carmen García Mateo.E o noso alumnado ten un protagonismo moi especial neste episodio, por exemplo, o do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte do campus de Pontevedra que está a mobilizarse na procura dunha lei estatal de ordenación de profesionais do deporte. Escoitaremos a súas reivindicacións, e tamén saberemos como se está a desenvolver o UM26, o monopraza que desde hai once anos deseñan e fabrican estudantes da UVigo e que compite en Europa xunto aos vehículos doutras universidades.Ademais coñeceremos da man, ou da voz, da vicerreitora do campus de Pontevedra, Eva Lantarón, e do vicerreitor de campus de Ourense, Francisco Javier Rodríguez Rajo, que vantaxes e inconvenientes (ou oportunidades, segundo se mire) ten ser un campus periférico. Ademais, na páxina que habitualmente abrimos para falar de igualdade e diversidade, referirémonos á celebración do 25N e tamén ao Manifesto Universitario da UVigo polo Día Internacional dos Dereitos Humanos 2025, que acaba de ver a luz, co lema: “O esencial de cada día”.E aínda teremos tempo para recomendarvos un libro sobre e-SoundWay, unha ferramenta educativa destinada mellorar a pronuncia, comprensión auditiva, escritura e transcrición da fonética do inglés e tamén algunhas actividades da nosa Axenda, bastante alternativas ás luces e beléns, propios desta época do ano.Recibide un saúdo de María del Carmen Echevarría, benvidas e benvidos a un novo episodio do podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo. 

  2. 13

    SONUVigo-Episodio 12

    Ola! Que tal estades?No 12ª episodio de SONUVigo entrevistamos á astrofísica viguesa e recente doutora honoris causa pola UVigo Begoña Vila. Ademais, se no último episodio coñeciamos á primeira candidata que concorrerá ás eleccións á Reitoría, Belén Rubio, neste escoitaremos á segunda que se presentou para optar á elección: a catedrática Carmen García Mateo. Falaremos tamén dun proxecto de investigación que persegue facer fronte á seca, a través do deseño dun innovador sistema que permite a recolección de auga de resío. Escoitaremos ao PDI e o PTXAS que protagonizou un acto de homenaxe pola súa xubilación, logo de décadas de traballo na UVigo. Italia e Arxentina son os países de orixe do alumnado estranxeiro que está a compartir as súas experiencias con nós nesta tempada de SONUVigo, que tamén vos achegará neste episodio os detalles do plan piloto de acompañamento psicolóxico para facer fronte a dificultades relacionadas e derivadas da experiencia académica que sofre o noso alumnado.Unha Axenda que inclúe citas tan relevantes como a Semana de Cine Submarino ou Debut e unha recomendación editorial centrada nas cadeas de bloques; criptomoedas ou NFT, completan este episodio do podcast da Vicerreitoria de Comunicación e Relacións Institucionais no que tamén descubriremos a escoitaremos á recén creada Orquestra da UVigoRecibide un saúdo de Mª del Carmen Echevarría e grazas por escoitarnos! 

  3. 12

    SONUVigo-Episodio 11

    Que tal estades?Aquí comeza un novo episodio, o que inaugura a segunda tempada de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo.Neste episodio de SONUVigo falaremos das eleccións á Reitoría que se celebrarán o vindeiro mes de maio, escoitando á primeira candidata que confirmou que concorrerá ao cargo: refírome á catedrática e actual vicerreitora de Investigación Belén Rubio, que xa foi designada como candidata da formación H2040. Precisamente, alguén que foi reitor da UVigo entre os anos 1998-2006, Domingo Docampo acaba de xubilarse e a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, da que foi director e director de departamento rendeulle unha cálida homenaxe, da que lembraremos algúns momentos.Teremos tempo tamén para escoitar aos catedráticos Laura Carballo e Juan Pou, recentes medallas de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias, e tamén de descubrir da man de Beatriz Comendador, profesora titular da área de Prehistoria da UVigo e investigadora do grupo GEAAT, o rico patrimonio arqueolóxico que agocha o campus de Vigo.      Como é habitual SONUVigo sempre reserva un tempo para escoitar ao alumnado e neste episodio imos facelo por partida dobre. Dunha banda achegarémonos a coñecer un pouco máis a algúns das persoas matriculadas no Programa Universitario de Maiores o PUM, ao que este curso se incorporaron uns 150 estudantes de máis de 55 anos. E doutra banda, comezaremos a descubrir a través dos relatos das e dos seus protagonistas que é ser un ou unha estudante estranxeira na UVigo. Manon Choquart, unha alumna francesa que estuda este curso na Facultade de Filoloxía e Tradución e Orestis Maraziotis, un estudante grego do programa de doutoramento da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación serán os nosos primeiros protagonistas.Repasaremos a Axenda e teremos tempo tamén para falar de deporte coa coordinadora da nova Cátedra de Deporte e Saúde, a profesora da Facultade de Fisioterapia Rocío Abalo. E como tamén cómpre cultivar a mente, seguiremos descubrindo algúns dos libros que saen do noso Servizo de Publicacións. Nesta ocasión será o docente e economista da UVigo, Albino Prada quen nos presente o seu último ensaio El regreso de China. La globalización imposible.Recibide un episodio máis o saúdo de María del Carmen Echevarría. Xa sabedes que podedes escoitarnos nas principias plataformas de audio sempre que queirades. Benvidas, benvidos. Aquí comeza SONUVigo!

  4. 11

    SONUVigo-Episodio 10

    Ola! Que tal estades logo do parón do verán e o inicio do curso?Precisamente a volta ás aulas vai ocupar parte deste 10º episodio de SONUVigo no que escoitaremos as valoracións do reitor e de varios vicerreitores e tamén as impresións, sensacións e aspiracións de algúns de vós que decidistes elixir a UVigo como a vosa universidade.Na UVigo desenvolve desde hai anos a súa actividade investigadora e tamén docente a enxeñeira Belén Riveiro, que xunto a investigadores da UVigo e da Universitat Politècnica de València (UPV), publicaba recentemente na revista 'Nature' os resultados dun estudo no que descubriron por que as pontes -en concreto, as de celosía de aceiro- non se derruban cando se ven afectadas por un evento catastrófico -un impacto, un terremoto etc.Belen Riveiro nos explicará os detalles deste estudo e outra Belén, neste caso, Rubio, a vicerreitora de Investigación, falaremos sobre a G-Night, que se celebrará o vindeiro venres 26 de setembro.O Servizo de Publicacións da UVigo ten novo director, o docente e investigador do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá David Tizón co falaremos dos seus plans á fronte deste servizo que recentemente sacaba á luz a obra Voces de Mujeres. 100 voces, 100 vidas, 100 historias compartidas. María Méndez, unha das súas autoras, achegaranos a este volume coral que recolle as historias e testemuñas dun cento de mulleres de diversas orixes, procedencias e condicións sociais que reflexionan sobre que significa ser muller nun mundo patriarcal.Coa directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Yolanda Rodriguez, achegarémonos ao Mapa de coidados no que están a traballar, mentres que con Rebeca Díaz, a directora da Escola de Enxeñaría de Comunicación coñeceremos os pormenores do Plan de Integración da IAX (A Intelixencia Artificial Xenerativa) na docencia dos graos no que traballan o seu centro, xunto as escolas de Enxeñaría Industrial e Enxeñaría de Minas de Enerxía do campus de Vigo.E tras repasar o máis destacado dunha Axenda que vén moi cargada neste inicio de curso, remataremos escoitando á recente campioa do Mundo de Maratón na proba de K2 Sénior. Falamos de piragüismo e falamos de Tania Álvarez, que ademais de deportista de elite é docente da UVigo, recoñecida hai uns meses nos Premios Carreira Dual, que outorga o Consejo Superior de Deportes.Feitas as presentacións, recibide un saúdo de María del Carmen Echevarría. Benvidas, benvidos. Aquí comeza unha nova tempada e un novo episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo.

  5. 10

    SONUVigo-Episodio 9

    No derradeiro episodio deste curso do podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais conversamos con reitor da UVigo, Manuel Reigosa, sobre asuntos de actualidade como a demanda da Universidade de A Coruña para implantar un grao en Medicina, as titulacións de grao que universidades ou entidades privadas pretenden implantar, as obras recentemente iniciadas para a construción do edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo ou as eleccións á Reitoría que se celebrarán o vindeiro mes de maio.Ademais teremos tempo para repasar coas súas e os seus protagonistas cuestións como os proxectos de investigación nos que están a traballar María Mayán (CINBIO) e Armando Caballero (CIM); as expectativas do UM25 co que a UVigo competirá nas vindeiras semanas nas competicións de Formula Student de Portugal e Croacia ou a traxectoria profesional e logros da vindeira doutora honoris causa da UVigo, a astrofísica Begoña Vila.Grazas por escoitarnos. Volveremos o vindeiro mes de setembro con novos episodios de SONUVigo. Ata entón, feliz verán e aburiño!

  6. 9

    SONUVigo-Episodio 8

    Un saúdo e benvidas e benvidos ao oitavo episodio de SONUVigo, esa ventá que abrimos cada poucas semanas para asomarnos ao que ocorre na Universidade de Vigo, a través das voces das e dos seus protagonistas.Un deles é Javier Pérez Guerra, o director de iLingua, o primeiro instituto de investigación do ámbito das Humanidades da UVigo, que integra 80 expertas e expertos en lingua e lingüística, pero tamén noutros ámbitos. Con Pérez Guerra conversaremos sobre os obxectivos deste centro, que tamén pretende trasladar os froitos do seu traballo á sociedade. No campus de Ourense coñeceremos o traballo que a docente e investigadora da Facultade de Ciencias Sidonia Martínez desenvolve xunto a un grupo de estudantes no proxecto de aprendizaxe servizo Alimentando un futuro sostible e saudable coa finalidade de fomentar un consumo alimentario responsable co medio ambiente e coa contorna. Desirée Rivadulla e Lois Tomás achegarannos desde o campus de Pontevedra onde estudan os graos de Fisioterapia e Educación Infantil, respectivamente, as súas expectativas logo de ser seleccionados para participar no Mundial Universitario de Taekwondo, que se celebrará en xullo en Alemaña. Transcorridos algo máis de dous meses da celebración das eleccións á Xunta de Persoal Funcionario da UVigo, que gañou a CIG, e conformada xa esa Xunta coñeceremos como enfronta o seu presidente, Carlos Mollinedo, esta nova etapa á fronte do órgano de representación do Persoal Técnico de Xestión de Administración de Servizos.Teremos tempo tamén, neste episodio do podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo de escoitar as reflexións do decano da Facultade de Dirección e Xestión Pública, Enrique Varela, co gallo do 25 aniversario dos estudos de dirección, xestión e administración pública na Universidade de Vigo. Na Axenda achegarémosvos algunhas das citas máis destacadas das próximas semanas como a celebración en Vigo da MEGAU ou a exposición que homenaxea no edificio Redeiras a Isaac Díaz Pardo e aínda teremos tempo de descubrir os detalles do labor que as e os voluntarios da UVigo poden desenvolver incorporándose ao servizo de acompañamento hospitalario na área sanitaria viguesa.Feitas as presentacións de quen nos vai acompañar neste episodio de SONUVigo, recibide un saúdo de María del Carmen Echevarría neste recta final do curso 24/25 que vén marcado tamén  pola celebración das probas de acceso á Universidade. Os campus de Vigo, Ourense e Pontevedra acolleron ao inicio de mes as PAU nas que participaron máis de 5300 estudantes de toda Galicia, con cuxas testemuñas arrancamos.Grazas por acompañarnos!(Créditos musicais: Pixabay: Creative Technology Showreel e TuneTank: Fashionable_by_alexguz; ; Surfing!_by_automaticbananas; My-name-is-rock_by_romanov_studio; Feel-good_by_99instrumentals; Hot-pursuit_by_kyvali; Progress_by_corporate-sound) 

  7. 8

    SONUVigo-Episodio 7

    Oooola ! Un saúdo!Estamos no mes de maio de 2025 e aquí comeza o sétimo episodio de SONUVigo. Co final do curso cada vez máis cerca, nesta nova entrega do podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo quero invitarvos a que escoitedes á directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Yolanda Rodríguez, coa que conversaremos sobre os seus logo de chegar ao cargo hai uns meses, a elaborción do novo Plan de Igualdade da UVigo, o acoso a través da redes e os ataques que algúns colectivos realizan reiteradamente contra as políticas e logros feministas.Darémosvos a coñecer e animarémosvos a participar no proxecto Iberarenum, unha iniciativa de ciencia cidadá do Centro de Investigación Mariña da UVigo (CIM) que traballa na creación dun banco con mostras de area das praias da Península Ibérica co obxectivo de comprender mellor os procesos costeiros e os efectos do cambio climático.Repasaremos o máis destacado da Axenda; falaremos das actividades deportivas nas que podedes participar nos tres campus este final de curso e tamén dos últimos éxitos deportivos dos equipos da UVigo nos Campionatos de España Universitarios e achegarémonos a dous exemplos de “solidariedade e dignidade” en letras maiúsculas. Os premios Consello Social UVigo_Humana 2024  entregábanse recentemente á Axencia de Nacións Unidas para a poboación refuxiada de Palestina en Oriente Próximo, UNRWA, España, e á delegación galega de Emaús Fundación Social. A través das voces de dúas das súas responsables, Lorena Gamito e Juncal Blanco, redescubriremos o sentido da palabra “humanidade” en toda a súa extensión.Pero imos comezar este episodio cunha historia de amizade que ten o seu inicio nos Emiratos Árabes Unidos onde os seus protagonistas, Hassan e Mustafa, foron entre os 8 e os 12 anos os mellores amigos. Un día, un deles desaparece e pasan sete anos sen saberen nada un do outro. Pero hai uns meses e través do Centro de Linguas da Universidade de Vigo, ocorre o que ningún dos dous pensaba que puidese suceder: Hassan e Mustafa volveron reencontrase.Queredes coñecer os detalles desta abraiante historia? Enseguida imos con ela, pero antes recibide un saúdo de Mª del Carmen Echevarría.Grazas por acompañarnos a través das principais plataformas de audio. Benvidos e benvidas. Comezamos!    (Créditos musicais:Pixabay: Creative Technology Showreel /Tute Tanks: Tranquil Tunes by PineAppleMusic; Body Shaking Party by Alexey Anisimov; Guns and guns by Oldways; Portugal by PineAppleMusic)

  8. 7

    SONUVigo-Episodio 6

    Ola! Que tal estades? Benvidas e benvidos ao 6º episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo.Neste episodio invitámosvos a afondar nas titulacións que a UVigo oferta ao alumnado, a ese que por vez primeira chega ás súas aulas e tamén a aquel que decide formarse nas etapas máis avanzadas da súa vida. Por que se ofrecen uns graos e non outros? Como se pode modificar a oferta académica? Por que hai titulacións que atraen, curso tras curso a centos de estudantes, mentres outros no acadan as cifras de ocupación agardadas? A estas, entre outras preguntas, intentaremos responder coa colaboración do vicerreitor de Titulacións e Innovación Educativa, Alfonso Lago, e do secretario xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez de Castro, e tamén coa testemuña dos e das responsables dos centros da UVigo onde se imparten algunhas das titulacións máis e menos demandadas polo estudantado.Neste tempo de SONUVigo falaremos coa investigadora do grupo EPhysLab,do CIM,do campus de Ourense Raquel Nieto sobre as súa participación en dúas destacadas publicacións científicas e aproveitaremos para reiterar os riscos que convela o cambio climático. Por certo que o cambio climático é unha desas cuestións que desde hai anos algúns sectores da sociedade se empeñan en negar. Un claro exemplo de falta de rigor, neste caso científico, e tamén informativo que se traslada á opinión pública a través de 'fake news' ou loiadas, no noso idioma. Formar o alumnado contra a desinformación é precisamente a finalidade DIXITAIS, o laboratorio cidadán para a competencia dixital e mediática, que no ano 2019 puxo en marcha o docente e investigador da Facultade de Comunicación do campus de Pontevedra, Alberto Dafonte. Con el e cos traballos do seu alumnado aprenderemos a detectar e combater este problema.Dedicaremos un tempo a falar de emprendemento co gallo da recente entrega dos premios Incuvi, cos que a UVigo recoñece as iniciativas empresarias do seu alumnado, que por certo, unha vez que abandona a institución, como é posible saber a súa situación de empregabilidade? A resposta é a través dunha macroenquisa que está a realizar o Observatorio das Persoas Tituladas e na que, se estudiaches na UVigo entre os anos 1990 e 2024 estás invitado e invitada a participar. E aínda teremos tempo de repasar o máis destacado da Axenda destas próximas semanas e remataremos falando de dúas actividades que teñen a tecnoloxía como punto en común. Dunha banda a Competición de Robots, que acolle a Escola de Enxeñaría Industrial, e que este ano acada o seu 10º aniversario. E da outra, unha iniciativa do alumnado de diferentes titulacións dos tres campus que desde hai anos é quen de situar á Universidade de Vigo no espazo: UVigo SpaceLab. Saúdavos María del Carmen Echevarría. Grazas por compartir este tempo que dedicamos a falar da UVigo, con todas e todos os que sodes UVigo.(Créditos musicais:Pixabay: Creative Technology Showreel /Tute Tanks: Tranquil Tunes by PineAppleMusic; Body Shaking Party by Alexey Anisimov; Guns and guns by Oldways; Portugal by PineAppleMusic)

  9. 6

    SONUVigo-Episodio 5

    Ola! Benvidas e benvidos!No quinto episodio de SONUVigo adentrámonos no Vigo Quantum Communication Center, o Centro de Comunicación Cuántica da UVigo. Co seu director, Marcos Curty, falaremos da actividade que desenvolven unha vintena de investigadores na procura de sistemas que garantan maior seguridade na transmisión de información.Conversaremos coa vicerreitora Maribel del Pozo sobre o I Plan de Internacionalización que acaba de aprobar a UVigo e coñeceremos a realidade académica de mozas e mozos extutelados que só se incorporan aos estudos universitarios nunha porcentaxe que non supera o 4% e para os que a UVigo, converténdose na primeira institución do SUG en facelo, acaba de aprobar axudas ao estudo.Neste episodio, do podcast da Vicerreitoría de Comunicación e RRII, poderedes coñecer os detalles do convenio asinado entre o Real Club Celta e a UVigo para que un grupo de investigadores traballe no poboado neolítico do Coto dos Mosquitos localizado nos terreos da cidade deportiva Afouteza. E de fútbol tamén falaremos co docente e investigador Carlos Lago que acaba de publicar o libro “Jugamos como nunca y perdimos como siempre”.Os detalles do proceso electoral no que o PTXAS elixirá a súa Xunta de Persoal Funcionario, a Axenda e as aspiracións de proxectos do novo presidente do Consello de Estudantes da UVigo completan os contidos desta nova entrega de SONUVigo.Recibide un saúdo de Mª del Carmen Echevarría e grazas por escoitarnos. Créditos musicais: Pixabay (Creative Technology Showreel e Summer Sun. Pumpupthemind) e Tune Tank (Digital Devices by Alexey Anisimov; Beating Of Our Hearts by Rage Sound; On The Streets by Finval) 

  10. 5

    SONUVigo-Episodio 4

    Ola! Que tal estades?No cuarto episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, afondamos nas orixes do campus de Ourense, que superado o medio século de vida, enfronta o futuro convertido en referente nacional e internacional nalgunhas áreas de investigación, cun alumnado en crecemento e avanzando na súa especialización como Campus Auga.Co gallo da presentación do libro '50 anos de estudos universitarios en Ourense', rememoramos con seus e as súas protagonistas como foi ese curso 1973/1974 no Colexio Universitario, con pouco máis de 200 alumnos, 11 docentes e tres administrativos e como, a partir de aí, o campus evolucionou ata se converter no que hoxe coñecemos.Neste episodio coñeceremos ao alumnado que procedente da Illa de Reunión, Corea do Sur, Portugal o México chegou este cuadrimestre a estudar na UVigo. Conversaremos coa directora da Área de Diversidade, Raquel Rey, para coñecer as competencias e liñas de traballo deste servizo e achegarémonos, tamén, a dous centros de investigación, CINBIO e Ecobas, nos que desenvolve a súa actividade o PDI da Universidade de Vigo.Neste episodio falamos das eleccións á Xunta de Persoal que o PTXAS celebrará o vindeiro mes de marzo e para festexamos xunto ao alumnado das escolas de enxeñaría do campus de Vigo o 25 aniversario do Foro Tecnolóxico, que volverá nunhas semanas a ser o punto de encontro entre as empresas e o estudantado.Benvidas e benvidos a un novo episodio de SONUVigo. Recibide un saúdo de Mª del Carmen Echevarría, xornalista e xefa de Prensa da UVigo.Temas musicales: Tune Tank (Beautiful Moment by RedLionProduction; Hot Stuff by Decibel;Time For Innovation; Piano Flex) e Creative Technology Showreel. Pumpupthemind; Promo logo; Stomp Clapping. makesoundmusic (Pixabay)

  11. 4

    SONUVigo-Episodio 3

    Novo ano e novo episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e RRII da Universidade de Vigo.A Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo cumpre 25 anos do cambio da súa denominación, daquela Facultade de Humanidades. Do pasado, presente e futuro deste centro falaremos con membros da súa comunidade universitaria.Tamén viaxaremos ata as Illas Açores e Roma da man do noso alumnado e coñeceremos a dúas investigadoras, María Shantal Rodríguez e María Talavera, benefiaciarias do Plan de Retención de Talento da UVigo. Un episodio no que tamén debullaremos os plans do novo director da Área de Normalización Lingüística, Benigno Fernández, e nos achegaremos ao mundo do debate e da oratoria co equipo campión de España de Debate: a Asociación de Debate Universitario Retórica da UVigo.Grazas todas e todos os que participastes neste episodio e as persoas que o escoitades. Un saúdo de Mª del Carmen Echevarría, xefa de Prensa da UVigo e responsable da creación, produción e realización de SONUVigo! Sintonías e efectos: Creative Technology Showreel. Pumpupthemind; Promo logo; Stomp Clapping. makesoundmusic (Pixabay)

  12. 3

    SONUVigo-Episodio 2

    Ola!Benvidas e benvidos ao segundo episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo, no que as e os protagonistas sodes todas as persoas que formades a comunidade universitaria e todas aquelas que queredes descubrir como é a nosa institución académica.Este episodio está dedicado a falar con Manuel Reigosa, o reitor da Universidade de Vigo, co que conversaremos sobre os orzamentos para o vindeiro ano 2025, da situación e plans de futuro para o persoal docente e investigador (PDI), para o persoal técnico de xestión de administración e servizos (PTXAS); así como de infraestruturas, titulacións ou das vindeiras eleccións á Reitoría. Pero tamén aproveitaremos, tendo en conta estas datas nas que nos atopamos, para preguntarlle ao reitor da UVigo que lle pide a Papa Noel e aos Reis Magos e cales son os seus desexos para o ano novo.Grazas por escoitar SONUVigo. Recibide un saúdo de María del Carmen Echevarría co apoio técnico de Paco Brisaboa.Música: Christmas Magic by danyvin; Merry Christmas by Vislevski e Christmas is Coming by Vislevski (TuneTank) e Creative Technology Showreel. Pumpupthemind; Promo logo; Stomp Clapping. makesoundmusic (Pixabay)

  13. 2

    SONUVigo-Episodio 1

    Benvidas e benvidos ao primeiro episodio de SONUVigo!Estreamos o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo falando coa ex-presidenta do Tribunal Constitucional e desde hai unhas semanas trixésima doutora honoris causa da Universidade de Vigo, María Emilia Casas e co seu padriño, o catedrático Jaime Cabeza. Logo das reflexións de quen tamén foi a primeira muller catedrática na área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social en España, viaxaremos a Turquía e a EEUU con Gabriel e Alfonso, respectivamente, dous estudantes da UVigo que están a cursar parte das súas titulacións nun país estranxeiro.De volta aos campus descubriremos o traballo e compartiremos as reflexións sobre a carreira investigadora con Pedro Arias, catedrático de Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía e investigador do Cintecx, recentemente galardoado coa medalla Isidro Parga Pondal da Real Academia Galega de Ciencias.Tras repasar o máis destacado da axenda das próximas semanas nos tres campus, achegarémonos con Ana e Carla, dúas mozas con diversidade intelectual ao Programa para o Emprego e a Vida Autónoma, que se imparte en Vigo e Ourense. Lembraremos o máis destacado que nos deixou a última sesión do Consello de Goberno e descubriremos o primeiro Espazo Muver, que desde hai unhas semanas funciona no edificio de Ciencias do campus de Vigo.E remataremos na Facultade de Comunicación do campus de Pontevedra, onde naceu Dúas Señoras, unha webserie de catro capítulos creada por case unha vintena de estudantes. Grazas a todas e todos os estudantes, PDI e PTXAS que participastes neste episodio no que, ademais contei co apoio técnico de Paco Brisaboa, e a todas e todos os que nos escoitades. SONUVigo volve nunhas semanas, ata entón podedes recomendarnos e volver a escoitarnos nas principais plataformas de audio e nas redes da UVigo.Un saudo de Mª del Carmen Echevarría, xefa de Prensa da UVigo e responsable da creación, produción e realización de SONUVigo!Música: Pixabay (Creative Technology Showreel. Pumpupthemind; Promo logo; Stomp Clapping. makesoundmusic)

  14. 1

    SONUVigo-Episodio 0

    A Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo lanza SONUVigo, o podcast da Universidade de Vigo no que a comunidade universitaria é a protagonista.Un espazo sonoro no que, a través de entrevistas, reportaxes e relatos, o alumnado, o persoal docente e investigador e o persoal técnico de adminstración e servizos descubrirache como soa a UVigo.Benvidas e benvidos! Comezamos! 

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

A UVigo é unha universidade con tres campus que suman “máis habitantes” que 290 dos 313 concellos galegos.Máis de 20.000 estudantes, docentes- investigadores e persoal técnico de xestión e de administración e servizos conforman un ecosistema no que se imparte e recibe docencia;  no que se xera e transfire coñecemento e no que se multiplican as actividades institucionais, académicas, culturais e deportivas.A Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo achégavos agora, á comunidade universitaria e á cidadanía en xeral, SONUVigo, un podcast no que os sons que fan Universidade de Vigo son os protagonistas.Un espazo sonoro no que, a través de reportaxes, entrevistas e relatos, teñen cabida as historias que definen á institución e ás persoas que a integran.Cun dobre significado, SONUVigo fai referencia, por unha banda, á materia prima do podcast: os sons que conforman a Universidade de Vigo e cos que se pretende animar ás

HOSTED BY

Universidade de Vigo

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does SONUVigo have?

SONUVigo currently has 14 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is SONUVigo about?

A UVigo é unha universidade con tres campus que suman “máis habitantes” que 290 dos 313 concellos galegos.Máis de 20.000 estudantes, docentes- investigadores e persoal técnico de xestión e de administración e servizos conforman un ecosistema no que se imparte e recibe docencia;  no que se xera e...

How often does SONUVigo release new episodes?

SONUVigo has 14 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to SONUVigo?

You can listen to SONUVigo on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts SONUVigo?

SONUVigo is created and hosted by Universidade de Vigo.
URL copied to clipboard!